5 de xan. de 2022

O ROSAL

Descubrimento dun novo petróglifo no Rosal

Ubicado na Cova do Sobreiro, dentro dos límites da Comunidade de Montes de San Xoán de Tabagón


Gravado rupestre insculturado en xisto, no lugar da Cova do Sobreiro
Foto: A Xuliva

Infogauda / O Rosal

 "A principios do pasado mes integrantes desta asociación daban a coñecer ao Concello do Rosal o descubrimento dun novo gravado rupestre na parroquia de San Xoán Tabagón, no lugar de Cova do Sobreiro, nun outeiro con vistas a desembocadura do Miño, dentro dos límites da Comunidade de Montes de San Xoán de Tabagón e moi preto do vial", veñen de comunicar membros da Asociación Cultural A Xuliva.  

 As mesmas fontes refiren: "O petróglifo, o cal estaba totalmente soterrado, conta con dúas espirais, varias coviñas, unha grande cazoleta ou cova, ligada a un suco dunha profundidade considerable e outra figura xeométrica sen definir. Están tallados sobre xisto, algo non mui habitual na zona. E encóntrase relativamente preto do petróglifo do Ghorghalado, descuberto non hai muitos anos. Este tipo de gravados dátanse ao redor dos 3.000 anos de antigüidade.  

 A concellaria de cultura e patrimonio do Concello do Rosal procederá a realizar a súa catalogación."  

 As persoas que desexen visitalo poden atopalo a través das seguintes coordenadas: 41º55’59.8”N, 8º47’57.2”W.

Ningún comentario:

Publicar un comentario