Talleres sobre Comunicación e Resolución de Conflitos
• No CEIP A Sangriña, de A Guarda, e no CPI Manuel Suárez Marquier, de O Rosal
Foto: Érguete Baixo Miño
Infogauda / A Guarda
A Asociación Érguete Baixo Miño informa que durante este mes de novembro e decembro está a impartir diversos talleres sobre a promoción da saúde e a prevención de condutas aditivas no alumnado do CEIP A Sangriña de A Guarda e o CPI Manuel Suárez Marquier de O Rosal.
Trátase do programa denominado Educación para a Saúde na Escola que conta cunha ampla traxectoria de execución nestes centros educativos e que están dirixidos, neste curso escolar, ao alumnado de 5º e 6º da EPO. Estas actividades atópanse financiadas pola Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, Servizo de Prevención de Condutas Aditivas e pola cota dos socios e socias da entidade.
Entre os obxectivos destas actuacións cabe mencionar:
- Benestar emocional.
- Adquirir habilidades sociais de adestramento e afrontamento en situacións.
- Mellorar as habilidades sociais e de comunicación.
- Saber afrontar os conflitos nas relacións interpersoais.
- Incrementar a autoestima, o autocoñecemento e o sentido crítico.
- E potenciar unha elección de valores, actitudes e comportamentos saudables.
Esta acción, impartida por unha educadora social con ampla experiencia nesta área, atópase dentro da carteira de servizos que a Asociación Érguete Baixo Miño ofrece de forma continua no ámbito escolar e que ano tras ano ten moi boa acollida tanto nos centros educativos da comarca como por parte do alumnado aos que vai dirixido.
Para máis información, a Asociación Érguete Baixo Miño invita ás persoas interesadas a achegarse ás súas instalacións sitas en rúa Colón, 20 - Edificio O Pescador 1º piso), de A Guarda, visitar a páxina web www.erguete.org ou ben contactar nos teléfonos 986 61 44 17 / 640 08 63 76 ou no correo electrónico info@erguete.org.
Ningún comentario:
Publicar un comentario