15 de nov. de 2022

A GUARDA

OBITUARIO

JOSÉ LUIS LORENZO RODRÍGUEZ, NO FIRMAMENTO DA MÚSICA

 Foi unha das persoas que máis contribuíu ao acervo musical de A Guarda e súa contorna


José Luís Lorenzo Rodríguez


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Logo de moitos anos de loita na procura da saúde, no día de hoxe faleceu José Luís Lorenzo Rodríguez. Por ese motivo, este mércores día 16 de novembro, ás 17:00 horas, na igrexa parroquial de Santa María de A Guarda, será oficiado un funeral na súa lembranza.

 Coñecido popularmente por Rodríguez, seu segundo apelido, xa que ao longo de varias décadas tivo aberto ao público, na rúa Concepción Arenal, un establecemento que se chamou Confecciones Rodríguez. que na actualidade ten continuidade na rúa Manuel Álvarez, coa denominación Rodríguez Moda; o vencello de José Luis, súa dona Ermitas Rodríguez e seu fillo - que tamén se chama José Luis - coa vila de A Guarda, non soio é pola actividade comercial que José Luis e súa dona viñeron realizando ata súas respectivas xubilacións, e que a día de hoxe, continúa seu fillo; senón que desde súa chegada a nosa vila, Rodríguez estivo vencellado de xeito activo á música. Nun primeiro momento como impulsor do Coro da Catequese de A Guarda. Logo como veremos, como membro co-fundador e primeiro presidente da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, e andado o tempo como director e fundador do Coro Arpegios, que máis adiante pasaría se denominarse Coro Arpegios Cantábile. E por si non fose suficiente, en 1997 fundou e dirixiu o Grupo de Acordeóns Mascarenhas.

 Ademais de crear, fundar e dirixir todos eses colectivos, Rodríguez deu a coñecer obras do compositor Francisco Hermida, vencellado tamén a nosa vila, e apoiou a cantautora María José Baz Martínez e o Grupo Antorcha, que ela fundou a dirixe.  

 José Luis Lorenzo Rodríguez arranxou diversas obras para súa interpretación coral e foi tamén un creativo compositor e letrista. Da súa autoría (letra e música), son, entre outras, as seguintes obras: Mis recuerdos, Viva la jota, Pasodoble guardés,...

 Tamén é autor da partitura do "Himno á Guarda" (Letra: Chuny Vázquez - Música: José Luis Lorenzo Rodríguez), que tantas veces interpretaron os compoñentes do Coro Arpegios Cantábile, dirixidos por José Luis.  

 José Luis Lorenzo Rodríguez é autor do Método fácil de acordeón (Primera parte) "Sistema para acordeón piano y bajos estándar". 

 "Este método es el fruto de mi experiencia como profesor de acordeón, con el que pretendo proporcionar a todo aquel que comience su estudio la posibilidad de hacerlo de forma práctica y sencilla. Este primer volumen está compuesto de estudios, ejercicios técnicos, obras de mi autoría y canciones populares, distribuidas en un orden pedagógico y progresivo que he utilizado en mis clases, con excelentes resultados", afirmou José Luis. 

 Tamén publicou "Método fácil de acordeón 2. Sistema para acordeón piano y bajos estándar", editado, ao igual que o anterior, en Edicións do Cumio. 

 O labor de difusión musical de José Luis foi tan intenso, nobre e respectuoso, que nos atrevemos a decir que seu legado cultural vai pervivir nos corazóns, nas mentes e nas memorias de todas as persoas que tivemos a fortuna de coñecelo, de tratalo e de gozar co seu talento e coa súa amizade. E todo iso, combinado cun saber ser e un saber estar, sen parangón posible.

 José Luis Lorenzo Rodríguez que nacera en Vigo, en agosto de 1944, faleceu no día de hoxe (martes, 15 de novembro de 2022) nesa cidade inspiradora, na que el, desde moi noviño escoitou os acordes da banda de música do Reximiento de Murcia número 42, con sede na antiga praza forte viguesa.  

 Formado musicalmente na Academia Mario Mascarenhas, de Brasil - onde en 1961 diplomouse como acordeonista, e dous anos despois, obtivo o título de Armonía Musical -, a onde emigrou con súa nai, logo do pasamento do seu proxenitor; José Luis Lorenzo Rodríguez foi compoñente de varias formacións musicais do país brasileiro.  

 En 1965 funda 'Recuerdos de España'o seu primeiro grupo de acordeóns.  Logo continuaría coas orquestras 'Muchachos de España',  'Veracruz',... 

 En 1967, na emisora Radio Río de Janeiro, produce e presenta o programa de radio 'Musical Ibérico'.  

 En 1971 retorna definitivamente a Galicia, determinando residir na vila de A Guarda. Ao longo dunha década, dedicouse o labor comercial, interrompendo a súa actividade musical, que retomaría en 1982, en que pasa a integrarse na Rondalla do Recreo Artístico Guardés. Posteriormente entra no Coro Parroquial de A Guarda, dirixido naquela altura por José Marino González de la Concepción (Santeiro), e en 1984 propón a formación da Agrupación Coral Polifónica de A Guarda.

 En 1986 funda o Coro Xuvenil Arpegios Cantabile. Durante os 21 anos que estivo á fronte do coro, realiza mais de 160 actuacións por diversas vilas de España e de Portugal, logrando numerosos premios, e edita dous traballos discográficos ('Canto á Guarda' e 'XX años cantando').  

 Compuxo numerosas panxoliñas para o Coro Arpegios Cantabile obtendo os Premios de Composición para Voces Brancas, concedidos en 1995, 1997 e 2002 nos Festivais de Panxoliñas de Caixanova de Vigo.  

 En 1997 crea o Grupo de Acordeóns Mascarenhas, realizando concertos en varias cidades de Galicia e Portugal.  No ano 2004, o Grupo de Acordeóns Mascarenhas edita o seu primeiro CD titulado 'Mis recuerdos'. En 2007, publica o seu segundo CD, 'X años juntos'. En ambos os dous traballos discográficos, inclúense obras da autoría de José Luis Lorenzo Rodríguez. 

 Como mostra de gratitude deica súa persoa e por extensión a súa esposa, a Asociación Arpegios Cantabile e o Grupo de Acordeons Mascarenhas, orgaizaron á perfección, e levaron a bó termo, unha homenaxe o seu fundador e director José Luís Lorenzo Rodríguez, que tivo lugar no Auditorio Municipal do Rosal, o  sábado 4 de xullo de 2009.

 A grande estima que á cidadanía de A Guarda lle ten a José Luis - e que, de acordo co Regulamento de Honras e Distincións do Concello de A Guarda, debera recoñecerse oficialmente coa correspondente decraración e nomeamento institucional -, foi un dos motivos polos cales foi designado pregoeiro das Festas do Monte Santa Trega, labor que ante un ateigado auditorio de San Bieito, realizou na tardiña do día 8 de agosto de 2011, facendo un resumo histórico deses grandes festexos - cuxo orixe sitúase no ano 1913 -, e poñendo broche final a súa intervención coas seguintes verbas: 

  'De  nacimiento soy vigués, 

de corazón me siento guardés. 

A A Guarda vine a vivir 

y en esta tierra, quiero morir'.


 Co pasamento de José Luis Lorenzo Rodríguez, quedamos orfos, non soio pola perda física que iso conleva, senón polo súa xenerosidade e seu maxisterio que desde hoxe botaremos moito en falla.

 Desde este xornal dixital transfronteirizo, expresamos noso pesar a prezada familia de José Luis Lorenzo Rodríguez, que desde hoxe está no firmamento da Música e forma parte, por dereito propio, da historia do noso pobo, que tamén era o del.

1 comentario: