21 de out. de 2019

A GUARDA


GIUSEPPINA Y LEONARDO: DOS SERES HUMANOS FANTÁSTICOS

                                         Leonardo Lucetti y Giuseppina Mussi



Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda 

 Han venido desde Carrara, en la región italiana de Toscana, recorriendo más de 2.000 kilómetros para llegar hasta A Guarda, donde residen.

 Trajeron consigo su humanidad, su simpatía, su sociabilidad,... y muchos otros valores, que  forman parte de su equipaje personal. Pero sobre todo, además de sus sonrisas, vinieron provistos de una decidida voluntad de integrarse en la comunidad vecinal guardesa. Y a fé que lo lograron. Ellos son: Giuseppina Mussi y Leonardo Lucetti.

 Sin dudarlo ni un momento han sumado sus manos a las de las personas que trabajan en la recolección de los materiales necesarios, para llegado el momento confeccionar los tapices florales en honor del Santísimo Sacramento. Y lo han hecho de forma entusiasta, en perfecta camaradería con quienes llevan décadas en esa labor, que tiene mucho de vínculo entre vecinos y no menos devoción en forma de arte efímera, pero sin ningún género de dudas, hermosa a más no poder.

 Giuseppina y Leonardo, se han unido al equipo que coordina María Ángela Martínez Vicente e incluso pusieron a disposición del colectivo que realiza el segundo tramo alfombrado de la calle Concepción Arenal, su apoyo logístico, facilitando el transporte de las personas que salen al campo para recoger los materiales y transportarlos al centro de operaciones habitual.

 A partir de esa relación de amistad y de esa colaboración altruista, han entendido que había razones más que suficientes para celebrarlo. Por ello, han convidado a todas las personas y acompañantes del grupo que coordina Mª Ángela a compartir una sabrosa comida a base de especialidades italianas.
 

  Foto de familia de los anfitriones y sus invitados

 El almuerzo tuvo lugar el domingo día 20 de octubre, en el salón social del Club de la Tercera Edad y Pensionistas de A Guarda, donde todos los participantes – incluído el alcalde Antonio Lomba Baz  - hemos disfrutado del sabroso yantar, preparado para el evento por Giuseppina y Leonardo.



De izq. a der.:  Leonardo Lucetti , Mª Ángela Martínez, Giuseppina Mussi y Antonio Lomba
  

 Y como la ocasión lo merecía, los anfitriones también elaboraron en fechas precedentes una presentación fotográfíca de todo el proceso de elaboración de las alfombras florales del Corpus Churisti en A Guarda, combinando imágenes y diferentes temas musicales, así como el Himno Gallego interpretado por componentes del Grupo de Gaitas del Club de la Tercera Edad y Pensionistas de A Guarda, y la voz de Mª Ángela Martínez Vicente; que dieron a conocer a todos los convidados y que merecieron los aplausos de todos los asistentes.

 Llegado el momento de la sobremesa, en nombre propio y en el de las personas de su equipo, la coordinadora de la alfombra del segundo tramo de la calle Concepción Arenal, les hizo entrega, a Giuseppina y a Leonardo, de un obsequio constituído por dos figuras de Sargadelos, representando a una atadera de redes y a un pescador.

 Como diría a continuación Mª Ángela Martínez Vicente, ese sencillo detalle representa de algún modo, el agradecimiento que todos los presentes queremos expresarles a Giuseppina y a Leonardo.

 No en vano, Giuseppina y Leonardo son dos seres humanos fantásticos.

DEPORTES

O Concello de A Guarda e o Mecalia Atlético Guardés asinan un convenio de colaboración 

Mediante o cal se promove, fomenta e incentiva a práctica deportiva do balonmán de base e de alta competición cunha subvención de 35.000,00€.

De esq. a der.: Mª Montserrat Magallanes Álvarez, José Manuel Silva Vicente e Antonio Lomba Baz, no acto de sinatura do convenio de colaboración
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; a concelleira de Deportes, Mª Montserrat Magallanes Álvarez e o presidente do Mecalia Atlético Guardés, José Manuel Silva Vicente, asinaron na mañá deste luns día 21 de outubro un convenio de colaboración mediante o cal se promove, fomenta e incentiva a práctica deportiva do balonmán de base e de alta competición cunha subvención de 35.000,00€. 

 Esta axuda establécese segundo o proxecto presentado pola entidade deportiva «Tempada competición balonmán 2018-2019» para asumir unha mellor actuación do primeiro equipo, así coma o mantemento das escolas deportivas cos equipos e categorías inferiores. 

 Antonio Lomba aproveitou a ocasión para informar que a liña de fibra óptica do Pavillón Municipal da Sangriña, xa se atopa operativa, e será empregada na retransmisión en streaming - por internet - no encontro correspondente a sexta xornada da Liga Guerreras Iberdrola 2019/2020, do sábado día 2 de novembro, previsto para ás 20:00 horas, que disputarán o Mecalia Atlético Guardés e o Balonmano Salud Tenerife.

 As velocidades de conexión da nova líña de internet multiplicarán por 10 as velocidades actuais de baixada e en 25 as de subida, cunha disponibilidade que permitirá garantir un servizo de calidade. 

 Pola súa banda, Mª Montserrat Magallanes destacou o importante papel que se realiza dende esta entidade deportiva, cun equipo de elite que leva o nome da Guarda por todo o mundo, motivo de orgullo para todo o pobo guardés.

A GUARDA

A ASEMBLEA COMARCAL DE CRUZ VERMELLA BAIXO MIÑO REALIZARÁ A SESIÓN INFORMATIVA “OS DEREITOS DOS NOSO MAIORES”

A sesión realizarase o xoves 31 de outubro de 10:30 a 12:00 horas, na Casa dos Alonso

Nesta nova actividade, impartida por un avogado, os maiores coñecerán os seus dereitos e recibirán información sobre a lei de dependencia 
   

Cruz Vermella / A Guarda 

 O xoves 31 de outubro, de 10:30 a 12:00 horas, na Casa dos Alonso (Praza do Reló, nº 1), Cruz Vermella en Baixo Miño ofrecerá a sesión informativa “Os dereitos dos maiores”, dirixida a persoas  maiores de 65 anos. 

 Os principais obxectivos desta charla son: dar a coñecer aspectos tan importantes como a protección das persoas maiores segundo o dereito (os dereitos humanos, o dereito internacional e o dereito nacional), e informar sobre a capacidade xurídica e a capacidade de obrar, así como sobre a lei de dependencia, incapacidade e tutela; entre outros aspectos. A sesión correrá a cargo do avogado Roberto Álvarez  Carrero.   

 Estas accións atópanse enmarcadas no proxecto denominado Bo Trato ás persoas maiores, promoción do trato adecuado e protección fronte aos malos tratos en Cruz Vermella, que a Asemblea Comarcal de Baixo Miño desenvolve co financiamento do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, e co que se pretende favorecer a adquisición de competencias persoais para a prevención de situacións de malos tratos, abuso ou neglixencias aos maiores de 65 anos. Para iso, exponse a realización de talleres para facilitar o desenvolvemento e o mantemento da autoestima e do estado emocional, ademais de achegar maior seguridade a estas  persoas.   

 Durante o ano 2019, traballamos con máis de 60 maiores desde o programa de Bo Trato, realizando sesións de orientación, seguimento e coordinación con varios grupos da comarca para previr este tipo de situacións ou actuar no caso de que se produzan, realizando unha atención tanto coas persoas como coa contorna.   

 Para poder participar neste taller é necesario inscribirse con antelación na sede de Cruz Vermella Baixo Miño. Ademais, as persoas interesadas poderán informarse dos diferentes proxectos e actividades que Cruz Vermella desenvolve para persoas maiores nesta comarca.    

Máis información:   

Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño 
Rúa Agustín  Nandín Lomba, nº 1 Baixo
A Guarda
laguardia@cruzroja.es    
Teléfono: 986 614 609

A GUARDA

Obradoiro de Emprego sobre “Atención sanitaria a persoas dependentes no domicilio”

Últimos días para anotarse

O Concello de A Guarda acollerá o obradoiro de emprego “Manuel B. Portela VI” de “Atención sanitaria a persoas dependentes no domicilio”
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 
 
 O Concello de A Guarda acollerá o obradoiro de emprego “Manuel B. Portela VI” de “Atención sanitaria a persoas dependentes no domicilio”, aprobado recentemente pola Xunta de Galicia e que consiste nun programa mixto de emprego e formación no que os participantes acadarán un certificado de profesionalidade.      

 A finalidade do obradoiro e mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas posibilitando ao alumnado a realización dun traballo efectivo que, xunto coa formación para o emprego recibida, busque a súa cualificación profesional e inserción laboral nun sector, o asistencial, con unha importante demanda.  

 A duración do obradoiro será de 9 meses e contará cun investimento de 336.446€. Os participantes terán un contrato de formación durante a duración do obradoiro.  

 A selección de candidatos remata xa este mércores e realízase a través do INEM e, dado que se trata dunha formación de nivel II, os inscritos como demandantes deberán ter a titulación de graduado na ESO.  

 Este obradoiro forma parte da Axenda 20 para o Emprego que inclúe, entre os seus obxectivos, mellorar a formación, capacitación e especialización dos traballadores ao longo da vida laboral.

A GUARDA

O Concello abre o prazo para participar en «Decora o teu Nadal 2019» 

Este ano o tema obxectivo vai ser «Nadal Mariñeiro»

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Cultura, ven de lanzar as bases para «Decora o teu Nadal 2019», unha campaña centrada no embelecemento da nosa vila, de cara a unha das datas mais importantes para a mesma, o Nadal, época de lecer e reencontro coa familia e os amigos.  

 Deste xeito á Concellería de Cultura convida a todas as asociacións e colectivos guardeses a participar un ano máis, e implicarse na decoración de Nadal de espazos públicos do municipio aportando a súa creatividade e bo facer.  

 Este ano o tema obxectivo de «Decora o teu Nadal 2019» vai ser «Nadal Mariñeiro», rematando deste xeito o ano 2019 co mar coma protagonista.  

 Cada asociación ou colectivo poderá participar cun máximo de unha proposta, sendo preciso empregar materiais, principalmente de refugallo, non contaminantes e resistentes ao exterior.  

 As bases completas xa están a disposición dos interesados no Departamento de Cultura do Concello de A Guarda e na web municipal.  

 O prazo de participación xa está aberto ata o 4 de novembro a través do Departamento de Cultura do Concello da Guarda, enchendo o formulario de participación.  

 Máis información no 986 610 000 ou en culturaguarda@gmail.com

OIA

Degustación “A Gastronomía galega fai camiño” 

No Camiño Portugués da Costa

 

Infogauda / Oia 

 Dende a Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia en colaboración cos Grupos de Desenvolvemento Ruralestamos a levar a cabo o Proxecto "A gastronomía fai camiño" que forma parte do programa O teuXacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.

 Os obxectivos do proxecto son a  elaboración dunha guía de pratos tradicionais e de producións locais e de tempada polas comarcas por onde transcorren os Camiños de Santiago e a realización dunha degustacións destas receitas convidadando aos restaurantes e aos Grupos de Desenvolvento Rural dese Camiño coa finalidade de animar aos hostaleiros a ofertar un menú para as persoas que peregrinen e o turismo en xeral elaborado con productos locais, tradicionais e de tempada.  

 A través do proxecto a gastronomía fai camiño preténdese tamén dar a coñecer as tradicións asociadas a estes produtos. 

 A undécima degustación organizada pola Asociación de GDRS en colaboración co GDR 14, Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurura lterá lugar  este martes día 22 de outubro ás 19:00 horas no restaurante Casa Henriqueta, no Concello de Oia, un dos concellos por onde transcorre o Camiño Portugués da Costa. 

 Están convidados a participar os restaurantes e os Grupos de Desenvolvemento Rural por onde transcorre o Camiño Portugués da Costa.

CULTURA

O Museo de Pontevedra rememorará esta semana a relación de Lorca con Galicia celebrando actividades para todas as idades  

Unha ruta, contacontos ilustrados e unha conferencia centrarán a programación de ‘Pontevedra, cidade lorquiana' no Sexto Edificio 

A relación de Federico García Lorca con Galicia e, concretamente, coa cidade do Lérez, centrará a nova proposta cultural que albergará ao longo desta semana o Museo de Pontevedra
Foto: D. PO.


Infogauda / Pontevedra

 A relación de Federico García Lorca con Galicia e, concretamente, coa cidade do Lérez, centrará a nova proposta cultural que albergará ao longo desta semana o Museo de Pontevedra. Así o confirmou hoxe o seu director, José Manuel Rey, ao detallar a programación de actividades que terán lugar no Sexto Edificio e que inclúen contacontos ilustrados para nenas e nenos, unha conferencia e unha ruta pola vila.  

 Serán os integrantes de Polo Correo do Vento os encargados de desenvolver a maior parte deste programa baseado, tal e como explicaron Enrique Mauricio e Carlos Taboada, no feito de que "Lorca chegou a Galicia por primeira vez o 25 de outubro de 1916 e visitou Pontevedra en dúas ocasións. É por isto que, sumándonos ao traballo que ven facendo de Alvarellos Editora neste senso, celebraremos o Día de Lorca en Galicia cunhas xornadas arredor da relación do poeta coa nosa cultura e a nosa vila".  

 Así, a partir de mañá realizaranse visitas escolares ao Museo de Pontevedra, xa concertadas cos centros educativos, que  xirarán en torno ao autor dos Seis poemas galegos nas que, ademais, as e os participantes terán a oportunidade de realizar a súa propia caricatura do poeta granadino.  

 Pola súa banda, o xoves, ás 19:30 horas, o editor Henrique Alvarellos, acompañado polo xornalista Ramón Rozas, ofrecerá a conferencia Viaxe a García Lorca, poeta galego. "A decisión de García Lorca de escribir en galego e confesarse 'poeta galego' converteuno, en vida e ata hoxe, no gran embaixador da cultura e da lingua galegas polo mundo", destacou Alvarellos ao tempo que engadiu que "no Museo de Pontevedra falarei desta fonda relación  e da ofrenda para a nosa lingua e cultura que constitúen os Seis poemas galegos".  

 O editor adiantou ademais que proxectará no Sexto Edificio un breve documental "moi descoñecido", da xira que a compañía La Barraca realizou por Galicia e Asturias en agosto de 1932.   

 "Levo varios anos investigando esta relación, esta empatía de Lorca con nós, e publiquei o resultado ata agora en dous libros, os dous editados por Alvarellos Editora, en 2018: El gran viaje de estudios de García Lorca e a edición facsimilar e ilustrada dos Seis poemas galegos", apuntou.  

 O sábado, ás 12:00 h, haberá un contacontos ilustrado para o público infantil en torno a ‘Seis poemas galegos' e ás 13:00 h comezará a ruta guiada por Enrique Mauricio e Carlos Taboada ‘Pontevedra, cidade lorquiana' que partirá do Sexto Edificio e transcorrerá polo edificio Castro Monteagudo do Museo, a praza da Ferrería, a rúa García Camba e as prazas de Galicia e San Xosé.

FORESTAL

O Centro de Investigación de Lourizán celebra unha xornada de portas abertas sobre clons de cerdeiras de uso forestal



Infogauda / Cangas do Morrazo

 O Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, que depende da Consellería do Medio Rural, organizou hoxe unha xornada de portas abertas para coñecer o campo de ensaio de clons de cerdeira de uso forestal situado no monte veciñal de Coiro, no concello pontevedrés de Cangas.  

 Esta iniciativa estivo dirixida a mulleres e mozos agricultores e silvicultores, representantes de viveiros produtores de plantas, comuneiros de montes veciñais, propietarios forestais, técnicos e público en xeral. A acción forma parte do plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2019, medida cofinanciada co 75% de fondos Feader e coordinada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adscrita á Consellería do Medio Rural.

GALICIA

As probas oficiais de acreditación do Celga 4 e do Celga 2 celebraranse o 16 e o 17 de novembro  

Santiago de Compostela e Ponferrada acollen os exames da segunda convocatoria do ano, na EGAP e no IES Antonio Fraguas e mais na EOI, respectivamente

Un total de 1008 persoas están admitidas provisionalmente, 764 para acreditar o Celga 4 e 244 para acreditar o Celga 2

Santiago de Compostela e Ponferrada acollen os exames da segunda convocatoria do ano
Foto: X. G.

Infogauda / Galicia

 A Xunta de Galicia fai públicas hoxe, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) as datas de realización das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 4 e 2, que foron convocadas mediante a Resolución do 2 de setembro de 2019.  

 Así, o 16 e 17 de novembro, Santiago de Compostela e Ponferrada acollen os exames da segunda convocatoria do ano, nos lugares nos que vén sendo habitual: na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e no IES Antonio Fraguas e mais na Escola Oficial de Idiomas, respectivamente. Nelas están admitidas provisionalmente un total de 1008 persoas: 64 para acreditar o Celga 4 o día 16 de novembro (592 en Santiago de Compostela e 172 en Ponferrada) e 244 para acreditar o Celga 2 o día 17 de novembro (196 en Santiago de Compostela e 48 en Ponferrada).  

 As probas comezarán ás 09,00 horas e as persoas admitidas deberán presentarse ás 08:30 horas no centro de exame no que estean convocadas, e os chamamentos para a realización da parte oral comezarán pola letra Q. Toda a información pode consultarse no Portal da Lingua Galega, onde se farán públicas proximamente as listaxes definitivas de persoas admitidas. 

Sistema Celga   

 O Celga é o certificado en lingua galega que expide a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e que acredita o coñecemento da lingua en cinco niveis: Celga 1, Celga 2, Celga 3, Celga 4 e Celga 5. Trátase dun modelo de aprendizaxe, ensino e avaliación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas definido polo Consello de Europa, no que se describen os coñecementos e habilidades que se contemplan en diferentes niveis para que a comunicación sexa eficaz.  

 O Celga proporciona unha base común para a elaboración de programas de linguas, orientacións curriculares, exames, manuais etc. en toda Europa e confígurase en distintos niveis de coñecemento. Para isto, recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas e agrupa os contidos en lingua e comunicación (aqueles aspectos relacionados coas funcións comunicativas) e lingua e sistema (os vinculados co coñecemento do código e contidos socioculturais).

TOMIÑO / VILA NOVA DE CERVEIRA

Xornada de portas abertas no Convento de San Payo cunha mostra de arte transfronteiriza asinada por estudantes 

Preto de 200 nenos desenvolveron conxuntamente unha actividade que combinou arte e natureza ao longo dunha semana  

Preto de 200 nenos de ambos municipios desenvolveron conxuntamente unha actividade que combinou arte e natureza nun espazo cargado de singularidade ao longo dunha semana
Foto: C.T.
  

Infogauda / Tomiño / Vila Nova de Cerveira

 Como resultado do proxecto gañador do orzamento participativo transfronteirizo de Cerveira-Tomiño en 2019, preto de 200 nenos de ambos municipios desenvolveron conxuntamente unha actividade que combinou arte e natureza nun espazo cargado de singularidade ao longo dunha semana. Como xeito de marcar outro aniversario do finado mestre José Rodrigues, o convento de San Payo abrirá as súas portas o 26 de outubro para que as comunidades educativas e a poboación en xeral gocen do traballo realizado.  

 No Monte de San Payo a apreciación da natureza é unha preocupación que se conserva continuamente, tanto polos franciscanos como o mestre José Rodrigues, e agora pola veciñanza de Vila Nova de Cerveira e de Tomiño. Baixo a dirección da artista multidisciplinar galega Mercé de Rande, que deseñou o concepto do proxecto, e con talleres en colaboración coa artista portuguesa e deseñadora gráfica Mariana Carapinha, os nenos do 5º grao de Cerveira e Tomiño tiveron o reto de darlle ás á imaxinación.  

 Divididos en grupos transfronteirizos, os nenos participantes realizaron un traballo moi creativo cun forte compoñente ambiental, empregando materiais e natureza reutilizables (follas, paus, conos de piñeiro, pedras, botellas e cuncas de plástico, entre outros), ademais de experimentar un intercambio lúdico-pedagóxico de carácter transfronteirizo.  

 O resultado final presentarase publicamente a través dunha única e atractiva instalación artística, nunha xornada de portas abertas do Convento de San Payo a toda a comunidade. Este proxecto foi promovido conxuntamente polas asociacións de pais dos centros escolares de Cerveira e a Mesa ANPAS dos centros educativos de Tomiño, no marco da última edición do orzamento participativo transfronteirizo.

GOIÁN (TOMIÑO)

“Sexo e amor no século XXI” 

Conferencia de Chis Oliveira e Amada Traba 

O próximo venres día 25 e outubro ás 20:00 horas no salón de actos do Centro Goianés


 Zara Pousa Arbones / Goián

 O próximo venres día 25 e outubro ás 20:00 horas o Centro Goianés organiza a conferencia “Sexo e amor no século XXI” na que Chis Oliveira e Amada Traba, farannos reflexionar sobre as relacións amorosas. 

 A charla dirixida a un publico amplo (adolescentes, nais, pais, e a todas aquelas persoas que aínda que non o sexan queiran aprender a amar) invitará a pensar o amor desde unha mirada crítica e a desaprender o aprendido para poder examinar formas mais enriquecedoras de amar, desde o recoñecemento recíproco e o respecto á autonomía. 

 O fío condutor da conferencia será unha análise do seu libro “Amarte” na que fan unha reflexión sobre a aprendizaxe do amor. As autoras insisten na necesidade de entender o amor como unha construción social patriarcal, como un feito político e non como unha experiencia exclusivamente íntima e persoal. Nas súas páxinas diseccionan contidos que enchen as redes sociais, a música, a literatura e o cine para desgranar cuestións como os diversos mitos do amor romántico, o concepto de normalidade no que a amor e sexo se refire ou a violencia no contexto da parella. 

 Chis Oliveira é catedrática de Filosofía. Leva máis de trinta anos traballando temas de educación sexoafectiva entre adolescentes, profesorado e persoal sanitario, e é autora de varias publicacións sobre a materia, entre elas, La Educación sentimental. Una Propuesta para adolescentes (1998). Amada Traba é profesora de Socioloxía da Educación na Universidade de Vigo e participa desde fai vinte anos en numerosas actividades de divulgación, formación, investigación e asesoramento no campo da socioloxía do xénero.

SANIDADE

NON A COMPRA DE POVISA POR UNHA ASEGURADORA DOS EE.UU. DE AMERICA

Membros do Comité de Empresa de POVISA e da plataforma SOS Sanidade Pública, na rolda de prensa deste luns


 POVISA estivo a negociar coa Corporación Centene este contrato de venda mentres presionaba á Xunta, ao persoal e á poboación coa quebra (anunciou un Pre-concurso de Acredores) grazas ao que conseguiu unha importante mellora no pago por habitante, ao descontar un elemento importante como é a medicación de alto impacto. 

 Núñez Feijóo e o seu goberno ou son cómplices desta trama ou son uns incapaces. 

 Pola súa banda o hospital POVISA admitiu que mantivo desde hai algún tempo negociacións co Grupo Ribera Salud para a venda do centro. 

 Coa autorización desta venda Núñez Feijóo leva ao extremo en Vigo a súa política de poñer en mans norteamericanas os recursos sanitarios públicos de Galicia (a Cardioloxía do Hospital Xeral de Galicia foi cedida á multinacional Medtronic e a investigación hospitalaria á farmacéutica Johnson and Johnson). 

 A Xunta pode, en base ás axudas continuadas a este centro privado non autorizar a venda e exercer o seu dereito a unha compra polos 24 millóns de euros polos que oficialmente se vende (un autentico agasallo) que podería afrontar coa cuarta parte do Fondo de Continxencia da Xunta, que é de case 80 millóns, co que evitaría o endebedamento. O contrato deberá ser revisado tamén pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC). Non sabemos se este agasallo vai acompañado doutras compensacións, dado que se descoñecen os termos do contrato. Hai que lembrar que POVISA recibe uns 84 millóns euros anuais da Sanidade Pública galega. 

 A aseguradora estadounidense Corporación Centene (propietaria de Ribera Salud) que será a nova dona de POVISA xa ten demostrado que non é de fiar: 

• A Consellería de Sanitat Valenciana detectou no Hospital de Alzira, do grupo Ribera Salud, sobre custos de 2,6 millóns de euros por irregularidades na atención de urxencias, por facturas inchadas e por dobre facturación. 

• A Fiscalía de Valencia solicitou a imputación dos principais directivos desta compañía por cobrar comisións por vendas de material sanitario dos seus provedores que trasladaba á administración valenciana sen as rebaixas correspondentes. Esta práctica foi cualificada de presunto delito de malversación de fondos públicos e prevaricación polos tribunais. 

• O informe da Intervención Xeral 2003-2012 da Comunidade Valenciana denunciou problemas de opacidade, ausencia de control e mesmo conivencia da Generalitat coas empresas adxudicatarias, como consecuencia da falta de fiscalización da actividade do centro. 

• A aseguradora Centene pechou a súa filial Kentucky Medicaid coa que xestionaba o Servizo de Saúde dese Estado, despediu a todo o seu persoal e cesou a súa actividade deixando sen servizo sanitario a 140.000 pacientes. 

 A compra de POVISA por Centene incrementa o risco de privatización da sanidade pública galega dado e enorme peso e poder desta multinacional aseguradora, moi superior ao dos actuais donos de POVISA: 

• Centene ocupa o posto número 51 das empresas máis potentes dos Estados Unidos e está investindo tamén en outros países como Chile, Perú ou Eslovaquia. 

• O xigante de EE. UU. pretende cambiar o noso modelo sanitario ao anunciar que aposta por un modelo de xestión onde a Administración financia, controla e é a dona do sistema; mentres eles operan como unha "franquía" que asegura a "boa xestión". 

 Ribera Salud posúe os hospitais de Torrevieja, Denia, e Elxe na Comunidade Valenciana e o de Torrejón, en Madrid, grazas aos apoios do PP en ambas comunidades. Concessia posúe o 10% das accións deste hospital e á vez forma parte das empresas accionistas da Concesionaria do Hospital Álvaro Cunqueiro, o que supón 2 que a totalidade da atención hospitalaria de Vigo estea controlada por esta empresa (monopolio do servizo sanitario público de Vigo). 

 Aínda que POVISA tivo unha gran capacidade para influenciar as decisións e recursos da Sanidade Pública de Vigo, Centene terá aínda máis poder para condicionar e chantaxear á administración sanitaria pública. No proceso de reversión de Alzira á sanidade pública, a compañía estadounidense xa presionou ao embaixador español en Washington para frear o proceso de rescate da Generalitat, como consecuencia o embaixador de Estados Unidos en España advertiu das consecuencias negativas que tería para a Comunidade Valenciana a reversión da concesión a Ribera Salud. 

 É impensable que despois dos 3 a 5 anos de vixencia que restan do Concerto actual, Centene acepte rematalo. Tamén é impensable que nestes anos a Consellería de Sanidade dote á sanidade pública dos recursos suficientes para poder asumir a atención das 137.000 persoas que POVISA atende na actualidade. 

 Unha multinacional non inviste nun hospital en perdas, polo que é previsible que adopte algunhas medidas para manter o negocio: 

1.- Reducir persoal aplicando un ERE e recortar as súas condicións salariais e laborais. Os traballadores de Alzira tiñan peores condicións laborais cos traballadores do sistema público: Menos persoal, 200 horas mais de traballo ao ano e un soldo un 15% inferior. O persoal facultativo tiña unha xornada anual un 12% superior e unha retribución un 11,5% inferior que o estatutario. 

2.- Reducir oferta e calidade das prestacións a súa poboación de referencia. O presidente de Centene deixou recentemente claro que quere “cambiar a forma en que as persoas experimentan a atención médica para que sexa máis simple, mellor e de menor custo". Centene é unha aseguradora especializada en xestionar servizos de Atención Primaria e Ribera Salud conseguiu a integración da mesma no hospital de Alzira. Por iso é previsible que pretenda facerse cos centros de saúde da área para controlar o fluxo de pacientes ao seu hospital 

3.- Obter novas axudas da administración como vén facendo desde sempre POVISA pola súa conivencia coa administración. 

 En base a estes feitos, parece máis que razoable que o SERGAS non debería autorizar esta venda á Corporación Centene e exercer o seu dereito de compra en base ao interese xeral para a saúde pública de Vigo. 

 A Comisión Europea definiu o interese xeral europeo como "satisfacción das necesidades básicas dos cidadáns e a preservación de bens públicos, cando o mercado falla". 

 Desde a maioría do Comité de Empresa de POVISA e a Plataforma SOS Sanidade Pública rexeitamos esta compra por unha contía mínima e denunciamos a perda de oportunidade da Xunta de adquirir POVISA por 24 millóns de euros, garantindo a xestión pública dun recurso asistencial vital para a área sanitaria de Vigo. 

 A compra de POVISA por parte da Consellería de Sanidade permitiría garantir unha prestación sanitaria a toda a poboación da área sanitaria de Vigo desde o sistema público e facilitaría o seu desenvolvemento sen estar ao servizo dos intereses privados.


                                          Vigo, 21 de outubro de 2019


(R.)

SANIDADE





 A compra de POVISA pola aseguradora estadounidense Centente (propietaria de Ribera Salud) supón un salto cualitativo na privatización da atención hospitalaria da área sanitaria de Vigo.

 Con esta compra Centene, que pretende expandirse por todo o Estado, chega agora a Galicia. 

 A empresa Concessia que xestiona o hospital Álvaro Cunqueiro, é socia de Centene, polo que a atención hospitalaria quedará en mans dun monopolio empresarial. 

 Despois de anos de chantaxear aos seus traballadores e ao SERGAS con ameazas de peche, POVISA declara perdidas e vende por un prezo de ganga (24 millóns de euros) o hospital, a escola de enfermería e as consultas anexas, a unha multinacional americana que xa ten demostrado que utiliza a fórmula de despedir persoal e recortar calidade na atención sanitaria para garantir as súas ganancias. 

 Coa autorización desta venda Núñez Feijóo leva ao extremo en Vigo a súa política de poñer en mans norteamericanas os recursos sanitarios públicos de Galicia (a Cardioloxía do hospital Xeral de Galicia foi cedida á multinacional Medtronic e a investigación hospitalaria á farmacéutica Johnson and Johnson). 

 Ribera Salud e Centene son dúas empresas con antecedentes de realizar practicas irregulares con fondos públicos. Esta empresa chegou a recorrer ao embaixador americano para presionar á Comunidade Valenciana para que cesara no seu intento por recuperar o Hospital de Alzira para a sanidade pública. É de supoñer, por tanto, que haberá grandes dificultades para integrar a POVISA na sanidade pública ao finalizar o actual Concerto Singular dentro de 4 anos. 

 Desde a maioría do Comité de Empresa de POVISA e a Plataforma SOS Sanidade Pública rexeitamos esta compra por unha contía mínima e denunciamos a perda de oportunidade da Xunta de adquirir POVISA por 24 millóns de euros, garantindo a xestión pública dun recurso asistencial vital para a área sanitaria de Vigo. 

 A compra de POVISA por parte da Consellería de Sanidade permitiría garantir unha prestación sanitaria a toda a poboación da área sanitaria de Vigo desde o sistema público e facilitaría o seu desenvolvemento sen estar ao servizo dos intereses privados. 

 Por todo isto chamamos a toda a poboación da nosa área sanitaria a sumarse á manifestación do día 24 de outubro en Vigo.


(R.)

A PASAXE (CAMPOSANCOS) A GUARDA

Horario semanal do transbordador A Guarda – Caminha 

Do martes 22 de outubro ao domingo 27 de outubro 2019 

O transbordador "Santa Eita de Cássia" enlaza por vía fluvial ás poboacións de Caminha e de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Pasaxe (Camposancos)

 A Oficina Municipal de Turismo do Concello de A Guarda ven de facer público que esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios confirmados ata o domingo 27 de outubro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas. 

 Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Teléfono 986 611 526) no horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.  

SEMANA DO MARTES 22 DE OUTUBRO AO DOMINGO 27 DE OUTUBRO:
SAÍDAS DENDE A GUARDA – CAMINHA                                       (Horario peninsular de ESPAÑA)
MARTES 22
10:30
11:30
12:30
13:30
15:15
(non)
(non)
(non)
(non)
(non)
MÉRCORES 23
10:30
11:30
12:30
13:30
15:30
16:15
(non)
(non)
(non)
(non)
XOVES 24
10:45
11:30
12:30
13:30
15:30
16:30
(non)
(non)
(non)
(non)
VENRES 25
(non)
11:45
12:30
13:30
15:30
16:30
17:30
(non)
(non)
(non)
SÁBADO 26

(non)
12:30
13:30
15:30
16:30
17:30
18:30
(non)
(non)
DOMINGO 27

(non)
12:30
13:30
15:30
16:30
17:30
18:30
(non)
(non)

SAÍDAS DENDE CAMINHA  - A GUARDA                                      (Horario peninsular de ESPAÑA)
MARTES 22
10:00
11:00
12:00
13:00
15:00
(non)
(non)
(non)
(non)
(non)
MÉRCORES 23
10:00
11:00
12:00
13:00
15:00
16:00
(non)
(non)
(non)
(non)
XOVES 24
10:30
11:00
12:00
13:00
15:00
16:00
(non)
(non)
(non)
(non)
VENRES 25
(non)
11:30
12:00
13:00
15:00
16:00
17:00
(non)
(non)
(non)
SÁBADO 26

(non)
12:00
13:00
15:00
16:00
17:00
18:00
(non)
(non)
DOMINGO 27

(non)
12:00
13:00
15:00
16:00
17:00
18:00
(non)
(non)


Observacións:                                                                                                
A falta de visibilidade coa néboa pode provocar algunha cancelación cando o transbordador teña que navegar fora do canal.
- Debido á marea baixa variase o horario de saída e así non se cancela o servizo.