13 de out. de 2020

A GUARDA

A OMIX DE A GUARDA ORGANIZA UN OBRADOIRO DE CONVERSAS EN INGLÉS

Será os martes e xoves do vindeiro mes de novembro


 Infogauda / A Guarda

 A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de A Guarda organiza un obradoiro de inglés, coa intención de facilitar un curso no que falar e de paso pasar un rato divertido aprendendo.   

 Quen desexe practicar o seu inglés, este curso é unha moi boa oportunidade. Levarase a cabo durante o mes de novembro, os martes e xoves de 19:30 a 21:30 horas. O prezo é de 20€ / praza. 

 As persoas que desexen informarse e ter acceso a súa praza, deberán inscríbirse na OMIX de A Guarda, a través do correo electrónico informacion@aguarda.es ou contactando co teléfono 676 347 890.

Ningún comentario:

Publicar un comentario