Xunta de Galicia e arquitectos opóñense á modificación unilateral do plan estatal de vivenda, que xera 3.000 empregos en Galicia
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo esta mañá unha videoconferencia coa decana do Colexio de Arquitectos de Galicia, Elena Ampudia, quen lle trasladou a inquedanza do sector polas últimas decisións do Goberno central en materia residencial
A
conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, mantivo esta mañá unha videoconferencia coa decana do Colexio de
Arquitectos de Galicia
Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
A conselleira de Medio Ambiente,
Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo esta mañá unha
videoconferencia coa decana do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG),
Elena Ampudia, co fin de analizar as últimas medidas anunciadas polo
Goberno central en materia de vivenda, así como as accións adoptadas
neste sentido pola Xunta co fin de ofrecer garantías desde o punto de
vista residencial aos colectivos máis vulnerables fronte á actual crise
sanitaria.
Durante a xuntanza, na que tamén participou a directora
xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarna Rivas, a decana
trasladoulle á conselleira a inquedanza dos arquitectos galegos e
doutros colectivos cunha relación directa co sector inmobiliario e a
vivenda ante as repercusións que podería acarrerar a aplicación do real
decreto de 31 de marzo polo que se adoptan medidas urxentes
complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao
COVID-19.
Neste sentido, Xunta e COAG coincidiron en subliñar que
non se pode modificar o contido do Plan Estatal de Vivenda 2018-2021 de
forma unilateral e sen escoitar a comunidades e sectores implicados, e
por iso manifestaron a súa oposición a que o Goberno utilice e desvíe
fondos xa asignados e na súa maior parte comprometidos, a financiar
agora unha nova orde axudas dirixida aos mesmos colectivos vulnerables
que se benefician das axudas previstas no devandito plan.
A modo
de exemplo sobre as posibles consecuencias desta decisión, lembraron que
grazas ás subvencións do Plan de Vivenda en Galicia xéranse cada ano
preto de 3.000 postos de traballo. Por iso, a conselleira de Medio
Ambiente trasladoulle unha mensaxe de tranquilidade e subliñou que a
Xunta ten intención de seguir destinando os preto de 42 millóns de euros
que ten asignados a comunidade neste plan para os anos 2020 e 2021 ás
axudas e aos programas que xa están en marcha e publicados nestes
momentos, porque “hai uns dereitos adquiridos”.
Do mesmo xeito,
Vázquez Mejuto subliñou que confiscar os orzamentos que as comunidades
tiñan comprometidos en materia de vivenda para poder financiar os
programas e as decisións do Goberno central, “non é serio” e pode
lastrar aínda máis a economía.
“Non podemos dicir que 75.000
familias galegas van recibir entre 400 e 900 euros mensuais durante
varios meses continuados cando o Goberno saca unha orde sen ningún tipo
de financiamento”, resumiu a conselleira, quen engadiu que así llo
trasladou esta fin de semana o presidente da Xunta, Alberto Núñez
Feijóo, ao seu homólogo estatal, Pedro Sánchez.
Medidas da Xunta
A
situación actual obrigou ás Administracións a situarse ao carón de quen
máis o precisa, co obxectivo de que a crise provocada polo COVID-19
ocasione o menor prexuízo posible á poboación máis vulnerable. Por iso, a
conselleira aproveitou para trasladarlle á decana do COAG as últimas
medidas adoptadas en materia residencial por parte da Xunta de Galicia.
Neste
sentido, referiuse en concreto á decisión do Goberno galego de asumir o
100% da renda mensual dos beneficiarios da axuda do bono de alugueiro
social, ratificada polo Consello da Xunta o pasado 27 de marzo dentro
dun paquete de medidas para axudar ás familias galegas máis vulnerables á
crise do Covid-19 a afrontar os custos de mantemento da súa vivenda
habitual.
Nesta mesma liña, tamén lembrou que a Xunta vén de
convocar unha nova orde de axudas especificamente dirixida ás vítimas de
violencia de xénero dentro do programa do Bono de Alugueiro Social, co
que se garante que un colectivo tan sensible coma este manteña a súa
vivenda no actual contexto de alarma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario