13 de out. de 2020

EMPREGO

O Concello do Rosal incorpora dúas novas traballadoras ao persoal municipal  

A través do programa O teu primeiro emprego, da Deputación de Pontevedra  

Desempeñaran o seu labor no departamento de Urbanismo e nas oficinas xerais do Concello  

 

                                          Casa do Concello do Rosal

 

Infogauda / O Rosal

 O Equipo de Goberno Municiapl do Concello do Rosal vén de facer público que dúas novas traballadoras acaban de incorporarse ao persoal do Concello do Rosal a través do programa O teu primeiro emprego, da Deputación de Pontevedra. Trátase dunha persoa con titulación de arquitecto que traballará durante os vindeiros meses no departamento de Urbanismo e doutra especializada en administración e finanzas que xa se incorporou ás oficinas xerais do Concello”.

“Non só é unha oportunidade para contar con novos profesionais no Concello, senón que deste xeito tamén podemos axudar aos mozos e mozas a desembarcar no mundo laboral e a contar cunha experiencia á que sacarán moito partido por todo o que continuarán aprendendo”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.  

 Estas dúas persoas contan cun contrato laboral de seis meses prorrogables por outros seis e cunha retribución segundo o estipulado nas bases da convocatoria. 

 Con esta iniciativa a Deputación de Pontevedra busca facilitar que as persoas tituladas universitarias e de ciclos superiores de formación profesional poidan acceder dentro da provincia a un primeiro emprego parello ao nivel de estudos cursados, adquirindo experiencia profesional e facilitando a súa futura inserción no mercado de traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario