BALOMÁN FEMININO
O Mecalia Atlético Guardés e Cristina Cabeza separan os seus camiños
• O club agradece á adestradora madrileña a súa entrega durante estes meses
• A técnica lusa Ana Cristina Teixeira Seabra toma as rendas do equipo para o que queda de tempada
Redacción Deportes / A Guarda
A xunta directiva do Mecalia Atlético Guardés decidiu que Cristina Cabeza non continúe á fronte do primeiro equipo. A adestradora madrileña desvincúlase así do club miñoto tras dez meses de entrega e dedicación. Con todo, os resultados non foron os esperados pola entidade. O club agradécelle á técnica o seu intenso traballo dirixindo ao grupo. Así mesmo, deséxalle moita sorte e éxitos no futuro.
Á fronte do equipo estará, para o que resta de tempada, a que ata o de agora foi a segunda adestradora, Ana Cristina Teixeira Seabra. A preparadora portuguesa, que xa comandou ao conxunto do Baixo Miño o ano pasado (desde febreiro de 2023 ata finalizar a campaña), debutará dirixindo ao Mecalia Atlético Guardés no partido dos cuartos de final da fase final da Copa da Raíña en Donostia (este venres día 10 de maio, ás 20:30h). En 2023, fíxoo en cuartos de final da Copa Europea e, baixo o seu mando, o cadro do Baixo Miño chegou á final da competición.
Ningún comentario:
Publicar un comentario