13 de out. de 2020

TOMIÑO

AS CONCELLEIRAS DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE, DENUNCIAN QUE A RECOLLIDA DE FIRMAS EN FAVOR DA SANIDADE PÚBLICA É UN FRAUDE

 

Violeta de Santiago -á dereita da imaxe - e Mirta Misa, concelleiras do PSdeG-PSOE en Tomiño

 

Infogauda / Tomiño 

 Os socialistas de Tomiño denuncian que a campaña de recollida de firmas en favor da sanidade pública, levada a cabo ao longo desta semana polo BNG no Concello de Tomiño, é un fraude por non ter validez ningunha ó non requerir nin a sinatura nin o número do DNI dos asinantes

 As concelleiras socialistas ante a evidencia de non estar solicitando o DNI, consultaron diferentes fontes xurídicas con idéntico resultado: 

 Todas esa firmas non son válidas. Para que unha sinatura sexa válida para presentar ante un xuíz, ou ao Parlamento como pretende o BNG, necesítase nome completo, número de DNI e sinatura en follas seguidas, polas dúas caras e sen espazos entre unha folla e outra. Esta é a única maneira de  poder acreditar e verificar  ditas firmas”.

 Violeta de Santiago e Mirta Misa, concelleiras do PSdeG-PSOE en Tomiño amosan o seu estupor ó comprobar que a razón esgrimida para non esixir o DNI é a COVID-19.  

 Non entendemos - engaden Violeta e Mirta -  a relación causa efecto que poida derivarse de aportar un DNI ou asinar, co virus, sobre todo cando o bolígrafo é compartido por todas e todos os firmantes, polo  que consideramos absurdo o argumento dado como excusa”.

 Á vista destes feitos, esiximos ó goberno municipal do BNG un mínimo de seriedade e rigor ante un problema tan grave como o da sanidade pública en Tomiño. Non se pode comprender como gobernando dende hai casi 14 anos se poidan cometer erros como este e mesmo pareza unha burla aos usuarios. A veciñanza de Tomiño non merece este trato. Poñámonos a traballar xuntos polo ben común!. Ese é o reto que lanzan as concelleiras do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Tomiño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario