Os Reis Magos visitaron a Residencia e Centro de Día Santa Tecla
E levaron agasallos, ilusión e ledicia
Infogauda / A Guarda
No día de onte, martes 4 de xaneiro as Súas Maxestades de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar aproveitaron a súa chegada á vila de A Guarda para visitar aos nosos maiores na Residencia e Centro de Día Santa Tecla.
A media tarde os Reis Magos de Oriente, que previamente foran recibidos polo alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, acudiron á residencia para levar uns agasallos, visitar e escoitar aos homes e mulleres que quixeron intercambiar unhas palabras con eles.
Unha xornada moi animada na que non faltaron os bailes e a música nunha tarde chea de ilusión, diversión e alegría.
Tamén se respectaron as medidas sanitarias e as Súas Maxestades fixeron un test de antíxenos co equipo de enfermería da residencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario