20 de set. de 2022

A GUARDA

O BNG RECIBIU NA GUARDA UNHA DELEGACIÓN DA ALIANZA LIBRE EUROPEA (ALE)  ENCABEZADA POR ANA MIRANDA  

Anxo Lois Baz (portavoz do grupo municipal do BNG no Concello de A Guarda) trasladoulle aos eurodeputados e eurodeputadas "a necesidade dunha comunicación eficaz con Caminha que facilite a posta en  marcha da Eurocidade A Guarda-Caminha"   


Anxo Lois Baz Vicente - no centro da imaxe - no poboado castrexo do Trega, con membros da delegación de eurodeputadas/os do grupo da Alianza Libre Europea (ALE) na Eurocámara

Infogauda / A Guarda

 Na tarde de onte, Anxo Lois Baz Vicente, acompañado do grupo municipal do BNG de A Guarda e da presidenta da Entidade Local Menor Camposancos, recibiron a unha delegación integrada por  eurodeputadas/os do grupo da Alianza Libre Europea (ALE) na Eurocámara, que se atopan de visita en Galiza.  

 O portavoz nacionalista na Guarda, escolleu o monte santa Trega para recibir a delegación europea e co  rio  de fondo  trasladoulles  aos representantes europeos "a necesidade dunha comunicación eficaz e sostíbel con Caminha que sería un alicerce fundamental para a posta en marcha da Eurocidade entre as localidades miñotas."

 Pola súa parte a representante do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, recolleu a proposta e comprometeuse "a trasladar á institución europea a demanda guardesa" que considerou "fundamental para profundar  na  cooperación transfronteiriza."  

 Rematada a visita ao monte santa Trega dirixíronse ao porto de A Guarda e asistiron a un encontro coa Asociación de Redeiras Atalaia onde comprobaron en que consiste o seu traballo artesanal e escoitaron  as demandas deste colectivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario