CONVOCATORIA EN SOLIDARIEDADE CON PALESTINA NA GUARDA
Baixo Miño con Palestina / A Guarda
Baixo Miño con Palestina convoca a cidadanía da comarca a concentrarse contra o exterminio do pobo Palestino este día 8 de Setembro, na praza Avelino Vicente, da Guarda, ás 20:00 da tarde. Haberá mobilizacións simultáneas en numerosas vilas galegas, convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina, e marcan o camiño a camiño a unha grande manifestación nacional que terá lugar en Santiago de Compostela o día 5 de Outubro.
Cada día que pasa a situación da faixa de Gaza e de Cisxordania agrávase, cunha situción de fame negra oficialmente declarada pola ONU, na que centenas de crianzas están falecendo pola privación de alimentos, auga e medicina ás que o estado sionista as somete. Decenas de milleiros de persoas están en grave risco de morte por desnutrición nestes momentos. A poboación de todo o mundo debe mobilizarse de forma contundente e ampliar o boicote ao estado de Israel e os seus negocios. Incluímos nisto a equipa israelí de ciclismo que para vegoña de todas nós participa actualmente da Vuelta a España. Chamamos a manifestar neste evento o repudio da poboación ao xenocidio dos nosos tempos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario