A Xunta de Galicia implanta unha estrutura de retención de areas no sistema de saneamento do concello da Guarda
As obras teñen por finalidade evitar a acumulación de depósitos de area que se producen con frecuencia no colector
A actuación foi adxudicada á empresa Demain Obras y Servicios S.L., por
preto de 50.000 euros e ten un prazo de execución de 12 semanas
As obras estánse desenvolvendo na pista de acceso á Xunqueira e Ribeira de Salcidos (A Guarda)
Foto: X.G.
Foto: X.G.
Infogauda / Salcidos
A Xunta de Galicia vén de iniciar a execución dunha estrutura de
retención de areas no sistema de saneamento do concello da Guarda. A
actuación foi adxudicada á empresa Demain Obras y Servicios S.L., por
preto de 50.000 euros, e ten un prazo de execución de 12 semanas.
A
depuradora de A Guarda recibe as augas residuais deste municipio e do
Rosal a través de dous colectores. Un deles, procedente da zona de
Salcidos, ten unha pendente mínima, que fomenta que se depositen áreas
nel, o que dificulta a circulación das augas. Co fin de resolver estes
problemas, a Xunta de Galicia está a colaborar con eses concellos a
través da execución dunha arqueta areeiro na súa rede de saneamento.
Trátase
da construción dunha estrutura que permite reter esas areas nun punto
concreto do colector procedente de Salcidos, que se preparará para que o
Concello de A Guarda poida recollelas e posteriormente xestionalas, como
parte dos labores de conservación e mantemento que levan a cabo na rede
de saneamento.
Esta actuación encádrase como unha fase máis dentro
do marco de colaboración que a Xunta de Galicia está a levar a cabo con
estes concellos en materia de saneamento, no que tamén se traballa nun
proxecto máis ambicioso, consistente nunha mellora integral do colector
de saneamento do Rosal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario