O Concello de A Guarda e o Mecalia Atlético Guardés asinan un convenio de colaboración
Mediante
o cal se promove, fomenta e incentiva a práctica deportiva do balonmán
de base e de alta competición cunha subvención de 35.000,00€.
De esq. a der.: Mª Montserrat Magallanes Álvarez, José Manuel Silva Vicente e Antonio Lomba Baz, no acto de sinatura do convenio de colaboración
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; a concelleira de Deportes, Mª Montserrat Magallanes Álvarez e o presidente do Mecalia Atlético Guardés, José Manuel Silva Vicente, asinaron na mañá deste luns día 21 de outubro un convenio de colaboración mediante o cal se promove, fomenta e incentiva a práctica deportiva do balonmán de base e de alta competición cunha subvención de 35.000,00€.
Esta axuda establécese segundo o proxecto presentado pola entidade deportiva «Tempada competición balonmán 2018-2019» para asumir unha mellor actuación do primeiro equipo, así coma o mantemento das escolas deportivas cos equipos e categorías inferiores.
Antonio Lomba aproveitou a ocasión para informar que a liña de fibra óptica do Pavillón Municipal da Sangriña, xa se atopa operativa, e será empregada na retransmisión en streaming - por internet - no encontro correspondente a sexta xornada da Liga Guerreras Iberdrola 2019/2020, do sábado día 2 de novembro, previsto para ás 20:00 horas, que disputarán o Mecalia Atlético Guardés e o Balonmano Salud Tenerife.
As velocidades de conexión da nova líña de internet multiplicarán por 10 as velocidades actuais de baixada e en 25 as de subida, cunha disponibilidade que permitirá garantir un servizo de calidade.
Pola súa banda, Mª Montserrat Magallanes destacou o importante papel que se realiza dende esta entidade deportiva, cun equipo de elite que leva o nome da Guarda por todo o mundo, motivo de orgullo para todo o pobo guardés.
Ningún comentario:
Publicar un comentario