De acordo coa documentación facilitada polo executivo local, as características da contorna da igrexa parroquial de Santa María de A Guarda presentan as seguintes "debilidades: opresión do estacionamento, prazas=bacios urbanos, carácter de espazo residual e constrinximento da igrexa".
Porén, o proxecto de humanización da devandita contorna conleva varias "oportunidades: espazo de permanencia, valor social, valor patrimonial, carácter de conxunto, localización [no] Camiño de Santiago, rede de vías, rede de prazas e características morfolóxicas".
Entre os obxectivos da proposta figuran os seguintes: "a revitalización do entorno da igrexa, crear novos espazos de permanencia, potenciar o uso peonil, prover de unidade ao conxunto, garantir a reversibilidade, dinamizar a interacción e pluralidade social, sustentabilidade = continuidade temporal, xerar un punto de atracción e expansión local".
DÚAS PROPOSTAS, IDÉNTICOS OBXECTIVOS
A hora de decidir pola veciñanza que proposta desexa, desde Infogauda queremos salientar que a proposta 1, "actúa sobre o total da envolvente, incluídas as prazas existentes".
"As prazas adquiren unha nova identidade, revestidas en chapa preta e madeira"; "unha serie de prismas irregulares, dispersos pela envolvente, complementan o conxunto" e "a triangulación é a base conceptual que organiza a proposta", con alomenos cinco enclaves de referencia para os veciños e visitantes: Camiño de Santiago, Fortaleza de Santa Cruz, Praza do Reló, porto pesqueiro e Museo do Mar.
"Cada un dos elementos da proposta xurde e configúrase en base a triangulación de outros elementos".
A súa vez, na proposta prevese unha "tripla función dos elementos: xerar permanencia (bancadas) + recuperar o carácter peonil do entorno da Igrexa + introducir vexetación", salientando a "permanencia peonil = eixe estruturador".
E na proposta 2, "as prazas existentes manteñen o seu carácter actual". En todo caso cos "mesmos obxectivos: peón, permanencia e unidade".
A "unidade [no] entorno a igrexa" reforza o "carácter da proposta como principio dinamizador" na que "o peón é o protagonista".
Á proposta 2 contempla os "mesmos obxectivos: peón, permanencia, unidade".
Esta proposta "desenvólvese a partir dunha serie de elementos lineares que organizan o entorno creando novos espazos de permanencia (praciñas)", e "as prazas existentes manteñen o seu carácter actual".
Dentro da proposta 2 prevese [unha] "tripla función dos elementos lineares: xerar permanencia (bancadas); recuperar o carácter peonil do entorno da igrexa; e distribuír fluxos peonís".
Asemade, "a vexetación é integrada nos novos espazos de permanencia (praciñas) e nos elementos lineares".
Finalmente "procúrase a uniformidade e articulación do entorno da igrexa" a fin de "retornar o desfrute do espazo ao peón e xerar un foco de atracción e expansión local".