O Centro de Investigación de Lourizán celebra unha xornada de portas abertas sobre clons de cerdeiras de uso forestal
Infogauda / Cangas do Morrazo
O Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, que depende da Consellería do Medio Rural, organizou hoxe unha xornada de portas abertas para coñecer o campo de ensaio de clons de cerdeira de uso forestal situado no monte veciñal de Coiro, no concello pontevedrés de Cangas.
Esta iniciativa estivo dirixida a mulleres e mozos agricultores e silvicultores, representantes de viveiros produtores de plantas, comuneiros de montes veciñais, propietarios forestais, técnicos e público en xeral. A acción forma parte do plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2019, medida cofinanciada co 75% de fondos Feader e coordinada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria, adscrita á Consellería do Medio Rural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario