A Xunta de Galicia presenta unha nova edición da campaña “Outono gastronómico” na que participan 70 establecementos
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, indicou que esta campaña é unha firme aposta pola promoción da nosa gastronomía da que xa desfrutaron mais de 70.000 persoas dende que se puxo en marcha
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado do presidente de
Agatur, Juan Luis García e do representante de Fegatur, Francisco
Almuiña, asistiu esta mañá á presentación da campaña “Outono
Gastronómico”
Foto: X.G.
Foto: X.G.
Infogauda / Santiago de Compostela
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, acompañado do presidente de
Agatur, Juan Luis García e do representante de Fegatur, Francisco
Almuiña, asistiu esta mañá á presentación da campaña “Outono
Gastronómico” na súa xa XIV edición, na que participan 70
establecementos de turismo rural galegos e que terá lugar ata o 13 de
decembro.
Segundo explicou Alfonso Rueda, esta campaña é unha
aposta polos produtos turísticos galegos máis consolidados, deseñada
para dinamizar a demanda turística despois da época estival e na que ao
longo dos seus 14 anos de historia xa desfrutaron máis de 70.000 persoas
que xeraron máis de catro millóns de euros coas súas estadías nos
establecementos de turismo rural adheridos ao programa.
Alfonso
Rueda destacou “que este é un ano no que se converteu o turismo rural en
Galicia nun foco de atracción debemos seguir potenciando Galicia como
destino seguro, e toda a xente que nos queira vir a visitar saiba que
temos moitos espazos, moitos establecementos que se poden visitar con
total garantías sanitarias”.
A campaña á que se suman ano tras ano
máis establecementos é unha boa proba de que a colaboración
público/privada no ámbito do sector turístico xera riqueza para o
territorio e contribúe a dinamizar a nosa gastronomía e á promoción de
produtos como os viños e os licores tradicionais da nosa comunidade.
A
campaña permite desfrutar dun menú así como contar co aloxamento
aproveitando a gastronomía que presenta cada establecemento. Así, o
programa contempla dende a posibilidade de cear nun dos establecementos
adheridos ao programa a un fin de semana outono gastronómico. Como
novidade este ano ofrecese o “Outono plus”, co que as casas
participantes ademais da restauración e o aloxamento, porán á
disposición dos seus clientes distintas outras actividades
complementarias como paseos a cabalo, rafting, sendeirismo, visitas
culturais, entre outros.
Por outra parte, Alfonso Rueda indicou
que de desde o primeiro momento da crise, a Xunta de Galicia traballou
arreo para estar ao lado do sector turístico galego, ben ofrecendo
formación, desenvolvendo protocolos de seguridade nos distintos
subsectores, poñendo en marcha medidas de promoción como a campaña de
publicidade Galicia volve -aínda en marcha- e mesmo creando programas de
incentivo para a contratación dos servizos turísticos de Galicia pola
cidadanía xeral ou colectivos específicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario