9 de set. de 2022

A GUARDA

O GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE PRESENTOU UNHA MOCIÓN REXEITANDO AS MEDIDAS QUE IMPLIQUEN A REDUCCIÓN DE PROFESORADO NO I.E.S. A SANGRIÑA

Será debatida na vindeira sesión plenaria do Concello de A Guarda


O alcalde Antonio Lomba Baz e membros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de A Guarda, logo de presentar no rexistro de entradas a moción 

Infogauda / A Guarda

 Ainda que o documento ten data do pasado día 30 de agosto, no día de hoxe o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de A Guarda, fixo público o contido da moción - asinada pola concelleira portavoz Mª Montserrat Magallanes Álvarez - que veñen de presentar no rexistro de entradas, para seu debate na vindeira sesión ordinaria do Pleno Municipal, e na cal indícase o seguinte:



 



 

O Grupo Municipal Socialista da Guarda, en base ao disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta diante do Pleno da Corporación a seguinte MOCIÓN. 

RECLAMACIÓN Á XUNTA DE GALICIA EN RELACIÓN Á REDUCIÓN DE PERSOAL DOCENTE DO I.E.S. A SANGRIÑA QUE SE APLICARÁ NO CURSO ESCOLAR 2022-2023 

Exposición de motivos: 

Ao longo destes anos de Goberno do Partido Popular en Galicia puidemos ser testemuña dos continuos recortes e degradación dos servizos públicos, en especial naquelas áreas máis sensibles ao gasto social, como a sanidade ou a educación pública. 

 O 17 de agosto do presente ano producíase no Concello da Guarda unha reunión entre o Director do IES A Sangriña, a viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, a Concelleira de Educación e o Alcalde da Guarda. Nesta reunión o representante do equipo directivo do instituto facíanos partícipes da importante redución no profesorado que a Consellería de Educación aplicará na Sangriña cara ao próximo curso escolar, feito que levou á directiva a presentar unha dimisión en bloque en sinal de protesta. 

 Xa no ano 2021 o cadro de docentes pasou de 81 a 76, e neste vindeiro curso o número de profesores/as volverá a verse reducido ata quedar en 69 docentes. Esta política de recortes está levando a este instituto público a un punto límite, xerando un gran malestar entre o persoal, que terá unhas ratios de ata 180 alumnos/as por docente e 30 alumnos/as por aula, o que imposibilitará ao profesorado ensinar a atender as necesidades do alumnado con eficacia. 

 O aumento do número de alumnos/as dos/as que se terá que facer cargo cada profesor/a desvirtúa a lóxica do sistema educativo, onde coñecendo a cada alumna ou alumno, o/a docente poderá sacar o máximo potencial de cada un deles/as. Atendendo a unha media de 30 rapaces/as por aula, resulta inviable que se desenvolvan as súas competencias. 

 A pesares de que o goberno autonómico defende que a través destas medidas o que pretende é velar pola xestión eficiente dos recursos educativos, estes recortes perseguen un único obxectivo que é a privatización da educación e en consecuencia a aplicación dun cambio de valores e modelo na nosa comunidade autónoma. A política educativa do Partido Popular atenta contra a igualdade de oportunidades e contra os dereitos básicos da cidadanía, en especial en localidades como a nosa, na que a distancia e a falla de boas comunicacións dificultan aínda máis o acceso á educación. 

 Creemos que neste caso deberían impoñerse a lóxica e o sentido común, e os responsables dos servizos educativos non deberían escudarse unicamente en que as ratios de alumnado por profesor/a se atopan dentro dos marxes que marca a lei como forma de xustificar os recortes. 

 Vilas rurais como A Guarda, que se atopan lonxe de núcleos urbanos nos que a oferta formativa é máis ampla, deberiamos gozar incluso de condicións que supoñan unha discriminación positiva, que permita aos nosos cidadáns e cidadás recibir unha formación de calidade na que non só se transmitan coñecementos senón na que se atenda á diversidade e á vulnerabilidade. 

 Estas medidas afectarán de xeito inminente ao profesorado porque se verá desbordado no día a día, pero sobre todo incidirá no futuro do noso alumnado e nas súas familias, xa que moitas problemáticas que se poderían detectar e atallar cunha atención máis individualizada, pasarán seguramente desapercibidas e desembocarán en problemáticas maiores. 

 Especialmente trala pandemia, e con varios casos de alumnado en situacións moi delicadas, a actitude da Consellería de Educación debería ser a contraria: deberíase apoiar máis aos centros educativos dotándoos dos recursos humanos e incluso instaurando programas de educación emocional, reforzo educativo, etc. 

 Recordemos que o sistema de educación pública é o principal motor da mobilidade social e funciona como a máis importante ferramenta que garante a igualdade de oportunidades. 

 Por todo o sinalado, o Grupo Municipal Socialista da Guarda propón ao Pleno Municipal a adopción dos seguintes ACORDOS:  

- Reiterar o posicionamento deste Concello a favor da educación pública.  

- Esixir á Consellería de Educación da Xunta de Galicia a paralización inmediata das medidas de xestión que impliquen a redución do cadro de persoal docente do IES A Sangriña e que serán de aplicación cara o curso 2022-2023. 

- Remitir este acordo á Consellería de Educación da Xunta de Galicia e a todos os grupos parlamentarios. 


A Guarda, 30 de agosto de 2022 

Portavoz do Grupo Municipal Socialista 

A GUARDA

San Xerome: una donación en música!!  

“Victor Fuggetto Toca os Santos Morcegos!! A beneficio de San Xerome” es el CD realizado por el músico Víctor Fuggetto y donado para apoyar el proyecto FOGARES SANXE 

  

Víctor Fuggetto - a la der. - haciendo entrega de los 500 unidades del CD, a Emilio Álvarez, presidente de la Asociación San Xerome

 

Asociación San Xerome / A Guarda

 El polifacético artista Victor Fuggetto, profesor de música de la Asociación San Xerome, decidió grabar un CD con las canciones inéditas de uno de sus grupos “Santos Morcegos”, y donar 500 ejemplares a la Asociación San Xerome para recaudar fondos para el proyecto FOGARES SANXE.   

 Esta colaboración artística es “una forma más sensible de sentirme parte del proyecto” según indica el artista.  

 El proyecto FOGARES SANXE prevé crear una solución residencial innovadora, integrada por 30 viviendas inclusivas en pleno centro del municipio de A Guarda (Pontevedra), donde podrán vivir más de 60 personas con diversidad intelectual, garantizando así su derecho a la emancipación y el apoyo a la conciliación de sus familiares.  

 Las personas con diversidad intelectual son personas dependientes que necesitan un apoyo generalizado de por vida. Este apoyo lo prestan principalmente sus familias, acompañadas de los servicios de apoyo profesionalizados que ofrecen centros como San Xerome. Con FOGARES SANXE se rehabilitará el antiguo colegio de las Carmelitas de A Guarda, recientemente recibido en donación por la Asociación, para destinarlo a la construcción de un co-housing de 30 viviendas inclusivas, donde más de 60 personas con diversidad intelectual del Baixo Miño podrán vivir de forma autónoma e independiente, con el apoyo profesional necesario.  

 “Al no poder hacer una gran donación en metálico a la Asociación para apoyar la puesta en marcha del proyecto FOGARES SANXE, decidí buscar otra forma de contribuir a su financiación, en el que creo y espero que se haga realidad lo antes posible. Así decidí ayudar utilizando mi música” indica Fuggetto, explicándonos la motivación de la donación realizada.  

 Esta frase del artista recoge a la perfección el alma de la donación. Como persona trabajadora de la Asociación, vive el día a día de la misma y lee en los ojos de las personas con diversidad intelectual para las que trabaja, el deseo y la necesidad de realizar el co-housing FOGARES SANXE en el menor tiempo posible.  

 El CD fue grabado en Baixo Miño Estudios, en 2021, en colaboración con Paulo Pascual, Jano Viñuela y Gustavo “Tonono”.  

 Todas y todos podemos colaborar en la financiación del proyecto FOGARES SANXE. Realizando una donación mínima de 15€ se puede obtener una copia del CD Víctor Fuggetto Toca os Santos Morcegos!! A beneficio de San Xerome.  

 Las personas interesadas en hacerse con el CD pueden conseguirlo en el stand que la Asociación tendrá en la IV Mostra Asociativa organizada por el Concello de A Guarda el sábado 10 de septiembre 2022; en la Tienda Atalaia de la Asociación San Xerome (rúa Galicia, 23 A Guarda), a través de whatsapp al número 604 081 602, o por correo electrónico a: comunicacion@sanxerome.com

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA APROBA EN TEMPO RÉCORD A LIÑA DE AXUDAS MÁIS AMBICIOSA DE GALICIA PARA AXUDAR AOS CONCELLOS A COMBATER OS EFECTOS DA SECA 

Carmela Silva: “Somos a Administración pública que máis recursos dedica a facer fronte á seca deste verán; máis que a propia Xunta de Galicia” 


A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do vicepresidente, César Mosquera, na rolda de prensa deste venres

Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 A Xunta de Goberno provincial aprobou hoxe a Liña Extraordinaria de Axudas aos Concellos, Entidades Locais e Mancomunidades para Actuacións de Emerxencia diante da Seca, un plan dotado con 3 millóns de euros, e que, ademais, terá efectos retroactivos ao cubrir as actuacións realizadas entre o pasado 1 de agosto e o próximo 31 de outubro. A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do vicepresidente, César Mosquera, afirmou que estamos diante dun plan “aprobado en só un mes” e que converte á Administración provincial na que “dedica máis recursos en toda Galicia, máis mesmo que a Xunta, a facer fronte á seca deste verán”.

 Carmela Silva destacou que a Liña Extraordinaria foi presentada a principios de agosto e incluíu ademais un proceso participativo que consistiu no envío dunha carta informativa aos alcaldes e alcaldesas invitándolles á presentación de suxestións. E a principios de setembro, despois de escoitar aos concellos, a liña queda aprobada. “Non se pode pedir máis eficacia e máis eficiencia”, destacou a titular da Deputación. “Adiantámonos aos problemas”, concluíu, remarcando a axilidade para poñerse do lado do mundo local, que é quen se ocupa do abastecemento á poboación, nesta emerxencia.

 A presidenta, que agradeceu expresamente o traballo dos técnicos/as que fixeron posible esta tramitación administrativa nun tempo tan breve, concluíu que os fondos extraordinarios provinciais non só chegarán aos concellos de menos de 20.000 habitantes para atallar os problemas da seca, senón que tamén serán para as mancomunidades e as entidades locais, “porque tamén subministran auga a moitos núcleos rurais da nosa provincia”.

 César Mosquera incidiu na rapidez da tramitación deste plan: “non é que deamos pasos, é que corremos”. “Esta é unha liña de axudas moi oportuna e saíu en tempo récord; non é fácil facer unhas bases, consultar aos concellos en pleno mes de agosto e aprobala” a principios de setembro. O vicepresidente destacou tamén a actitude dunha Deputación que invitou aos concellos a “actuar xa” en lugar de prometer axudas a futuro “a partir da lista de desgracias”.

 Ademais afirmou que tras esta grave seca, “que se chega a durar tres ou catro semanas máis tería sido unha catástrofe masiva, todos e todas acabaron véndolle as orellas ao lobo” .

 A Liña Extraordinaria está financiada con 3 millóns de euros a  través dunha modificación de crédito aprobada no Pleno que hoxe celebrou a Deputación. Son beneficiarios os concellos de menos de 20.000 habitantes, mancomunidades e entidades locais menores. As actuacións subvencionables, segundo as bases aprobadas, son o enchido de depósitos mediante cisternas, establecemento de puntos de abastecemento mediante cisternas, conexións puntuais a outras redes por emerxencia, gastos de bombeos extraordinarios e urxentes, gastos de emerxencia para axudar a comunidades de usuarios, campañas de moderación de consumos, eliminación de fugas puntuais e outras semellantes.

 A contía das axudas consiste nun fixo de 10.000 euros por concello (5.000 euros no caso das entidades locais menores) cun coeficiente multiplicador de 6,5 veces a poboación de cada concello. No caso das mancomunidades percibirán a resultante da suma do que tería correspondido aos concellos que as integran.

PONTEVEDRA

CÉSAR MOSQUERA (VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA): “DEVOLVER OS CADROS DO ESPOLIO NAZI SUPÓN UN DESAGRAVIO FRONTE Á BARBARIE”   

O avogado do Estado polaco asistiu hoxe ao Pleno no que se aprobou a desafectación e a reposición do díptico da Mater Dolorosa e o Ecce Homo que están no Museo


En primeiro termo, Miquel Bordas, avogado do Estado polaco, acompañado polo director do Museo de Pontevedra, Xosé Manuel Rey na sala na que se expoñen as pezas
Fotos: Rafa Estévez


Infogauda / Pontevedra    

 O Pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe por unanimidade a restitución por parte do Museo de Pontevedra ao Estado Polaco do díptico formada por unha Mater Dolorosa e un Ecce Homo, logo de demostrarse que a orixe das obras estaba relacionada co espolio nazi na II Guerra Mundial. O acto de desafectación e aprobación da devolución, segundo dixo o vicepresidente César Mosquera, supón “un desagravio fronte á barbarie”.  


Miquel Bordas, en presenza do director do Museo de Pontevedra, foi saudado persoalmente pola presidenta Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera, e boa parte da Corporación



 Co fin de certificar en persoa a aprobación da restitución, o Pleno contou coa asistencia do avogado do Estado polaco Miquel Bordas, quen foi saudado persoalmente pola presidenta Carmela Silva, o vicepresidente César Mosquera, e boa parte da Corporación. Despois da sesión plenaria, Bordas foi acompañado polo director do Museo Xosé Manuel Rey e a responsable de xestión Sonia Mateos á sala na que se expoñen as pezas, confirmando que se trasladarán en vindeiras datas a territorio polaco.   

 O vicepresidente César Mosquera realizou na súa intervención no Pleno una defensa sentida da necesidade de restituír dignidades fronte a momentos de horror e abusos. Segundo lembrou o nacionalista, a Deputación “por desgracia” ten tamén unha historia relacionada coas aldraxes.   

 O nacionalista destacou que no salón de plenos provincial “a barbarie do golpe do Estado do 36 fixo o ‘paripé’ de xulgar a Bóveda e outros para matalos uns días despois”, e  o edificio do lado, que nacera como escola de mestría, foi cárcere: “A barbarie pasou por riba e usou a institución para executar os seus actos execrables”. Pola contra, subliñou que “aquí tamén neste Pleno, fíxose un acto de desagravio concedendo a medalla de ouro a Alexandre Bóveda. Non se lle puido recuperar a vida, pero sí que se fixo o desagravio”, dixo.  

 Facendo un paralelismo, Mosquera destacou que “o estado polaco, a súa sociedade, coa invasión nazi tamén tivo e padeceu a barbarie que supuxo o fascismo, moi análogo o que pasara uns anos antes aquí”, e insistiu que a aprobación no Pleno da devolución dos cadros “é tamén un acto de desagravio da barbarie e ten unha connotación especial”.   

 “Agradecín moitísimo que na comisión este punto fora ditaminado por unanimidade”, subliñou o vicepresidente, que se amosou satisfeito pola votación de toda a Corporación no mesmo sentido.  

 Fixo unha aclaración de tempos pola tardanza da devolución. Indicou que cando se tivo “a constatación fidedigna, clara, e ben establecida” de que os cadros foran espoliados a vontade da Deputación foi devolvelos canto antes mais houbo un incidente xurídico sobre a propiedade, no sentido de que alguén reclamou que era herdeiro particular, polo que houbo que aclarar ese extremo.   

 “De non ter que aclarar iso xa estarían devoltos. Tivemos que cubrir as costas. A Deputación demostrou toda a súa vontade de devolver os cadros incluso gratuitamente a pesares de que ten dereito a xustiprezo, porque non é a cuestión económica, senón o valor simbólico, e resulta que despois podiámonos meter en pleitos con responsabilidade. Iso está aclarado con informes e ditames e hoxe é un día que nos honra a todos por colaborar”, salientou.  

 O nacionalista finalizou a súa intervención asegurando que en xeral “os espoliados teñen moitas dificultades de recuperar as obras que lles foron espoliada. Este non é o caso. Dende o primeiro día intentamos dar todas as facilidades porque consideramos que é de xustiza un desagravio ao pobo polaco e ás obras de arte polo que sufriron nos anos 40 coa invasión nazi”.  

Intervención íntegra do vicepresidente César Mosquera sobre a devolución.

 Dispoñible en https://www.youtube.com/watch?v=UO4xtkGDfdw (dende minuto 25.22). 

TOMIÑO

Tomiño recoñece os logros dos piragüistas Manuel Ochoa e Emilio Rodríguez 

O Concello ofreceu este venres unha recepción na que gabou as súas traxectorias, así como o labor que está a realizar Rodríguez coa canteira


A alcaldesa e membros do goberno municipal de Tomiño, nun momento da recepción na Casa do Concello, aos piragüistas tomiñeses Manuel Ochoa e Emilio Rodríguez

Foto. C.T.

Infogauda / Tomiño

 O Concello organizou esta mañá unha recepción aos piragüistas tomiñeses Manuel Ochoa e Emilio Rodríguez, dous deportistas que están acadando importantes logros para este deporte a nivel nacional e internacional e que levan o nome de Tomiño por todo o mundo. “Estamos moi orgullosos e orgullosas da canteira que temos, do traballo que están a facer e da implicación coa que viven este deporte”, salientou a alcaldesa, Sandra González.

 A rexedora gabou os últimos trunfos de Manuel Ochoa, que fixo historia ao acadar a medalla de prata na Copa do Mundo de Slálom Extremo, coroándose como un dos mellores deportistas do mundo nesta categoría. Durante a recepción, González tamén o animou a seguir loitando polos seus soños. Un recoñecemento na súa propia terra que para Ochoa é “moi importante, porque ao final é de onde veño, onde comecei a adestrar e o que me preparou para a miña carreira e para os logros que estou obtendo”. “Agora - engadiu - as miñas miras están postas nos Xogos Olímpicos, un proxecto que sei que non é doado pero polo que loitarei ata o final. Sempre fun subindo chanzo a chanzo e continuarei facéndoo para que non se quede nun reto e que os meus soños se convertan en realidade”.

 Sandra González tivo tamén unha verbas de eloxio para Emilio Rodríguez, “ao que lle dariamos o ouro non só polos seus logros deportivos, senón pola súa entrega e dedicación ao Club Deportivo Miño-Teixugos, polo seu cariño polos nenos e nenas, por crear unha canteira de luxo, por compartir cos demais a súa paixón por este deporte e por facelo sempre dun xeito desinteresado”. Como aseguraba Emilio Rodríguez, “para nós é unha alegría que recoñezan o labor e o esforzo que facemos para chegar a todos os nosos retos. E é impresionante o agarimo que recibimos de toda a xente, que ven como tratas aos nenos e nenas e como van crecendo pouco a pouco como deportistas e persoas dentro do club”.

CAMINHA

Três espetáculos para ver em setembro e outubro -o KAAMinho chega a Caminha 

Pelas mãos da Krisálida




Infogauda / Caminha

 A companhia de teatro Krisálida traz ao concelho de Caminha um conjunto de espetáculos através de um programa de acolhimento artístico entre os meses de setembro e outubro de 2022, em colaboração com o Município de Caminha, o KAAMINHO – Krisálida Acolhe no Alto Minho.

 O KAAMINHO, como afirma a diretora artística da companhia, Carla Magalhães, “é um programa que vem trazer a possibilidade da comunidade contactar o máximo possível com propostas artísticas diversificadas, pois acreditamos que é (também) do acesso a esta diversidade que resultam públicos mais esclarecidos e inicia em setembro como início da nova temporada teatral, a par com o regresso ao trabalho e às escolas”.

 No final de cada espetáculo, é, ainda, proposta uma conversa informal, à qual o público é convidado a juntar-se, com a equipa artística da companhia acolhida, com o intuito de alargar conhecimentos sobre o percurso das estruturas, as suas linhas de trabalho, os desafios que enfrentam, as suas aspirações e o retorno que têm, numa partilha transversal.

 O principal objetivo da companhia profissional de teatro Krisálida é, segundo a sua diretora artística, “promover uma ampla partilha cultural, questionando formas de ver, pensar e fazer teatro”.

 Os acolhimentos acontecem no Valadares, Teatro Municipal de Caminha, que receberá, no dia 17 de setembro, às 21h30, a Companhia Art’Imagem com o espetáculo Desumanização, um espetáculo que surge a partir da obra “A Desumanização” de Valter Hugo Mãe e no Cineteatro dos Bombeiros Voluntários de Vila Praia de Âncora, que receberá, no dia 24 de setembro, às 21h30, a Companhia ASTA – Teatro e Outras Artes, com o espetáculo Máquina de Encarnar, um espetáculo que explora o paradoxo e a violência das relações entre os seres humanos e, no dia 8 de outubro, também em Vila Praia, pelas 21h30, a Companhia Teatro das Beiras apresenta a comédia CORPSING de Peter Barnes.

 O programa de acolhimento artístico KAAMINHO vem, por outro lado, “abrir caminho” para uma outra atividade de programação desta companhia teatral: a MALUGA – Festa da Marioneta Luso Galaica, que em 2022 realiza a sua VIII edição. Este evento, que acontece anualmente em dezembro, prevê o acolhimento de um conjunto de companhias, nacionais e internacionais, porém cujas linguagens artísticas se encontram ligadas às marionetas e formas animadas, cujo programa será divulgado até final deste mês de setembro.

 “É da vontade da Krisálida que o percurso de todos os envolvidos – público e artistas – conflua num lugar comum: o teatro. E que todos os caminhos desaguem em Caminha!”, conclui Carla Magalhães.

 Os bilhetes já se encontram à venda nos Postos de Turismo de Caminha e Vila Praia de Âncora e têm um custo de 5€, existindo um desconto de 20% para a aquisição de 4 ou mais bilhetes, ficando, assim, cada bilhete a 4€.

 A Krisálida é uma companhia profissional de teatro com sede em Caminha, Viana do Castelo, criada em outubro de 2014, que tem como missão a criação e apresentação de espetáculos de teatro, maioritariamente originais, que resultam de uma investigação profunda de assuntos que nos parecem importantes e pertinentes e que nos movem como cidadãos e artistas, de forma a despoletar o pensamento crítico e o debate de problemáticas sociais.

 Por outro lado, com o objetivo de captar e formar novos públicos, a Krisálida abre-se à comunidade, levando a todas as camadas da população atividades culturais e artísticas que elevem os seus padrões de exigência estética e crítica, suscitando, através da dinâmica produzida entre espetáculos e iniciativas paralelas, novos hábitos e necessidades culturais, capacidade de receção, sentido crítico e interesse pelo teatro do público em geral e do público jovem em particular.

 Assenta o seu trabalho em 4 eixos que intitula: KRISÁLIDA KRIA, KRISÁLIDA EDUKA, KRISÁLIDA AKOLHE e KRISÁLIDA CIRKULA.

TOMIÑO

Especialistas traballan xa na recuperación da ponte tardomedieval de Taborda   

O Concello retomou este verán os traballos de reparación tras obter a autorización de Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para realizar a obra entre xuño e outubro, cando o caudal do río é menor  

Nesta fase estanse a retirar os tocos encaixados e procederase ao cimbrado da ponte e ao seu arranxo, todo de xeito manual   



Especialistas traballan xa na recuperación da ponte tardomedieval de Tabordada, coñecida tamén coma ‘ponte de Hospital’
Fotos: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño continúa coas obras para a reparación, recuperación e conservación da ponte tardomedieval de Taborda, coñecida tamén coma ‘ponte de Hospital’. Trátase dunha ponte do século XVI, de finais da Idade Media, en cantería irregular, dun só vano e cunha lonxitude de 7 metros sobre o río Cereixo que daba paso a un antigo hospital existente na zona. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destaca “a importancia de reparar e conservar os elementos históricos monumentais do municipio. Dende o Concello seguimos apostando pola recuperación do noso patrimonio e dos nosos bens de especial protección, como esta ponte, uns labores nos que contamos sempre co apoio e traballo de profesionais especializados”.

 Tras unha primeira fase na que se cortaron tres árbores que medraban dende a base da ponte e afectaba á estrutura, o Concello está xa levando a cabo os traballos propios de recuperación da ponte da man de especialistas en patrimonio. As obras comezáronse a desenvolver este verán tras obter os permisos pertinentes do Servizo de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura e Turismo e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, que autorizou levar a cabo as actuacións só entre os meses de xuño e outubro, cando o caudal do río é menor.   

 Nesta fase estase a levar a cabo a limpeza do lousado da calzada da ponte cunha rozadoira equipada con fío e de forma manual, empregando ferramentas non agresivas como espátulas, cepillos e vasoiras, eliminando plantas superiores e depósitos de terra sobre as laxas. De xeito manual tamén se realiza a limpeza das zonas verticais e do intradorso do arco.


Vista do arco da ponte

 Unha vez rematados estes traballos e xa co cimbrado da ponte, procederase á súa reparación, que consiste na retirada de xeito manual dos tocos encaixados nas bases do arco para logo proceder ao recheo dos ocos abertos con cantería das mesmas características que o resto da pedra da ponte. As obras contemplan ademais a recolocación das lousas superiores tal e como estaban na súa posición orixinal.

 O Concello puxo en marcha un proxecto para a reparación e conservación desta ponte despois de que unha inspección dos técnicos municipais de Urbanismo detectara un importante deterioro debido aos fortes temporais sucedidos durante o inverno, que fixeron aumentar o nivel da auga de xeito acelerado e, principalmente, á existencia de tres árbores de porte medio-grande que tiñan ás súas raíces encaixadas entre as pedras de apoio do arco. Os fortes e intensos ventos fixeron que as árbores traballasen de forma negativa, producindo desprazamentos das pedras e afectando á súa estrutura. Ademais, os altos niveis de humidade de troncos e raíces, que aumentaban de volume ao empaparse, favoreceu o desprazamento da cantería.

O PORRIÑO

As traballadoras do SAF de Ponteareas conseguen que Samaín suba a 0,21€/quilómetro 

A empresa actualiza os salarios e pagará, ademais, os atrasos este mesmo mes 


Traballadoras do SAF de Ponteareas nunha recente mobilización diante das oficinas da empresa concesionaria do servizo
Foto: CIG

Infogauda / Ponteareas 

 As traballadoras do SAF de Ponteareas, que viñan mobilizándose en demanda do correspondente incremento salarial do 6,5%, correspondente ao IPC de 2021, e dunha actualización das compensacións por desprazamento, tendo en conta a exponencial suba dos prezos do combustíbel, conseguiron que a empresa concesionaria do servizo, Samaín, recoñeza os seus dereitos. As traballadoras tiñan convocada folga para o vindeiro luns día 12 de setembro. 

 A empresa comprométese, pois, a realizar a actualización salarial ata o 6,5% de incremento do IPC e  pagamento dos atrasos xerados dende o primeiro de xaneiro de 2022 na nómina do mes de setembro de 2022. 

 A  quilometraxe  pagarase a partir do 1 de setembro ao prezo de 0,21 €/ Qm.  En todo caso, de se asinar unha contía superior no convenio de axuda de fogar de Galiza actualizarase ao prezo convido no convenio. 

 Ambas as partes comprométense a abrir un proceso de consultas e negociación implicando ao Concello de Ponteareas, co obxectivo de acadar unha compensación por transporte para o  conxunto de traballadoras. 

 Xunto a isto comprométense a estudar e negociar unha mellora nas condicións da distribución de xornada das auxiliares, nomeadamente no que se refire a descansos diario e semanal das traballadoras. 

 Ademais, a empresa convocará de inmediato unha xuntanza do comité de saúde laboral para analizar o desenvolvemento dos servizos- 

Cumprimento do convenio 

 Mercedes Domínguez, da CIG-Porriño, que participou canda elas nas negociacións, valora positivamente o resultado da negociación matizando que “era o que a empresa tiña que facer, porque estaba recollido en convenio”. 

 As auxiliares de Axuda no Fogar do SAF de Ponteareas, que se viñan mobilizando desde o pasado 8 de marzo, acordaran saír só a facer aqueles servizos aos que puideran ir andando, ou ben aqueles que, aínda que precisaran de coche, constituíran unha necesidade vital para a usuaria ou usuario, desde o día 1 de setembro. “A súa unidade e convicción na loita polos seus dereitos permitiu que hoxe se resolvera o conflito”, conclúe Domínguez.

GALICIA

SEMANA CULTURAL PESQUEIRA NO CAMIÑO

PROGRAMACIÓN CULTURAL DE PROMOCIÓN DO PATRIMONIO MARÍTIMO PESQUEIRO AO LONGO DO CAMIÑO DE SANTIAGO. XACOBEO 2022 




Infogauda / Galicia 

 O proxecto, beneficiario do programa O teu Xacobeo, da Xunta de Galicia, consiste na programación dunha Semana Cultural Pesqueira, onde se realizan, de xeito coordinado, todo tipo de actividades de promoción dos valores do Camiño en relación co sector marítimo pesqueiro e o seu patrimonio, material, inmaterial, natural e humano, en localidades polas que transcorre o Camiño de Santiago, fomentando a cooperación, o traballo en rede e a replicabilidade noutros ámbitos. As persoas destinatarias son os/as peregrinos/as e a poboación local, promovendo a convivencia e o intercambio de experiencias sociais. Baseado nunha metodoloxía participativa, de entidades e axentes do sector marítimo pesqueiro e a cidadanía en xeral, xunto coas persoas peregrinas, contribuíndo ao recoñecemento do patrimonio de Galicia no marco do Camiño de Santiago. 

Formulario de inscrición


Programa de actividades



ARCOS DE VALDEVEZ

2ª EDIÇÃO DO TORNEIO INTERNACIONAL RECONTRO DO VEZ FOI UM SUCESSO  


 Decorreu no Pavilhão Municipal, a 2ª edição do Torneio Internacional Recontro do Vez
Foto: C.M.A. de V.

María Joâo Brito / Arcos deValdevez

 Decorreu nos dias 3 e 4 de setembro, no Pavilhão Municipal, a 2ª edição do Torneio Internacional Recontro do Vez.  

 Esta iniciativa teve o apoio do Município de Arcos de Valdevez, foi promovida pela Associação Recreativa e Cultural de Arcos S. Paio (ARCAS) e contou com a participação das equipas do Paços de Ferreira, do Grupo Desportivo dos Cem Paus de Vila d`Este (Vila Nova de Gaia) e da Seleção United de Artigues, de Bordéus.  

 De referir, a importância destas iniciativas no fomento do desporto e atividade física, no reforço dos laços entre as instituições e a diáspora, bem como no estimulo ao convívio entre participantes e ao intercâmbio de jovens desportistas.  

 Para o Município, há muito que a atividade desportiva é uma aposta estratégica como contributo para uma vida saudável e com mais qualidade para todos. 

 A Câmara Municipal felicita a entidades envolvidas na promoção e participação e endereça, aos jovens atletas, equipa técnica e dirigentes os parabéns pelo sucesso alcançado, realçando ainda a importância da realização destas iniciativas em Arcos de Valdevez naquilo que toca à promoção e desenvolvimento da nossa terra.  

CAMINHA

 CINEMA

Boletim da Sessão nº 507 - "O Crepúsculo dos Deuses" de Billy Wilder (1950) 

Sexta-feira, 09 de setembro às 21:45 no Teatro Valadares 

Lotação Limitada. Entrada Gratuita.




Locus Cinemae / Caminha

 “Em Hollywood, nos anos 50, Joe (um escritor obscuro) é contratado para trabalhar o argumento de um filme para a ex-estrela de cinema mudo Norma Desmond (Gloria Swanson). Norma mora sozinha com seu mordomo e motorista Max (Erich von Stroheim).  

 A demência de Norma vai-se revelando, e convencida que vai ter um regresso triunfante à indústria do cinema, vive isolada do mundo e protegida por Max que foi no passado seu realizador e marido, percebendo-se que ainda a ama. Entretanto, Joe torna-se mais íntimo da ex-estrela mas quando esta descobre a sua paixão pela jovem aspirante a escritora Betty, o ciúme e a loucura precipita-os para um final trágico. Billy Wilder oferece-nos um filme negro sobre cinema e sobre a decadência de Hollywood. Este filme é icónico na história do cinema também pelo seu rendilhado de narrativas dentro e fora do filme, nomeadamente (e entre outras histórias) a participação de Cecil B. DeMille e Erich von Stroheim, que não é um acaso uma vez que ambos como realizadores tiveram contributos significativos nos anos 20/30 que tornaram efectivamente Gloria Swanson uma estrela, no tempo do cinema mudo.”     

FICHA TÉCNICA:  

Título original – SUNSET BOULEVARD, EUA, 1950  

Realização: Billy Wilder   

Produção: Charles Brackett  

Argumento:  Charles Brackett /Billy Wilder / D.M. Marshman Jr.  

Fotografia: John F. Seitz  

Música: Franz Maxman, Richard Strauss 

Montagem: Doanne Harrison e Arthur Schmidt 

Estúdio: Paramount Pictures 

Distribuição: Paramount Pictures  

Duração – 110 minutos     

FICHA ARTÍSTICA:  

Gloria Swanson …. Norma Desmond  

William Holden …. Joe Gillis  

Erich von Stroheim …. Max von Mayerling  

Nancy Olson …. Betty Schaefer  

Fred Clark …. Sheldrake  

Lloyd Gough …. Morino  

Jack Webb …. Artie Green  

Franklyn Farnum …. coveiro  

Cecil B. DeMille …. ele mesmo  

Buster Keaton …. ele mesmo


 

Programação    

Ciclo Setembro com Billy Wilder 

09 de setembro, “O Crepúsculo dos Deuses”, Billy Wilder,  EUA , 1950, Sessão 507 (M/12)  

16 de setembro, “Inferno na Terra”, Billy Wilder, EUA, 1953, Sessão 508 (s/ classificação)  

23 de setembro, “Sabrina”, Billy Wilder, EUA, 1954, Sessão 509 (M/12)  

30 de setembro, “O Pecado Mora ao Lado”, Billy Wilder, EUA, 1955, Sessão 510 (s/ classificação)    

Ciclo Cinema e Saúde Mental 

07 de outubro, “Wonder – Encantador”, Stephen Chbosky, EUA / Hong Kong / Canadá, 2017, Sessão 511 (M/12)  

14 de outubro, “Pára-me de Repente o Pensamento”, Jorge Pelicano, Portugal, 2015, Sessão 512 (M/14)  

21 de outubro, “Amigos Improváveis”, Olivier Nakache e Eric Toledano, França, 2011, Sessão 513 (M/12)  

28 de outubro, “Cisne Negro”, Darren Aronofsky, EUA, 2010, Sessão 514 (M/16)     

Ciclo Cinema e Literatura 

04 de novembro, “O Médico e o Monstro”, Rouben Mamoulian,  EUA , 1931, Sessão 515 (s/ classificação)  

11 de novembro, “O Médico e o Monstro”, Victor Fleming, EUA, 1941, Sessão 516 (s/ classificação)  

18 de novembro, “Dom Quixote”, Orson Welles (ed. Jesús Franco), Espanha / Itália / EUA, 1992, Sessão 517 (M/12)  

25 de novembro, “A Ilha do Adeus”, Franklin J. Schaffner, EUA, 1977, Sessão 518 (s/ classificação)