25 de xuño de 2025

A GUARDA

Nadia Vázquez Martínez, unha das protagonistas do concerto coa Real Filharmonía de Galicia, no Auditorio de Galicia

 Ademais, a gaiteira de A Guarda vén de ser nomeada novo membro dos Amigos de la Cultura Celta

 

Nadia Vázquez Martínez - á esq. do director - nun momento da súa actuación coa Real Filharmonía de Galicia

Foto: R.F. de G.

Nadia Vázquez - 3ª pola der., na 1ª fileira - logo de ser nomeada novo membro   da asociación Amigos de la Cultura Celta, en Alcalá de Henares

Foto: A. de A. de H.


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de facer público nunha rede social o seguinte: "Menudo orgullo poder dicir que Nadia Vázquez é guardesa, porque esta semana non puido levar máis alto o nome da nosa vila".  

 O xoves, 19 de xuño, no Auditorio de Galicia, a gaiteira guardesa foi unha das protagonistas no concerto de presentación da temporada de abono 2025/2026, da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Baldur Brönnimann. Foi un concerto especial, aberto a toda á cidadanía. 

 Un encontro entre a tradición e a contemporaneidade que encheu a sala de emoción, cor e enerxía. Unha actuación única que conectou o territorio celebrando a cultura desde o corazón.

 Por outra banda, Nadia Vázquez é a primeira muller con máster en interpretación musical na especialidade de gaita galega. "Un feito histórico" - segundo indicou Lorena Freijeiro Alonso (Vigo, 1983), intérprete e docente de gaita galega-, que públicamente afirmou [sentir] "un inmenso orgullo de que ese título leve o nome de Nadia Vázquez". 

 Ademais, Nadia Vázquez Martínez vén de recibir un premio moi especial en recoñecemento á súa destacada labor dentro do ámbito de cultura e patrimonio. Trátase do seu nomeamento como novo membro  'ad honorem', dos Amigos de la Cultura Celta, acto que tivo lugar no XIV Encuentro "El Mosaico Céltico: Carpetanos" celebrado no  'Salón de Actos de la Casa de Socorro', en Alcalá de Henares (Madrid).

Ningún comentario:

Publicar un comentario