12 de xuño de 2020

SALCIDOS (A GUARDA)

ACLARACIÓN PÚBLICA DA XUNTA REITORA DA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN DE SALCIDOS
 
   A imaxe reflicte a zoa das obras
Foto: X.G.


 RELACIONADO COA NOTICIA PUBLICADA POLA XUNTA DE GALICIA: “A XUNTA DE GALICIA IMPLANTA UNHA ESTRUTURA DE RETENCIÓN DE AREAS NO SISTEMA DE SANEAMIENTO DO CONCELLO DA GUARDA”.

 A XUNTA REITORA DA COMUNIDADE DE MONTES DE SALCIDOS, QUERE ACLARAR QUE PARA QUE ESTA OBRA FOSE REALIZADA TIVÉRONSE QUE EFECTUAR DIVERSAS XESTIÓNS, TANTO A NIVEL DE CONCELLOS COMO DE PARTIDOS POLÍTICOS E ORGANISMOS PÚBLICOS DEBIDO O PROBLEMA DA VERTEDURA  EN “A XUNQUEIRA” DE SALCIDOS POR PARTE DO COLECTOR DE AUGAS RESIDUAIS QUE VAI POLA PISTA DE ACCESO O CAMPING SANTA TECLA, E NO QUE ESTÁ CONECTADO O SANEAMENTO DO VECIÑO CONCELLO DE O ROSAL. 

 DICIR TAMÉN QUE ESTA ZONA ESTÁ CONSIDERADA COMO “ZONA DE ESPECIAL PROTECCIÓN DE AVES” (ZEPA) E HAI DOUS OBSERVATORIOS ORNITOLÓXICOS, POLO QUE GOZA DE CERTA INMUNIDADE. 

 ESTA COMUNIDADE COMO PROPIETARIA DESTES TERRENOS REALIZA DENTRO DAS SÚAS POSIBILIDADES O MANTEMENTO DA ZONA, CON ALGUNHA COLABORACIÓN PUNTUAL DO CONCELLO DA GUARDA. 

 POR PARTE DAS ADMINISTRACIÓNS DA XUNTA DE GALICIA NUNCA SE PREOCUPARON DESTAS VERTEDURAS PESE A DENUNCIAS DO SEPRONA, ORGANIZACIÓNS ECOLOXISTAS, E A PROPIA COMUNIDADE DE MONTES E PERSOAS QUE PASEAN POLA ZONA E VECIÑOS QUE REALIZAN APROVEITAMENTOS, TANTO DE PASTOREO COMO PARA FINS AGRÍCOLAS. 

 A XUNTA REITORA DESTA COMUNIDADE, EN VISTA DE QUE PESE AS DENUNCIAS, NINGUN ORGANISMO SOLUCIONABA NADA, DECIDIU DE REALIZAR AS XESTIÓNS NECESARIAS  PRA SOLUCIONAR O PROBLEMA, CHEGANDO  HAI TRES ANOS E POLA MEDIACIÓN DUN PARTIDO POLÍTICO A VISITAR UN ALTO GOBERNANTE DO PARTIDO QUE LEVA VARIOS ANOS NO PODER DESTA AUTONOMÍA, EXPLICÁNDOLLE ENTRE OUTRAS ESTA ANOMALÍA DAS VERTEDURAS E COMPROMETÉNDOSE  ESTE, A VISITAR A ZONA, DITO POR EL, QUE NON A COÑECÍA, E VER “IN SITU” O PROBLEMA. 

 COMO É NORMAL  NOS POLÍTICOS, NON SE DIGNOU EN APARECER, E A PESAR DE QUE A ESTA VILA VEU O MENOS UNHA VEZ APOIAR O CANDIDATO A ALCALDÍA DO SEU PARTIDO NUN MITIN. UN COMPONENTE DA XUNTA REITORA ACUDIU PARA LEMBRARLLE A SÚA PROMESA DA VISITA ACORDADA, PERO TAMPOUCO RESULTOU. 

 FALOUSE ENTÓN COS RESPONSABLES DO CONCELLO DA GUARDA E O ROSAL, SOLICITANDO UNHA ENTREVISTA CON “AUGAS DE GALICIA”, ENTIDADE PÚBLICA ENCARGADA DE XESTIONAR OS SANEAMENTOS DOS CONCELLOS E A DONDE ACUDIMOS FAI MÁIS DUN ANO; CONCELLEIRO DE OBRAS DA GUARDA, CONCELLEIRA DA ANTERIOR CORPORACIÓN DO ROSAL  E COMPOÑENTES DA XUNTA REITORA DESTA COMUNIDADE ONDE FOMOS RECIBIDOS POLA PRESIDENTA, E O ENXEÑEIRO RESPONSABLE DE PROXECTOS. 

 DESPOIS DE EXPOÑER CADA PARTE O SEU MODO DE VISTA, E DADO QUE O PROXECTO QUE SE QUERÍA FACER NON SATISFACÍA AS PRETENSIÓNS DOS COMPOÑENTES DA XUNTA REITORA, XA QUE A COUSA IBA PARA ANOS, LOGROUSE O COMPROMISO POR PARTE DA PRESIDENTA DE FACER A CORTO PLAZO O SISTEMA DE RETENCIÓN DE AREAS CUXAS OBRAS EMPEZARON ESTES DÍAS, PERO QUE SEGUEN SEN CONVENCER, DADO QUE NON SOLUCIONARÁ O CAUDAL DAS PLUVIAIS EN DÍAS DE CHOIVA E QUE PROCEDEN DO VECIÑO CONCELLO  DO ROSAL, E TAMÉN POR FALTA DE LIMPEZA DAS TUBERÍAS, LABOR QUE TEÑEN QUE ACOMETER OS CONCELLOS, SEGÚN PALABRAS DA RESPONSABLE DE “AUGAS DE GALICIA” , E LEVAN OITO ANOS SEN FACELO.

 POR TODO O EXPOSTO, ESTAS OBRAS NON FORON IMPULSADAS POLA XUNTA DE GALICIA COMO QUEREN FACER CRER NO SEU COMUNICADO, SENÓN POLA XESTIÓN DA XUNTA REITORA DA COMUNIDADE DE MONTES DE SALCIDOS APOIADOS POLO CONCELLEIRO DE OBRAS DA GUARDA E A CONCELLEIRA DO ROSAL NA QUE DELEGOU A ALCALDESA DA ANTERIOR CORPORACIÓN DAQUEL CONCELLO, E QUE COMO, REPETIMOS UNHA VEZ MAIS ESTE “PARCHE” NON VAI SOLUCIONAR AS VERTEDURAS, ESTA COMUNIDADE ESTÁ DISPOSTA A TOMAR TODAS AS MEDIDAS LEGAIS NECESARIAS PARA QUE OS RESPONSABLES  ERRADIQUEN AS VERTEDURAS NUNHA ZONA PROTEXIDA PERO AO MESMO TEMPO TAN DESPROTEXIDA POR TÓDALAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS. 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario