19 de ago. de 2020

TURISMO

A Guarda será sede da 90ª edición do Encontro da Federación Internacional Clubes Campistas

· O evento terá lugar na segunda quincena de xuño de 2021

O alcalde de A Guarda - 4º pola esquerda - cos organizadores e o concesionario do camping Santa Tecla

 

Infogauda / A Guarda 

  O Salón de Plenos da Casa dos Alonso acolleu este mércores día 19 de agosto, o acto de presentación da 90ª edición Encontro Internacional da FICC 2021, un evento que na súa longa traxectoria tan só se celebrou en tres ocasións en territorio español, e que se celebrará na Guarda o vindeiro ano.   

 Neste acto contouse coa asistencia de Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda; Mª Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Cultura; Joao Alves, presidente da FICC; José Vicente, presidente da Federación Española de Clubes Campistas (FECC); Miguel Merino Ayllón, vicepresidente da Federación Española de Clubes Campistas (FECC); Andrés Sánchez, vogal da Federación Española de Clubes Campistas (FECC); Juan Antonio Cidanes, presidente do Camping Caravaning Club de Galicia-Vigo; José Iglesias, vogal e responsable das relacións coa FICC e José Coello Vicente, representante do Camping Santa Tecla.  

 O Presidente da Federación Española de Clubes Campistas (FECC) agradeceu na súa intervención a boa disposición do Concello de A Guarda para acoller esta edición, destacando que nesta localidade xa se celebraron con éxito 3 acampadas nacionais, sendo un municipio excepcional para este tipo de eventos e contando o Camping Santa Tecla cunhas instalacións inmellorables. 

 José Vicente indicou que o evento terá lugar na segunda quincena do mes de xuño de 2021, onde os centos de campistas de todo o mundo gozarán da boa gastronomía local, da natureza e dos recursos turísticos do municipio e da súa contorna cunha morea de actividades nas que se inclúen xogos populares, desfiles, visitas turísticas, entre outras. 

 Para o Presidente da FICC é un pracer estar de novo en Galicia, nun evento que se celebra por terceira vez en territorio español dende 1933, destacando a gran experiencia do comité organizador formado pola FECC na realización dos seus encontros nacionais, a apoio amosado polo Concello de A Guarda e do Camping Santa Tecla. 

 Joâo Alves indicou que a decisión de facelo na Guarda estivo entre as opcións máis distinguidas xunto con Polonia, Croacia e Corea do Sur, pero a gran capacidade da FECC para a organización deste tipos de eventos foi clave para que finalmente A Guarda resultase gañadora, o que conlevará unha promoción deste municipio a nivel mundial dende a FICC.  

 

Momento da firma do convenio de colaboración entre o alcalde do Concello de A Guarda e o representante da FECC

 O alcalde de A Guarda agradeceu a todos os presentes a súa asistencia amosando unha vez más o compromiso do Concello guardés para que este evento saia adiante e ben, agardando tamén que a situación provocada polo Covid-19 mellore de cara ao ano que ven. Antonio Lomba destacou a gran repercusión a nivel mundial e forte impacto turístico e económico que terá este evento para a vila, municipio que xa conta cunha longa traxectoria na organización e realización de eventos coma o XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia celebrado en xullo de 2019, ou eventos de importante renome coma a Festa da Langosta, a Festa do Peixe Espada ou as Festas do Monte Santa Trega.  

 O acto de presentación desta 90º edición rematou coa firma do convenio de colaboración entre o Concello de A Guarda e a FECC, que permitirá xestionar os recursos necesarios para que sexa un éxito.

A GUARDA / CAMINHA

A Guarda acollerá os días 21 e 22 de agosto o I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Río Miño 

En Caminha serán os días 21, 22 e 23 deste mes

 

Infogauda / A Guarda / Caminha

A Câmara Municipal de Caminha (Portugal) e o Concello de A Guarda, ultiman os preparativos para o I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Río Miño, un evento cultural promovido polo xornalista caminhense Luís Almeida, para conmemorar o XX Aniversio do Jornal Digital Caminha2000; que terá lugar de xeito simultáneo o venres 21 e sábado 22 de agosto nos dous concellos veciños Caminha e A Guarda, si ben a programación na vila lusa inclúe tamén o domingo día 23.

 O evento terá dous espazos diferenciados. En Caminha na Praça do Conselheiro Silva Torres (Terreiro) e na Guarda na Praza de Avelino Vicente (As de Copas), onde se realizarán presentacións de libros, actuacións en directo, recitais de poesía, contacontos, entre outras accións programadas nesta primeira edición.  

 Nesta primeira edición participarán os concellos portugueses de Caminha, Vila Nova de Cerveira, Valença do Minho, Monçao, Melgaço e Paredes de Coura e os concellos galegos de A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño, Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, As Neves, Arbo, e Crecente. Todos eles aportarán a mellor selección dos exemplares producidos no Baixo e Alto Minho, ou que versen sobre esta rexión, cun total de máis de 150 títulos diferentes. 

 O evento conta coa organización da Câmara Municipal de Caminha, do Concello de A Guarda, da Junta de Freguesia de Caminha e Vilarelho e do Jornal Digital Caminh@2000.  

 O I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño terá inicio o venres día 21 de agosto, en horario de 20:00 a 22:00h (ESP) e continuará na xornada do sábado 22 en horario de 11:00 a 14:00 h e pola de 18:30 a 21:30 h (ESP). 

PROGRAMACIÓN 

I ENCONTRO DO LIBRO LUSO-GALAICO DA RIBEIRA DO RÍO MIÑO 

21 agosto 20:00H – 22:00H | 22 agosto 11:00 h. a 14:00 h. e 18:30 h. a 21:30 h   (Praza Avelino Vicente -  A Guarda) 

VENRES 21

De 20:00 h. a 22 h 

- 20:00 horas: Inicio do evento coas personalidades políticas e os técnicos de cultura dos respectivos concellos participantes. 

-  20:45-21:25 horas: Inauguración do evento con Aser Álvarez González. Director de Arraianos Producións. Presentación da publicación Galicia Rural, un proxecto documental multimedia elaborado en colaboración co Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, que propón ideas para unha reflexión sobre a realidade, os desafíos e as posibilidades de futuro do mundo rural galego.  

- 21:25-21:55 horas: Carvalho Calero sem fronteiras. Unha viaxe audiovisual pola vida e a obra de Ricardo Carvalho Calero a través dun recital poético e musical de Moisés Quintas e Aser Álvarez. Producido por Arraianos Producións.  

- 22:00 horas: Peche do venres. 

SÁBADO 22

De 11:00 h. a 14:00 h. e pola tarde de 18:30 h. a 21:30 h. 

- 11:00horas: Apertura do sábado. 

- 11:05-11:55 horas: Conta Contos con Marisol Diz Amil, bibliotecaria de A Guarda e Liliana Geraldes, a cal presentará o seu libro infantil Clara e a illa de plástico 

- 12:00-12:40 horas: Ricardo Rodríguez Vicente (Infogauda) e Luís Almeida (promotor do evento e director de Caminha@2000). 

 Ricardo Rodríguez presentará a Luís Almeida e falará das relacións entre Caminha e A Guarda.

 Luis Almeida falará sobre os seus 20 anos a fronte da súa empresa e da comunicación rexional. 

- 12:45-13:15 horas: Puri Ameixide presentará seu libro "O paso do Miño en 1809: Historia e Literatura á lúz da lúa". 

 Puri Ameixide, profesora de lingua e literatura galegas no IES Antón Alonso Ríos, de Tomiño, é autora das novelas Nada se esquece (Redelibros, 2013) e Claro de Lúa (Xerais, 2018).  

 Claro de lúa transcorre no Baixo Miño a comezos do XIX, cando o paso do Miño polas tropas napoleónicas camiño do Porto, aportando unha visión desta guerra moi diferente da chamada Guerra da Independencia. 

- 13:15-13:45 horas: Actuación musical. Academia de Música Fernándes Fâo 

- 14:00 horas: Peche da mañá do sábado.  

- 18:30 horas: Apertura pola tarde. 

- 19:15 -19:45 horas: O Rosal estará representado por Praxíteles González Martínez, autor de varios libros: Embajadores de los infiernos. Historia y lenguaje de los "cabaqueiros"; Riberas del Baixo Miño; A Terra das nosas raíces; Yo también fui contrabandista en el Estuario del Miño;  Yo también emigré a la República Federal de Alemania (1960-1980),..., que fará un percorrido a través das súas obras. 

- 20:00-20:30 horas: O historiador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez, autor de varios traballos de investigación (emigración a América, casas de indianos, alcaldes de A Guarda, sociedades de A Guarda, sindicalismo no Baixo Miño,...) e dos libros “Galicia Puerto Rico en sintonía, La emigración guardesa a la República Dominicana (Siglos XIX y XX), “El Recreo Artístico Guardés 1939-1980”, La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (1ª parte: 1912-1928)”, “La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (2ª parte: 1928-1939) e “La Sociedad Pro-Monte Santa Tecla (3ª parte: 1939-1979). Una larga y fructífera permanencia”, Colegio PP. Somascos de A Guarda (1957-2007), El Convento de las Benedictinas de A Guarda 1559-1984Hospital Casa-Asilo de A Guarda (1918-2018), entre outros, falaranos desta vez sobre os temas históricos abordados nos seus libros. 

- 20:45-21:15 horas: Recital de poesía a cargo de Krisalida, poeta portuguesa da Ribeira do Miño. 

- 21:30 horas: Peche do evento.  

I ENCONTRO DO LIVRO LUSO-GALAICA DA RIBEIRA MINHO 

21 a 23 agosto | 15H00 às 23H00  

(Praça Conselheiro Silva Torres, Caminha) 

SEXTA-FEIRA 21 AGOSTO 

15H00 – ABERTURA DA FEIRA 15H30 - 100 anos - José Correia |Aniversário de um artesão do concelho de Caminha  apresentação do vídeo do José Correia – Caminha2000  

18H00 – ABERTURA OFICIAL   [Arcadas dos Paços do Concelho - Praça Conselheiro Silva Torres] 

•    Presidente da Câmara Municipal de Caminha 

•    Alcalde do Concello de A Guarda 

•    Presidente da União de Freguesias de Caminha e Vilarelho

•   Luís Almeida, Diretor do Jornal Caminha2000  

22H00 - RECITAL DE MÚSICA | ACADEMIA DE MÚSICA FERNANDES FÃO  (Arcadas dos Paços do Concelho - Praça Conselheiro Silva Torres)

- APRESENTAÇÃO DO LIVRO “PEIXES DO RIO MINHO – RECEITAS COM HISTÓRIA”, de João Guterres Moderador: Paulo Torres Bento, Historiador   

SÁBADO 22 AGOSTO  

16H00 – “O MUNDO ENCANTADO DOS LIVROS” – Hora do Conto através de um livro de Joana Estima C. da Rocha | Porta de Cena (Arcadas dos Paços do Concelho - Praça Conselheiro Silva Torres) 

18H00 – Aser Álvares González – Diretor de Arraianos Producións – apresentação de Galicia Rural” - projeto documental multimédia que propõe ideias para uma reflexão sobre a realidade, os desafios e as possibilidades de futuro do mundo rural galego. (Arcadas dos Paços do Concelho - Praça Conselheiro Silva Torres) 

19H00 – CORO FUSCALHEIRO, de A Guarda  (Praça Conselheiro Silva Torres, Caminha)

DOMINGO 23 AGOSTO  

16H00 – Hora do conto e Workshop com a autora Liliana Geraldes Apresentação e animação do livro “Clara e a Ilha de Plástico” de Liliana Geraldes  (Arcadas dos Paços do Concelho - Praça Conselheiro Silva Torres) 

17H00 – RECITAL DE POESIA DE OBRAS DE AUTORES DO CONCELHO DE CAMINHA | Krisálida  (Arcadas dos Paços do Concelho - Praça Conselheiro Silva Torres)     

A GUARDA

O Concello convida a artesáns e asociacións sen ánimo de lucro da comarca, a participar nun mercado  

•  Ten previsto organizar un pequeno mercado na Praza de Avelino Vicente, durante a última fin de semana de agosto e a primeira de setembro

• E abre unha convocatoria de inscrición para a participación no mesmo.  

 

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda ten previsto organizar un pequeno mercado na Praza de Avelino Vicente durante a última fin de semana de agosto e a primeira de setembro, e abre unha convocatoria de inscrición para a participación no mesmo. 

 Coa organización dese evento a Concellería de Desenvolvemento Local busca apoiar ao sector da artesanía, especialmente golpeado durante este verán pola crise sanitaria, pero tamén favorecer ás entidades de acción social que tanta axuda levan prestado durante a pandemia. Paralelamente espérase que o mercado tamén funcione como un atractivo máis, que de vida ás nosas rúas e estimule as compras nos comercios e o consumo na hostalaría da localidade.  

 A participación no mercado será gratuíta e o Concello proporcionará a cada artesán ou asociación un stand, ata acadar un máximo de 20 postos. Pola súa parte os e as artesás, así como as asociacións deberán comprometerse a manter os postos abertos os venres pola tarde en horario de 17:00 a 20:30, e os sábados e domingos en horario de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30, durante as dúas fins de semana.    

 Os e as profesionais interesados/as, así como as asociacións, deberán presentar as súas solicitudes antes do 24 de agosto ás 14:00 horas a través da dirección de correo electrónico turismo@aguarda.es.  

 Os artesáns deberán indicar nese correo electrónico os seguintes datos: nome e apelidos, teléfono de contacto, concello no/a que están empadroados/as e descrición dos produtos de artesanía que ofrecen. Así mesmo deberán deixar constancia por escrito nese mesmo correo o seu compromiso para manter aberto o posto durante todo o período de duración do mercado, respectando os horarios do mesmo.   

 No caso das asociacións deberán indicar: nome da asociación, nome e apelidos da persoa representante da mesma, tipo de produtos que venden e localidade na que ten a súa sede social. Así mesmo deberán tamén comprometerse por escrito a abrir os postos respectando o horario e datas nas que terá lugar o mercado.    

 Posteriormente poderáselles requirir documentación para verificar os datos que aportan na solicitude.

A GUARDA

O Concello instala na Praza de Abastos colectores para residuos de aparellos eléctricos e electrónicos 

· Ao abeiro do Proxecto ESTRAEE

Colectores para depositar residuos de aparellos eléctricos e electrónicos: móbiles e tablets, pilas e baterías e cargadores e cables

 

Infogauda / A Guarda

 A Concellería de Medio Ambiente do Concello de A Guarda vén de instalar no andar superior da Praza de Abastos da vila 3 colectores para depositar residuos de aparellos eléctricos e electrónicos: móbiles e tablets, pilas e baterías e cargadores e cables. 

 Esta acción realízase ao abeiro do o proxecto europeo ESTRAEE de reciclaxe do “lixo electrónico” promovido pola Deputación de Pontevedra.  

 Con estes recursos, a provincia de Pontevedra revalida a súa posición como referencia europea, e mesmo mundial, no marco da protección do medio ambiente e no cumprimento da Axenda 2030.  

 O proxecto ESTRAEE (Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos) conta cun orzamento total de 2.145.000 euros e ten por finalidade impulsar no espazo transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal a xestión de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE). Está soportado ao 75% polo fondo FEDER, que achega algo máis de 1,6 millóns de Pontevedra. A Deputación e o resto dos socios achegan os 536.381 euros restantes (a Deputación de Pontevedra destinou 227.000 euros do seu propio orzamento e o resto dos socios españoles, Revertia, ERP España e EnergyLab, e portugueses, ERP Portugal e Liport, achegan o resto).

TOMIÑO

ACTO EN HOMENAXE A MARISOL ÁLVAREZ VÁZQUEZ 

Terá lugar o domingo 23 de agosto, ás 12:00 horas, no baldío de Grixó

                                    Marisol Álvarez Vázquez

  

Rubén Muñoz / Tomiño

 O vindeiro domingo, 23 de agosto ás 12 horas do mediodía, terá lugar no baldío de Grixó (Santa María de Tebra / Barrantes), un acto de homenaxe, recoñecemento e lembranza, na honra de Marisol Álvarez Vázquez, secretaria de organización da Agrupación Socialista de Tomiño.      

 Será un acto sinxelo onde a Treboada “Os Terribles de Tomiño”, do que formaba parte, será a encargada de por música ás verbas, ás emocións, ás frores, ás lembranzas, ás árbores e a poesía nas voces das súas fillas Zutoia e Zuriñe.     

 “Lembraremos a nosa compañeira Marisol, na compaña da familia, amigos e amigas e da veciñanza que desee achegarse polo que xuntarémonos ás  11:30 na praza de Santa María”, afirmaron desde a Agrupación do PSdeG-PSOE de Tomiño.

TOMIÑO

O recinto escolar do CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián, será ampliado en máis de 1.500 metros cadrados  

César Augusto Pérez Ares reuniuse coa alcaldesa e co concelleiro de Urbanismo, para coñecer as melloras que se levarán a cabo no centro antes do comezo do curso 

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González e o concelleiro de Urbanismo, Uxío Benítez, na reunión co xefe territorial de Educación, César A. Pérez Ares 

 

Infogauda / Tomiño

 A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Uxío Benítez Fernández, presentou ao xefe territorial de Educación, César Augusto Pérez Ares, o proxecto das obras correspondentes ao peche do CEIP Pintor Antonio Fernández (Goián), que se comezarán nos vindeiros días e estarán rematadas antes do inicio do curso.  

 A intervención consistirá no peche do perímetro do colexio e suporá unha ampliación do recinto escolar de 1.500 m2, cunha superficie verde que respectará o arboredo existente e as súas especies autóctonas, creando zonas de luz e sombra, descanso e xogo, etc.  

 Estas obras significan o inicio da conexión do colexio coa zona da área deportiva e a Escola de Música, prevista no Proxecto Máis Goián, que se comezará en breve e que vai supoñer a comunicación definitiva do centro da parroquia coa nova zona da carballeira, espazos de lecer e instalacións deportivas.  

 Ademais, na xuntanza celebrada onte no Concello de Tomiño, ao xefe territorial de Educación expúsoselle a instalación dunha pérgola na entrada do colexio, de xeito que o centro quede totalmente integrado na contorna da praza, expresando Pérez Ares o seu apoio ás obras.  

 Asemade, durante a reunión a alcaldesa repasou as obras de mellora e mantemento levadas a cabo polo Concello (por valor de 60.000 euros) durante o verán e o confinamento en diferentes centros educativos do municipio, comprometéndose Pérez Ares a regresar a Tomiño nos próximos días para coñecer in situ algunhas desas intervencións, tales coma as realizadas nas aulas do CRA (Colexio Rural Agrupado) de Barro, Vilachán e Figueiró, e na escola infantil do Seixo; instalación de proxectores nas aulas de Educación Infantil de Sobrada; renovación dos parques infantís dos colexios de Tebra e Sobrada, etc.  

 Por último, a alcaldesa comentou ao mandatario as dificultades existentes para financiar a limpeza que esixe o novo protocolo da Xunta, coincidindo ambos os dous na necesidade de colaborar lealmente de maneira institucional para que o inicio do curso sexa o máis seguro posible.

TOMIÑO

ESTUPENDA ACOLLIDA DOS PRIMEIROS COMPOSTEIROS INDIVIDUAIS DO PLAN REVITALIZA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA EN TOMIÑO  

Acudiu á charla de formación no Pavillón da Carballa toda a veciñanza que estaba citada para recoller o material   

Repetirase a reunión co persoal técnico da Deputación e do Concello o vindeiro xoves 27 ás 10.30 horas  

No acto de entrega dos composteiros, ademais do persoal técnico do Revitaliza da Deputación, estiveron presentes a alcaldesa Sandra González e a concelleira de Medio Ambiente, xunto á técnica local

Infogauda / Tomiño

 A entrega dos primeiros composteiros inviduais (COIN) do Plan Revitaliza en Tomiño tivo unha estupenda acollida, xa que acudiron a totalidade das persoas das 30 familias convocadas. Todas elas amosaron unha grande implicación e motivación coa compostaxe do lixo orgánico, tendo algunhas das veciñas e veciños presentes xa algo de experiencia na tarefa de facer compost.   

 No acto de entrega dos composteiros, ademais do persoal técnico do Revitaliza da Deputación, estiveron presentes a alcaldesa Sandra González e a concelleira de Medio Ambiente –xunto á técnica local-, que agradeceron a participación e subliñaron a importancia da concienciación da cidadanía na xestión dos residuos.   

 A cita foi ás 10.30 horas no Pavillón da Carballa e desenvolveuse seguindo todas as medidas de prevención sanitarias necesarias. Primeiro proxectouse nunha pantalla unh apequena presentación explicativa e á saída entregáronse o COIN, un aireador, un termómetro e un manual de compostaxe a cada representante de cada domicilio.   

 O reparto continuará o vindeiro xoves 27, cando se entregarán outros 30 COIN. As persoas que os recibirán serán as que se inscribirana raíz dunha solicitude de subvención do PIMA que resultou fallida para o concello. Posteriormente e grazas á subvención da Deputación de Pontevedra, realizaranse novos repartos, chegando a entregar ata uns 3000 COIN, instalar uns 14 CCC ademáis dos dous existentes, mercar un camión grúa, microtrituradoras para deixar en empréstito á veciñanza e instalar algún punto verde para a recollida de poda.  

Instalacións de novos centros comunitarios

 

 

 Por outra parte, na mañá de hoxe comezou a construírse a base de celosía para a instalación de novos centros de compostaxe comunitaria de Daniel Calzado (de seis módulos) e o que dará servizo ao Mercado (de dez unidades modulares), que irán xuntos na mesma plataforma. 

 O persoal técnico da Deputación e do Concello será o encargado de dar a formación necesaria e resolver todas as dúbidas de toda a veciñanza e produtores singulares que farán as achegas en ambos centros comunitarios. 

OIA

PATRIMÓNIO

Considerações paisagistas em Oia

(105ª parte) 

ENCONTROS POLIORCÉTICOS / Oia

JUSTAMENTE,  O FACTO DO MOSTEIRO DE OIA SER O ÚNICO CISTERCIENSE À BEIRA DO MAR PLANTADO PODERÁ INSPIRAR CUIDADOS DE MAIOR NO RELATIVO A PROMOÇÕES URBANAS COSTEIRAS OU A CRITÉRIOS PAISAGISTAS. Falinhas mansas e bajulações escamoteiam esta verdade inquestionável. Ladainha da “RMO" consiste numa troca simples: Arrabalde e mosteiro por mosteiro e urbanização. Como terapia face esse dualismo caprichoso era bom insistirmos na qualidade intrínseca inherente às artes todas,  aos estilos presentes no mosteiro, como definidoras da essência real deste BIC desnaturado que não está a encontrar una salvaguarda no momento presente. Vamos falar da Congregação Cisterciense de Castela  ("CCC") e dos  estilos presentes en Oia. Vamos por tanto falar das expressões da arte permanentes, simultaneadas mercê do passar do tempo, que encontram por sí próprias uma legitimidade negada por estes senhores da mercadoria. Do pré-românico até o pré-gótico, manierismo escultórico, pegada  jesuítica na fachada ou barroco da torre sineira constituem-se em testemunhos de um falar somente seu,  a  margen  dos  pré-cálculos feitos  por  una  consignatária  que  nega  espacialidades  mínimas  a  um mosteiro  que  nada  terá  a  ver  com  a  maldita  urbanização. Coêrencia  pelo  facto  de  cingirmo-nos à  mensagem generalista  e histórica  da  Congregação  Cisterciense  da  Castela vai ao encontro  de  pessoas  e  interesses  que  querem  criar  una  especie de cisão "à galega" da recentemente batizada “ACIGAL"  ben como aderirà Carta Europeia  de Abadías e  Sítios  Cistercienses SEM AS CONTRAPARTIDAS decorrentes das condições estabelecidas na sua Carta de Valores. Dito de outra maneira,  não  ha  mosteiro  de  Oia sem  a  aportação  da  “CCC",  como  acontece alias  noutros tantos mosteiros sediados  na  Galiza.  Nos  mais  mínimos  pormenores  haverá  donde  vasculhar e  encontrar  o  coelhinho  tirado  da  cartola;  nesse  particular  poder-se-ía  interpretar  de  vez  esse  conto  da  carochinha utilizado para levar à  frente  a  tal  urbanização. Em  resumo,  trata-se  de  esclarecer  este  aborrecido  assunto,  trata-se  de  simplificar  algo  que  tem  como  pano  de  fundo  a  natureza  pervertida  da  capacidade  de  olhar ao mosteiro com singeleza,  despidamente. Mosteiro  de  Oia não  precisa  de  urbanização nenhuma nem  de  acréscimos ao pé  dos  Laranjais;  embutiram-nos  essa necessidade supérflua  na  cabeça, encastraram-nos esse supostoso bum  falso  guarda-chuva patrimonial. Tratamento  da  arte  em  termos  geraist em  de  adotar certas prevençõ esperante  grupos  empresariais  que  somente olham  para  a  caixinha (vejam  o  exemplo  da  “IBERDROLA"! ). Os  desvelos  dos  privados  negam cidadania isenta  e  formada,  acabando  por  cauterizar  toda  vontade  preservadora.  Sempre chegam  tarde  ao velorio! Cómo é que “IBERDROLA" se assume madrinha  de  uma gestão  do  românico  (Vejam a  patente “Românico Atlântico")  entre  o  Norte  de  Portugal  e  a  região  autónoma  de  Castilla  y  León?: É  fácil  supor,  dado  ter  uma  ascendente  económica  assinalável  no  organigrama  político  da  Junta castelhana, mais  nada. Isso chega  para  dar  bençãos cá  e acolá  e  gozar  com  todos  nós,  visto  que  a  moneda  de  troca  era  una  futura  barragem  no  río Tâmega.  A  este  ponto  chegamos.  Miolo  disto  tudo  será  a  capacidade  dos  populares  saberem  separar  trigo  do joio nesta negociata financeiraa bençoada pelo  Círculo  de  Empresários  de  Vigo.  O  aglutinante  desta história  nunca estará nessa dobradiça entre  mosteiro  e  futura  urbanização,  antes  bem  na  isenção paisagista  do  conjunto todo.  Mais ainda,  na  manutenção  de  um  saber  que  não  pode  ter  intromissões nenhumas  no  campo  da  arte  e  dos  bens culturais. Daí falarmos  da  “CCC", não  como  alegato  de  ocasião  mas  sim  como  herança  neutra  e  aséptica  de  un  passado  fértil,  fiel  e  não  entortado  no  percurso  histórico  cisterciense.  Vamos  entrar  num  pormenor  que  para  nós  resulta  exponencial:   a  componente  heráldica  dos  mosteiros abrangidos pela  Congregação.  José  Ignacio  Rodríguez  González  (Guadalajara, 1949) constituicitação obrigatória nesta  temática  tão abrangente  e  unificadora; pertencendo  à  Real  Academia  Matritense  de  Heráldica  e  Genealogia converteu-se  na  referência,  ou numa  delas, fundamental  no  estudo da  "CCC" e  os  seus  símbolos.  A  sua  obra  “El  Patrimonio  Heráldico  de  la  Congregación  Cisterciense  de  Castilla"  é  aportação bem sublinhável  e  para  ter  sempre em conta. Recuando  a  Fray  Martín  de  Vargas,  a  "CCC" foi  instaurada  para  pôr  cobro  à  crise  dos  séculos  XIV  e  XV  (decadência  do  ideal  cisterciense; abades  comendatários  egoístas  ou descuramento  da  observância da  Regra), crise que portava também outros aspetos  (abandono de dependências, falta de obras de restauro). Reforma aprovada  pelo papa Martín V em 1525, começou en 1427 en Montesión (Toledo),  alargando-se em 1430 ao mosteiro de Valbuena de Duero (Valladolid) atingindo todos aqueles mosteiro ssediados en Castela, Leão, Galiza,  Asturias e zona da Rioja (ficam de fora Aragão e Navarra ). Há  novas pautas de vida:

• Abandono  dos  grandes dormitorios comunitários. 

• A igreja passava a ser pública. Construir-se-á un novo  coro no alto aos pés do templo e erguer-se-á un segundo corpo acima do claustro medieval. 

• Noutros casos, construiria-se um outro claustro chamado da Hospedaria. 

• Dispor-se-á no futuro de um fecho murário com ameias en redor dos mosteiros. (Isto contradiz os truques destes “patrimonialistas" do tijolo atuais). 

 A observancia nova chegou a Galiza no tempo dos Reis Católicos, mas o grande fôlego da reforma  monástica  e da progressiva adesão dos mosteiros pertence ao período de Carlos I. Se mosteiro de Sobrado incorporou-se em 1498, antes de 1516, também o tinham feito Aciveiro e Penamaior    (1505) e Melón e Monfero (1506) para além de Meira  (1514).  

Artigo precedente.

PONTEAREAS

PONTEAREAS SOLICITA Á DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA UNHA AXUDA DE 16.000 EUROS PARA O MANTEMENTO DO SERVIZO DE NORMALIZACIÓN LINGÚÍSTICA MUNICIPAL  

O departamento de Lingua que dirixe María Ortega recibíu outras catro peticións de subvención para apoiar departamentos xaen funcionamento e outras dúas para crealos ‘ex novo’  

A deputada de Lingua sinala a importancia de que as entidades locais aposten pola normalización de xeito estable 

 

Infogauda / Ponteareas

 O servizo de Lingua da Deputación de Pontevedra recibiu neste exercicio sete solicitudes de subvención para apoiar o mantemento e a posta en marcha dos Servizos de Normalización Lingüística (SNL) dos concellos da provincia. O Concello de Ponteareas foi un dos que presentou a solicitude de axuda por unha contía de 16.000 euros (o máximo permitido) para facer fronte ao custe de persoal do departamento municipal, que xa está en funcionamento. A petición será agora analizada polos técnicos provinciais e, se non se producen contratempos, será aprobada proximamente.   

 A maiores da solicitude do Concello de Redondela, a Deputación de Pontevedra recibiu tamén peticións de subvención para mantemento por parte dos concellos de Moaña, Redondela, Valga e O Grove, todos eles municipios con SNL en activo. Por outra banda, os concellos de Nigrán e de O Porriño presentaron solicitude para a creación dun novo departamento, o primeiro concello para contratar persoal técnico a media xornada e o segundo para xornada completa.  

 Nesta edición a liña de axudas para Normalización Lingüística da Deputación aumentou a súa contía un 33%, chegando ata os 200.000 euros.Segundo explicou a deputada de Lingua, María Ortega, o obxectivo deste aumento é apostar pola normalización de xeito estable nos concellos, fuxindo de actividades puntuais, co financiamento das retribucións do persoal técnico dos servizos de normalización lingüística (SNL) das entidades locais.  

 Outra das novidades das axudas do 2020 é que as contías que pode recibir cada concello chegan ata 20.000 euros –fronte aso 15.000 anteriores- no caso da creación e reforzo, podendo supoñer o 100% do custe do persoal a contratar para xornada completa, se ben só se financia o 80% no caso de mantemento do SNL. Para as agrupacións de concellos, a cifra subía ata os 25.000 euros,  mais non se recibiu ningunha solicitude con estas características. Como compromiso principal, as entidades solicitantes deben manter o SNL nas mesmas ou mellores condicións das existentes no momento de solicitar a axuda por un período mínimo de dous anos.  

 En xeral, as funcións dos servizos de normalización lingüística que se acollen a esta convocatoria, tanto internas como externas, deben ser asesorar a Administración municipal na procura do incremento do uso e prestixio da lingua galega; velar polo cumprimento da lexislación lingüística por parte da institución e por garantir os dereitos lingüísticos á cidadanía; fomentar o uso do galego no conxunto da sociedade; propoñer programas dinamizadores e accións concretas que conciencien a sociedade respecto ao uso e prestixio da lingua galega, e a impliquen no proceso normalizador; fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social; planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos, tanto para o persoal da administración como para a poboación en xeral ou para os diferentes sectores sociais; oumellorar a calidade lingüística e comunicativa da administración, entre outras.  

As axudas para actividades, a maiores 

 Outra das novidades desta convocatoria é que os concellos solicitantes poderán optar tamén á vindeira liña de axudas da Deputación para o fomento de actividades ou programas de dinamización, algo incompatible nas anteriores edicións.  

 “Queremos que as entidades aposten de xeito estable por ter servizos de normalización, que se multipliquen, e que na provincia se cree unha rede de servizos de fomento da lingua, xa que é un departamento esencial”, dixo María Ortega. .

OPINIÓN

A ochenta años de su asesinato, nuestro homenaje      

¿Por qué Stalin mató a Trotsky?  

 

 Gabriel Schwerdt

  Hace ochenta años, el 21 de agosto de 1940, León Trotsky, el revolucionario ruso cuyo nombre está asociado con el socialismo y la democracia obrera, fue asesinado en Coyoacán, México, donde residía exiliado. Trotsky, junto con Lenin, habían encabezado la revolución rusa de octubre de 1917.

 El crimen, después de varios intentos, pudo ser consumado por Ramón Mercader* (alias Jacson o Mornard), un agente de la GPU, policía secreta soviética. El hecho fue la culminación de una persecución implacable. En 1927 Trotsky, junto a su compañera, Natalia, fue deportado a Alma Ata, en la república de Kirguistán, para luego ser privado de su ciudadanía y expulsado de la URSS. La GPU lo trasladó a Turquía, donde el líder nacionalista Kemal Atatürk le dio asilo y lo autorizó a instalarse en la isla de Prinkipo. Gracias a sus insistentes pedidos y las tratativas de sus seguidores para que le permitan exiliarse en alguno de los países centrales de Europa, logró tener una breve estadía en Francia, pero fue nuevamente extraditado, esta vez a Noruega. Entonces, el estalinismo comenzó a presionar constantemente al gobierno socialdemócrata noruego para que lo echara. Finalmente, en 1937. se instaló en la ciudad de México, gracias al permiso que consiguieron del presidente Lázaro Cárdenas miembros del SWP norteamericano y el pintor Diego Rivera.

¡Persigan a los trotskistas!

La persecución del estalinismo a Trotsky y sus seguidores fue implacable. Gran parte de la actividad de la GPU en Europa se dedicó al espionaje, la persecución y el asesinato de dirigentes trotskistas. Tenía una sección solo para estos servicios. Los principales secretarios de Trotsky fueron asesinados, Irwin Wolf fue capturado en España (donde asesinaron también a Andrés Nin, entre otros), León Sedov, el hijo mayor de Trotsky y su más estrecho colaborador, fue asesinado en París, a Rudolf Klement lo mataron poco antes de la fundación de la Cuarta, en 1938. En Suiza fue asesinado Ignace Reis, funcionario de la GPU que escapó de la URSS y se sumó a la Cuarta Internacional. Otros dos hijos de Trotsky también fueron asesinados y una hija se suicidó.

 Mientras tanto, en los campos de concentración de Siberia morían miles de prisioneros de cansancio por los trabajos forzados, el frío o porque directamente eran fusilados. Leopold Trepper**, en su emocionante libro El gran juego, relata detalladamente el gran ensañamiento contra los trotskistas, que fueron fusilados por miles: “Llevaban una T en sus espaldas puesta por sus carceleros, y se negaban a toda confesión. Eran los únicos que enfrentaban hasta sus últimas consecuencias al estalinismo”.   

Los procesos de Moscú

 La brutal represión desatada por Stalin para exterminar a la vieja guardia bolchevique necesitaba de un proceso judicial. De lo contrario, ¿cómo explicar que los grandes dirigentes de la revolución querían conspirar contra el Estado soviético?  Por eso Stalin montó cuatro juicios claves entre 1936 y 1938. El primero fue el “juicio de los dieciséis”, con Zinoviev, Kamenev, Smirnov, Mrachkovsky y otros como acusados; el segundo, “el juicio de los diecisiete”, que incluía a Pyatakov, Radek, Sokolnikov, Muralov, Serebryakov y otros, tuvo lugar en enero de 1937. Luego siguió el juicio secreto al mariscal Tujachevsky y un grupo de generales de alto rango del Ejército Rojo en junio de 1937. Y, finalmente, “el juicio de los veintiuno” contra Rikov, Bujarin, Krestinky, Rakovsky, Yagoda y otros en marzo de 1938. Los hombres en el banquillo eran todos los miembros del politburó de Lenin, excepto el mismo Stalin. Trotsky, en el destierro, fue el principal inculpado en estos juicios. Él y la vieja guardia bolchevique estaban acusados de complotar para asesinar a Stalin y otros dirigentes soviéticos, de conspirar para desbaratar el poder económico y militar del país y de matar a masas de trabajadores rusos. Todos fueron encontrados culpables con pruebas falsas o confesiones forzadas y fusilados o enviados a los campos de concentración de Siberia, donde murieron rápidamente. Trotsky fue el único de los dirigentes bolcheviques acusados que estaba fuera del país, más allá del puño de Stalin. Cuando Zinoviev y Kamenev fueron procesados, Trotsky desafió a Moscú a que pidiera su extradición de Noruega, donde vivía en aquel entonces. Stalin no aceptó y presionó al gobierno noruego para que lo mantuviera aislado. Durante seis meses fue silenciado y se le negó la posibilidad de responder las acusaciones monstruosas que se le imputaban.

¿Por qué Stalin mató a Trotsky?

 Stalin estaba cada vez más preocupado con la actividad de Trotsky en el exilio, por eso su obsesión era matarlo. A principios de 1939 hizo una de sus habituales purgas entre el personal de la GPU y puso como subdirector del Departamento del Extranjero a Pavel Sudoplatov. En 1992, cuando relató sus memorias en el libro Operaciones especiales, contó que su misión, con todos los recursos disponibles, era matar a Trotsky. Según detalla, Stalin le habría dicho cuando lo convocó en marzo de 1939: “En el movimiento trotskista no hay figuras políticas importantes aparte del propio Trotsky. Eliminando a Trotsky, la amenaza desaparece (...) Trotsky debe ser eliminado irremediablemente”. Según Sudoplatov, “el núcleo de la lucha ideológica entre los líderes” era la idea de Stalin de “la revolución en un solo país, en contra del internacionalismo de Trotsky”, cuyos esfuerzos en el exilio “para escindir y luego controlar el movimiento comunista mundial estaban perjudicando a Stalin y a la Unión Soviética”. Los recuerdos de Sudoplatov son fieles a aquel enfrentamiento desigual entre Trotsky, exiliado con algunos millares de seguidores, y Stalin, al frente de un superpoderoso aparato burocrático contrarrevolucionario que dominaba a la poderosa Unión Soviética. 

 En lo que sí tuvieron razón los agentes estalinistas fue que la tarea de Trotsky en el exilio fue titánica. Ganándose la vida como escritor, trasladándose de país en país sin más que un puñado de colaboradores, denunciando paso a paso la política contrarrevolucionaria del dictador, del PCUS, la Tercera Internacional y sus partidos satélites, la política suicida de dividir a los trabajadores alemanes frente al ascenso de Hitler, la capitulación a la burguesía en España y Francia con el Frente Popular, el fenómeno de la degeneración burocrática y la represión en la URSS y llamando a una nueva revolución política porque el “viejo partido ha muerto”. Junto con estas denuncias comenzó a formar una alternativa, impulsando desde 1933 la formación de una cuarta internacional, que se concretó en 1938, aunque mantuvo la defensa incondicional de la URSS ante cualquier ataque militar imperialista.

 En 1939 el mundo se sorprendió ante la firma del tratado de “no agresión” entre Stalin y Hitler. Esto dio la confianza que los nazis necesitaban para invadir Polonia, que significó el comienzo de la Segunda Guerra Mundial. Trotsky denunció en solitario este pacto como un crimen político y reiteró que la verdadera intención de Hitler era invadir la URSS, que solo buscaba tiempo para prepararla. Solo Trotsky denunciaba que, siendo sistemas socialmente opuestos (Alemania potencia imperialista, la URSS un Estado obrero degenerado) el estalinismo y el nazismo eran regímenes totalitarios muy parecidos, que Stalin y Hitler eran “estrellas gemelas”. Después de agosto de 1939, las campañas difamatorias contra Trotsky de un día para el otro reemplazaron la esvástica y el mote de “agente nazi” por el de “agente de EE.UU. y la bandera yanqui”.

 Con su actividad, Trotsky era una estaca clavada en el corazón de la burocracia. Encarnaba la continuidad de lo que Stalin y su aparato habían destruido, el programa revolucionario, la democracia obrera, el internacionalismo, es decir, el auténtico leninismo.

Su legado sigue vigente

 La corriente que impulsamos desde la UIT-CI reivindica la trayectoria de Trotsky con su decisión más importante, la fundación de la Cuarta Internacional y la absoluta necesidad de construir partidos revolucionarios. El Programa de Transición de 1938 sigue siendo una orientación clave para responder con una política revolucionaria a las nuevas direcciones reformistas. La lucha contra el capitalismo imperialista mundial, los gobiernos burgueses en cada país en defensa de los derechos de los trabajadores, los campesinos, la juventud y demás sectores populares para desarrollar la movilización y conquistar con las revoluciones triunfantes lo más importante, los gobiernos obreros y populares que construyan un verdadero socialismo en todo el mundo.   

* Ramón Mercader (1913-1978). Militante del estalinista PC español. Nunca reconoció que fue enviado por Stalin. Fue condenado a veinte años de prisión. En mayo de 1960 acabó su condena y pudo viajar a Moscú con un pasaporte checoslovaco. Fue condecorado en secreto como héroe de la Unión Soviética con la Orden de Lenin y la Medalla de Oro. Luego se radicó en La Habana, Cuba, donde falleció. Fue protegido por el régimen de Fidel y Raúl Castro. Está enterrado en el cementerio moscovita de Kuntsevo, reservado a héroes de la Unión Soviética, con un nombre falso, Ramón Ivánovich López. 

**Leopold Trepper (1904-1982). Militante comunista polaco de origen judío. Era el jefe de la “Orquesta Roja”, una red de espionaje prosoviética que actuaba en Berlín bajo el nazismo. Sus “pianistas” o radiotransmisores enviaban a Moscú despachos de gran importancia. Trepper y su “orquesta” anticiparon la invasión alemana a la Unión Soviética en 1941. Pero Stalin no lo tomó en cuenta. Después de la guerra, Trepper estuvo preso en la ex URSS.