· E convida a cidadanía a elexir entre dúas propostas
Esta infografía corresponde a proposta 1 - que actúa sobre o total do envolvente, incluídas as prazas adxacentes - do proxecto de humanización da contorna da igrexa parroquial de Santa María de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O equipo de goberno do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz vén de facer público que na súa "liña de humanizar espazos da vila" ten previsto "eliminar o estacionamento de vehículos do entorno da igrexa parroquial e dotar este espazo de mobiliario para recuperalo para as persoas".
Desde o executivo local indican que "o mobiliario permitirá a circulación de vehículos e servirá de protección aos peóns, pero en ningún caso deixará espazos para o estacionamento salvo a reserva dunha praza para persoas con mobilidade reducida e outra para carga e descarga.
Con esta idea, dende o concello, encargouse á arquitecta da localidade, Ana [Isabel] Lima [Pacheco], que fixera dúas propostas diferentes para que fora a propia cidadanía a que seleccionara a que mais lle gustara.
Esta infografía corresponde a proposta 2 - sen incidencia sobre as prazas - presentada para á humanización da contorna da igrexa parroquial de A Guarda
Chegado este punto o concello fai públicas as propostas a través de internet e mediante dous paneis no propio edificio municipal para que aquelas persoas que queiran participar na decisión, se acheguen a expresar a súa opinión nunha urna que estará emprazada no posto de información do novo concello.
Poderán participar na votación os maiores de 16 anos empadroados na Guarda. Para exercer o dereito ao voto deberán facelo coa presentación do DNI. O proceso estará aberto dende o martes, día 16 de xuño ás 9:00 h, ata o venres, día 19 ás 13:00 h, en horario de atención ao público (de 9:00 a 13:00). O resultado da votación farase público o luns día 22 de xuño".
De acordo coa documentación facilitada polo executivo local, as características da contorna da igrexa parroquial de Santa María de A Guarda presentan as seguintes "debilidades: opresión do estacionamento, prazas=bacios urbanos, carácter de espazo residual e constrinximento da igrexa".
Porén, o proxecto de humanización da devandita contorna conleva varias "oportunidades: espazo de permanencia, valor social, valor patrimonial, carácter de conxunto, localización [no] Camiño de Santiago, rede de vías, rede de prazas e características morfolóxicas".
Entre os obxectivos da proposta figuran os seguintes: "a revitalización do entorno da igrexa, crear novos espazos de permanencia, potenciar o uso peonil, prover de unidade ao conxunto, garantir a reversibilidade, dinamizar a interacción e pluralidade social, sustentabilidade = continuidade temporal, xerar un punto de atracción e expansión local".
DÚAS PROPOSTAS, IDÉNTICOS OBXECTIVOS
A hora de decidir pola veciñanza que proposta desexa, desde Infogauda queremos salientar que a proposta 1, "actúa sobre o total da envolvente, incluídas as prazas existentes".
"As prazas adquiren unha nova identidade, revestidas en chapa preta e madeira"; "unha serie de prismas irregulares, dispersos pela envolvente, complementan o conxunto" e "a triangulación é a base conceptual que organiza a proposta", con alomenos cinco enclaves de referencia para os veciños e visitantes: Camiño de Santiago, Fortaleza de Santa Cruz, Praza do Reló, porto pesqueiro e Museo do Mar.
"Cada un dos elementos da proposta xurde e configúrase en base a triangulación de outros elementos".
A súa vez, na proposta prevese unha "tripla función dos elementos: xerar permanencia (bancadas) + recuperar o carácter peonil do entorno da Igrexa + introducir vexetación", salientando a "permanencia peonil = eixe estruturador".
E na proposta 2, "as prazas existentes manteñen o seu carácter actual". En todo caso cos "mesmos obxectivos: peón, permanencia e unidade".
A "unidade [no] entorno a igrexa" reforza o "carácter da proposta como principio dinamizador" na que "o peón é o protagonista".
Á proposta 2 contempla os "mesmos obxectivos: peón, permanencia, unidade".
Esta proposta "desenvólvese a partir dunha serie de elementos lineares que organizan o entorno creando novos espazos de permanencia (praciñas)", e "as prazas existentes manteñen o seu carácter actual".
Dentro da proposta 2 prevese [unha] "tripla función dos elementos lineares: xerar permanencia (bancadas); recuperar o carácter peonil do entorno da igrexa; e distribuír fluxos peonís".
Asemade, "a vexetación é integrada nos novos espazos de permanencia (praciñas) e nos elementos lineares".
Finalmente "procúrase a uniformidade e articulación do entorno da igrexa" a fin de "retornar o desfrute do espazo ao peón e xerar un foco de atracción e expansión local".

Pero, ¿non sería más axieitado utilizar granito en vez de chapa?
ResponderEliminar