O Concello convida a artesáns e asociacións sen ánimo de lucro da comarca, a participar nun mercado
• Ten previsto organizar un pequeno mercado na Praza de Avelino Vicente, durante a última fin de semana de agosto e a primeira de setembro
• E abre unha convocatoria de inscrición para a participación no mesmo.
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda ten previsto organizar un pequeno mercado na Praza de Avelino Vicente durante a última fin de semana de agosto e a primeira de setembro, e abre unha convocatoria de inscrición para a participación no mesmo.
Coa organización dese evento a Concellería de Desenvolvemento Local busca apoiar ao sector da artesanía, especialmente golpeado durante este verán pola crise sanitaria, pero tamén favorecer ás entidades de acción social que tanta axuda levan prestado durante a pandemia. Paralelamente espérase que o mercado tamén funcione como un atractivo máis, que de vida ás nosas rúas e estimule as compras nos comercios e o consumo na hostalaría da localidade.
A participación no mercado será gratuíta e o Concello proporcionará a cada artesán ou asociación un stand, ata acadar un máximo de 20 postos. Pola súa parte os e as artesás, así como as asociacións deberán comprometerse a manter os postos abertos os venres pola tarde en horario de 17:00 a 20:30, e os sábados e domingos en horario de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30, durante as dúas fins de semana.
Os e as profesionais interesados/as, así como as asociacións, deberán presentar as súas solicitudes antes do 24 de agosto ás 14:00 horas a través da dirección de correo electrónico turismo@aguarda.es.
Os artesáns deberán indicar nese correo electrónico os seguintes datos: nome e apelidos, teléfono de contacto, concello no/a que están empadroados/as e descrición dos produtos de artesanía que ofrecen. Así mesmo deberán deixar constancia por escrito nese mesmo correo o seu compromiso para manter aberto o posto durante todo o período de duración do mercado, respectando os horarios do mesmo.
No caso das asociacións deberán indicar: nome da asociación, nome e apelidos da persoa representante da mesma, tipo de produtos que venden e localidade na que ten a súa sede social. Así mesmo deberán tamén comprometerse por escrito a abrir os postos respectando o horario e datas nas que terá lugar o mercado.
Posteriormente poderáselles requirir documentación para verificar os datos que aportan na solicitude.
Ningún comentario:
Publicar un comentario