7 de out. de 2019

A GUARDA

Presentación dos actos do 80º Aniversario do Campo de Concentración de Camposancos

O mércores día 9 de outubro ás 11:00 horas, na Casa dos Alonso  



Infogauda / A Guarda

 O vindeiro mércores día 9 de outubro ás 11:00 horas, na sala multiusos da Casa dos Alonso, realizarase unha rolda de prensa na que se presentarán os actos que terán lugar na tarde do xoves 10 de outubro con motivo do 80º Aniversario do Campo de Concentración de Camposancos, organizados por CCOO en colaboración co Concello de A Guarda. 

 Intervirán: 

• Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda 
• Benjamín Gutiérrez Huerta, presidente da Fundación Juan Muñíz Zapico, de CCOO de Asturias
• José Antonio Uris Guisantes, investigador de A Guarda 
• Roberto Alonso Ucha, secretario xeral do Sindicato Comarcal de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Vigo

PROGRAMA DE ACTOS PARA O XOVES, DÍA 10 DE OUTUBRO POLA TARDE



 Como ven sendo costume desde fai varios anos, o Sindicato de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Vigo, efectuará unha ofrenda floral na fosa común de Sestás. Será o xoves día 10 de outubro, ás 17:00 horas, donde haberá varias intervencións

  Posteriormente, ás 18:30 horas, celebrarase un acto público na Casa dos Alonso, onde actuará o Coro Cantos de Liberdade, de CCOO. 

 Roberto Alonso Ucha, secretario xeral do Sindicato Comarcal de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Vigo, dixo: "Este ano cúmprese o 80 aniversario do Campo de Concentración de Camposancos na Guarda (Pontevedra). Con este motivo e ante a situación da memoria histórica no conxunto do país, o Sindicato de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Vigo, en colaboración coa Unión Comarcal, decidimos dar un paso máis e converter a ofrenda floral que vimos realizando anualmente nun motivo para reivindicar a súa memoria histórica. 

  España foi un gran campo de concentración entre os anos 1936 e 1942, polo que pasaron máis de 300.000 prisioneiros e ditáronse máis de 20.000 penas de morte. 

 En Camposancos, a partir do ano 1937 instalouse o Tribunal Militar nº 1 de Asturias que ditou 225 penas de morte, das que 151 executáronse. 

 No muro, detrás do antigo cemiterio de Sestás, hai unha fosa común na que están enterrados 49 compañeiros de Galicia, Asturias, Castela-León, Euskadi, Cantabria, Cataluña e País Valenciano, que loitaron pola república, a liberdade e a democracia, naquelas longas noites de pedra. 

 Convidamos á cidadanía a participar connosco nos actos deste ano".

A GUARDA

A Oficina de Turismo amplía seu horario de atención ata o 31 de outubro

Durante os meses de verán foron atendidos máis de 3.000 visitantes

Vista dos accesos á Oficina Municipal de Turismo, sita na Praza do Reló
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Dende este ano a Oficina Municipal de Turismo de A Guarda forma parte da Rede de Oficinas Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra, e unha das melloras foi a ampliación do horario de atención.  

 Durante os meses de verán a oficina ampliou o seu horario e datas coa apertura de luns a domingo. Nestes meses atendéronse a máis de 3.000 visitantes sendo a consulta máis habitual qué lugares podían visitar na vila e nos arredores. 
  

 Este horario ampliado continuará no mes de outubro, polo que a Oficina de Turismo no antigo Concello estará aberta de luns a domingo de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.

 Dende hai uns anos xa é habitual á presenza dos peregrinos que percorren as nosas rúas. 

 A Oficina de Turismo na Praza do Reló atópase no itinerario do Camiño Portugués da Costa polo que tamén son numerosas as consultas atendidas dos camiñantes, ademais de selar a credencial. 

 Este verán detectouse un incremento de peregrinos, de procedencias tan lonxanas como Brasil, Corea, India, Israel,..., que comezan na nosa vila, como primeiro concello galego, a súa peregrinación a Santiago de Compostela, polo Camiño Portugués da Costa.  

A GUARDA

O vindeiro sábado non haberá mercadillo semanal  

O Mercado da Praza de Abastos da localidade estará aberto

O Mercado da Praza de Abastos da localidade estará aberto
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda informa que este sábado día 12 de outubro, debido á festividade da Virxe do Pilar,  non haberá mercadillo semanal no entorno da Alameda da vila.  

 Do mesmo xeito infórmase que o Mercado da Praza de Abastos da localidade estará aberto ofertando produtos cárnicos, peixes, embutidos, queixos, mel, froitas e hortalizas,..., de 8:00 a 14:00 horas.

A GUARDA

XXII CONCURSO INTERNACIONAL DE PESCA

Organizado pola Asociación O Buxeiro, celebrarase o domingo día 10 de novembro de 2019



OIA

PATRIMÓNIO

Considerações paisagistas em Oia
(53ª parte)  
  

ENCONTROS POLIORCÉTICOS / Oia     

 SOS Mosteiro, como plataforma vizinhal, deve continuar a dar o mote no contencioso oiense. Isenção perante hesitações ou deserções será digna de nota e pauta de atuação. RMO está empenhada na derrota do discurso paisagista e no avanço definitivo das suas inconsistências. Dá-se uma ausência reveladora de quaisquer considerações  relativamente a essa paisagem, delatando-se a sí própria na totalidade das vertentes. RMO não atua com neutralidade ou equidistância, visto que o faz desde uma posição de "ordeno e mando", brincando aliás com a inteligência das pessoas, pondo na panela recursos publicitários oportunistas, de chamariz. Velha política faz resto do trabalho. Onde pois se encontra o primado da lei em matéria paisagista? Se políticas contratuais não constituem a melhor solução para proteger as paisagens, unilateralidade da RMO revela ser a melhor prova de que rejeitam qualquer debate que possa evidenciar as suas querências.    

 Justamente pelo facto do mosteiro estar na posse de privados acontece o que está a acontecer. Existe uma LACUNA, um vazío legal no mosteiro que está a tornar-se AUSÊNCIA DE LEGALIDADE PATRIMONIALISTA. Como ponto de partida, ineludivelmente, é preciso pedir a exclusão de quaisquer projetos urbanísticos nas Zonas de Proteção e Amortecimento que todo BIC ou Monumento possuem. Faz-se bem urgente uma CORRELATIVA BLINDAGEM DA PAISAGEM OIENSE COMO CIRURGIA PREVIDENTE. Nem a proprietária do mosteiro, nem Xunta galega podem "fugir aos encontros", como têm feito com aquele assunto da Lista Vermelha (com verdade, poder-se-ia qualificar tal listado com uma outra cor, que não a verde atual; isso sería dar-lhes um  desconto que não merecem). Menosprezo das organizações cidadãs ou vizinhais que acorreram ao auxílio de "Hispania Nostra" reforça sobejamente uma unilateralidade que eliminou pela vía do dissimulo o respeito pelas normativas realmente paisagistas. Oia tem carência de mínimos supostos paisagistas; eis a verdade que incomoda. "PATOS BRAVOS" IMPÕEM-SE À LEI DO PATRIMÓNIO CULTURAL DE GALIZA DESDE UMA SITUAÇÃO FUTURÍVEL E INFELIZMENTE PREVISÍVEL.    

 Dispomos de um DOCUMENTO, já apresentado no ICOMOS, que quer pôr freio aos planos de turistificação de um ambiente, de um espaço e de uma clara paisagem cultural. Antes de ser fundamentalista ou reducionista, se quer minimalista e queixoso perante diretrizes estabelecidas por ateliês citadinos, cujo único desejo seria ERGUER COMO FOSSE UMA OUTRA UNIDADE LIGADA À GENTRIFICAÇÃO E AO AQUATURISMO. Este produto MIX ameaça muita coisa. DESCONTEXTUALIZAÇÃO de um conjunto monacal será primeira consequência nos campos paisagista, cultural e arquitetónico; some-se a isso uma ARTIFICIALIZAÇÃO DOS ESPAÇOS VERDES, verdadeiro amadorismo jardineiro de "banlieues" periurbanas, típica receita novorriquista implantada em preexistências de paisagem tangível e real. Aí,  sentadinhos, é que têm um lugar os guarda-redes socialistas e outros amigos da "Kaleido". Autênticos conseguidores, vindos da cidade olívica, prestes a secundarizar, a deformar esse nosso cordal paisagista único. Vale a pena lutar pelas causas patrimonialistas quanto mais não seja a bem de Oia e o Baixo Minho, a bem da nossa própria auto-estima. Boa receita será a nossa tentativa de INTERNACIONALIZAR ESTE PROBLEMA, visto que Xunta galega fez com que "a coisa não é com ela". 

TORROÑA (OIA)

GRANDES FESTAS NA HONRA DA VIRXE DO ROSARIO

Os días 11 e 12 de outubro de 2019


 

SALVATERRA DE MIÑO

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, reuniuse hoxe co vicepresidente de Infraestruturas de Portugal, José Serrano Gordo, xunto coa alcaldesa de Salvaterra de Miño e o presidente da Cámara Municipal de Monçao 

A Xunta de Galicia e o Goberno de Portugal acordan impulsar conxuntamente a renovación estrutural da ponte internacional entre Salvaterra de Miño e Monçao e a súa ampliación para instalar un carril bici

Ambas as dúas administracións fixan unha folla de ruta para actuar na ponte, que o vindeiro ano cumprirá 25 anos e rexistra cada día o paso de máis de 9.000 vehículos 

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reuniuse hoxe no Porto co vicepresidente da empresa pública Infraestruturas de Portugal, José Serrano Gordo
Foto: X.G.


A Xunta e Infraestruturas de Portugal asinarán un convenio de colaboración para reformar a ponte e comezarán a traballar no deseño técnico da ampliación  

As obras de mellora estrutural suporán un investimento de case 700.000 euros, que financiarán ao 50% a Administración portuguesa e a Xunta  

O Goberno galego e Infraestruturas de Portugal coinciden na importancia de potenciar as relacións na Eurorrexión a través das Infraestruturas de comunicación  

Os veciños de Monçao e Salvaterra comparten servizos e as vantaxes funcionais de ser unha pequena eurocidade, polo que é necesario seguir avanzando e facilitando o seu día a día a través de proxectos como a mellora desta ponte 

A conselleira traslada o compromiso da Xunta coa mellora das comunicacións co Norte de Portugal e confía en que o vindeiro Goberno de España aproveite os mecanismos de financiamento europeo para impulsar a saída sur de Vigo

Infogauda / Salvaterra de Miño

   A Xunta de Galicia e o Goberno portugués acordaron hoxe impulsar conxuntamente a renovación estrutural da ponte internacional que une Salvaterra de Miño e a localidade lusa de Monçao.  

 A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reuniuse hoxe no Porto co vicepresidente da empresa pública Infraestruturas de Portugal, José Serrano Gordo, nun encontro no que se decidiu iniciar a tramitación dun convenio internacional para a reforma da ponte e a súa posterior ampliación para instalar un carril bici.  

 Na reunión tamén participaron o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e o presidente da Cámara Municipal de Monçao, António Barbosa.  

 De acordo co traballo técnico previo que se vén desenvolvendo e ambos os dous lados da fronteira, a Xunta e o Goberno luso fixaron hoxe unha folla de ruta para acometer a necesaria mellora da ponte internacional, que o vindeiro ano cumprirá 25 anos e rexistra cada día o paso de máis de 9.000 vehículos.  

 O convenio que tramitarán o Goberno galego e Infraestruturas de Portugal permitirá acometer obras de reforma estrutural na ponte por un importe de case 700.000 euros, que financiarán ao 50% ambas as dúas administracións. Paralelamente, comezará a traballarse na redacción do proxecto construtivo para ampliar a estrutura e dotala dun carril bici.  

 Esta ponte, recentemente bautizada como Ponte Joâo Verde e Amador Saavedra, en honor aos poetas das dúas beiras do Miño que escribiron sobre a unión das vilas, celebrará as súas vodas de prata en marzo de 2020.  

 Na actualidade, os veciños de Monçao e Salvaterra comparten servizos, espazos de lecer, infraestruturas e tamén as vantaxes funcionais de ser unha pequena eurocidade. Neste sentido, hai que seguir avanzando e facilitando o seu día a día a través de proxectos como este de mellora da ponte.  

 O Goberno galego e Infraestruturas de Portugal coinciden na importancia de potenciar as relacións na Eurorrexión a través das Infraestruturas de comunicación, o que incide no progreso económico e na calidade de vida.  

 Na reunión, a conselleira de Infraestruturas tamén trasladou o compromiso da Xunta coa mellora das comunicacións co Norte de Portugal, e manifestou a súa confianza en que o vindeiro Goberno de España comparta esa aposta e aproveite os mecanismos de financiamento europeo para impulsar a saída sur de Vigo ou unha nova conexión por autovía que lle dea acceso á poboación do país veciño á liña do AVE entre Galicia e Madrid.



TOMIÑO

Unhas 50 persoas colaboran nos obradoiros participativos para a redacción do Plan de Mobilidade Sustentable de Tomiño 

Organizáronse reunións no salón de plenos do Concello de Tomiño e no Centro Goianés. Máis de 200 persoas xa cubriron a enquisa en liña

Os redactores reuníronse coa Policía Local, co Departamento de Urbanismo e con representantes do tecido asociativo no Salón de Plenos do Concello
Foto: C.T.


Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño segue apostando pola participación cidadá para a toma de decisións que afecta ao futuro da vila. Por este motivo, oequipo redactor do Plan de Mobiblidade Sustentable de Tomiño reuniuse o xoves 3 de outubro con representantes de diversos sectores da sociedade tomiñesa para escoitar as súas demandas, inquedanzas e suxestións en canto ás dinámicas de mobilidade dentro do termo municipal.  

 Pola mañá os redactores reuníronse coa Policía Local, co Departamento de Urbanismo e con representantes do tecido asociativo no Salón de Plenos do Concello, mentres que pola tarde, foi a quenda do Goberno local, representantes do PSOE e de novo o tecido asociativo no Centro Goianés e no Salón de Plenos, así como de persoas que a nivel particular quixeron achegar as súas opinións respecto a mobilidade. En total, preto de 50 persoas, representantes de diferentes sectores da sociedade tomiñesa que participaron de xeito activo nesta iniciativa.  

 Algunhas das demandas e suxestións que máis se escoitaron nos diferentes encontros foron, entre outras, a necesidade de mellorar a conexión peonil e ciclista das parroquias cos núcleos do Seixo e de Goián, sobre todo dende Vilachán, Tebra e Forcadela cara o Seixo e entre Goián e o Seixo pasando por Soutelo e Figueiró; a mellora da iluminación nos accesos aos núcleos urbanos; a mellora das paradas de transporte escolar; a mellora da seguridade viaria nos núcleos de poboación por onde pasa a PO-552; ou a mellora na accesibilidade en transporte público dende os núcleos de poboación máis illados cara os núcleos urbanos.  

 Por outra banda a enquisa en liña, que leva unha semana aberta e que xa foi cuberta por 200 persoas veciñas de Tomiño. As persoas interesadas poderán seguir enviando as suas suxestións ao seguinte enderezo electrónico tomino@plandemobilidade.com.

O ROSAL

A BIBLIOTECA MUNICIPAL ACOLLEU DÚAS ACTIVIDADES ENCADRADAS DENTRO DO PROGRAMA “LER CONTA MOITO”

Pavís Pavós dirixiuse ao público infantil con “Contos que veñen e van”
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 O venres ás 20:00 tivo lugar a actividade de “Micromachista eu?”, encadrada dentro da categoría Igualdade e violencia de xénero, a través da cal Caxoto Contacontos achegou ás persoas asistentes á realidade da igualdade facendo visible a presenza que teñen os micromachismos na nosa cultura, nos contos e mesmo no día a día. 

 O sábado ás 11:00 Pavís Pavós dirixiuse ao público infantil con “Contos que veñen e van”, unha sesión na que que as voces e a xestualidade dos contacontos foron os elementos principais para transmitir unha serie de historias coas que as persoas asistentes puideron desfrutar dos contos unha vez máis. 

 Desde o Concello do Rosal lembran que este martes e xoves terán lugar “Unha maxia diferente” e “Historias correntes de xente diverxente” respectivamente, dúas actividades enmarcadas dentro do programa “Ler conta moito” pertencentes á categoría Igualdade e violencia de xénero.

PONTEVEDRA

Carmela Silva: "Xosé Fortes representa o compromiso que tivo España co cambio profundo que supuxo a democracia"  

A presidenta da Deputación de Pontevedra mantivo un encontro co historiador e escritor que vén de publicar as súas memorias de infancia e xuventude 'A rienda suelta'

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu esta mañá no seu despacho do Pazo provincial ao historiador e escritor Xosé Fortes
Foto: D.PO.


Infogauda / Pontevedra

 A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu esta mañá no seu despacho do Pazo provincial ao historiador e escritor Xosé Fortes. O encontro, ao  que tamén asistiu a deputada de Cultura Victoria Alonso, produciuse despois de que Fortes presentase recentemente no Museo de Pontevedra 'A rienda suelta', o libro de memorias que recolle "a primeira parte da súa longa vida, a etapa da infancia e da xuventude". Carmela Silva salientou que Fortes, que lle entregou un exemplar do mesmo,  fala "dunha Galicia que aínda ten a impronta do que sempre fomos  as galegas  e os galegos".  A presidenta provincial puxo en valor un título "marabillosamente escrito" na que o lector ou lectora atopará "unha mirada positiva sobre a Galicia rural, e tamén lembranzas da Galicia urbana pero desde esta perspectiva rural. Lémbranos unha forma de ida e de ser desde o optimismo, do que estamos necesitadas e necesitados". Silva quixo lembrar que "a Galicia do choro, do laio e do pesimismo non é a Galicia real, non a foi nin o é tampouco agora. Galicia ten unha historia, e unha ollada sobre esa historia, da que sentir orgullo". 

 A presidenta provincial fixo fincapé en que "o propio Fortes foi quen quixo ter esa ollada positiva, e amósao tamén na marabillosa dedicatoria do exemplar que me entregou". Nela, Fortes "fai mención a que durante os anos de posguerra, a única ilusión que tiñamos as persoas era que tiñamos a nosa vida por diante, como sempre tivemos en Galicia".  

 A presidenta da Deputación de Pontevedra salientou o "pracer" que foi manter un encontro cunha persoa cunha traxectoria como a de Fortes, nado en Caroi (Cerdedo-Cotobade) en 1934 e prisioneiro do réxime franquista por ser un dos fundadores da Unión Militar Democrática. Licenciouse en Filosofía e Letras na especialidade de Historia e tras saír do cárcere aprobou as oposición de docente. Ademais, entre outros méritos, foi tenente de alcalde da primeira corporación democrática da cidade de Pontevedra e dirixiu Vagalume, a primeira revista infantil-xuvenil en lingua galega. Deste xeito, Carmela Silva asegurou que "Fortes representa o compromiso co cambio profundo que tivo España grazas a xente valente coma el que apostou pola democracia, e iso fai que me sinta moi orgullosa".  

 Tras un encontro no que deu tempo a falar da súa vida, familia e amizades, de feminismo, de cultura ou tamén da situación política actual, o intercambio cultural que mantiveron Carmela Silva e Xosé Fortes continuou cando a Presidenta lle entregou unha serigrafía do artista cubano e afincado en Vigo Nelson Villalobos, unha lámina na que "aínda que non o pareza, está representado o Pazo provincial".

PONTEVEDRA

Areeiro pide extremar os coidados nas labores de colleita  

O persoal técnico da Estación Fitopatolóxica aconsella tomar unha serie de precaucións para previr ao máximo a aparición de podremias nos almacéns

Sintoma Cylindrocladium buxicola en sebe de buxo
Foto: D. PO.


Infogauda / Pontevedra

 A Estación Fitopatolóxica Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de publicar un novo aviso fitosanitario co fin de extremar os coidados e ter precaucións nas labores de colleita para previr ao máximo a aparición de podremias nos almacéns. O persoal técnico aconsella tomar unha serie de medidas como retirar os froitos en descomposición caídos ao solo antes de comezar a colleita, pois poden ser un perigo para as persoas que a fan; evitar facer a recolección con choiva ou nas primeiras horas da mañá cando a froita aínda está mollada; arrincar a froita con coidado, mellor co pedúnculo, e procurar non causar lesións ou feridas; nunca mesturar froita sa con outra con podremias, para evitar danos por Cydia pomonella, rachos na pel por moteado, picaduras ou mordeduras, etc., ou manter o lugar de almacenamento fresco, escuro e ventilado para facilitar a conservación.  

 No que se refire ás nespereiras o persoal técnico da Estación Fitopatolóxica Areeiro advirte que poden sufrir o moteado, que é unha patoloxía que afecta a moitas destas árbores, sobre todo en anos húmidos. Nestes momentos estas especies teñen a inflorescencia formada e é nesta época cando convén facer un tratamento cun produto de cobre para previr a enfermidade. Se hai choivas deberá repetirse a intervención cando menos despois da formación do froito.  

 Pola súa banda, en canto aos cítricos poden estar afectados por Phytophthora. As precipitacións que se rexistraron na última semana de setembro (con choiva acumulada nun día na contorna dos 20-30 l/m2 e máximos de 42-47 l/m2 nalgunha estación meteorolóxica) e primeiros días deste mes, máis as que se poidan producir desde agora, son condicións favorables ao desenvolvemento destes fungos. Areeiro advirte que convén aplicar un tratamento preventivo cun funxicida a base de cobre para protexer ás árbores de posibles infeccións. Ademais deste tratamento preventivo, no outono–inverno hai que evitar que se acumule auga no pé da árbore aínda que se produzan choivas reiteradas e cuantiosas.  

 Por outro lado, desde o momento en que aparezan froitos con síntomas de  Phytophthora  hibernalis, estes deben ser retirados canto antes tanto da árbore como do chan.  

 Segundo comprobaron en Areeiro tamén detectouse problemas de Cydalima perspectalis en sebes. Aínda quedan algunhas eirugas activas debido ás temperaturas que se rexistran e maila menor duración do día, que é un dos factores determinantes para que entren en hibernación. Polo tanto, nas sebes con síntomas recentes, o persoal da EFA aconsella revisar os gromos para detectar posibles eirugas alimentándose e valorar así a conveniencia de aplicar un tratamento.  

 No que se refire ao buxo, están empezando a verse os primeiros síntomas de Cylindrocladium buxicola favorecidos polo incremento da humidade ambiental. Este é un fungo que, unha vez que infecta unha planta, non é sinxelo de xestionar polo que nesta época tamén pode aplicarse un tratamento preventivo cun funxicida de cobre. Ademais, para reducir a incidencia da enfermidade son obrigadas unha serie de medidas culturais como son retirar frecuentemente as follas secas, tanto as que se atopan sobre as sebes como as caídas ao chan, garantir no posible a ventilación das plantas e, no caso de facer algunha poda ou corta, desinfectar continuamente as tesoiras.  

 Por último, no que se refire ás nogueiras, aquelas que tiveran síntomas e danos provocados por antracnose pode realizarse un tratamento con cobre á caída da folla para reducir a súa incidencia de cara ao ano próximo.

MEDIO AMBIENTE

A CARPA DO REVITALIZA CHEGA AO VAL MIÑOR E A TUI PARA INFORMAR SOBRE COMPOSTAXE E REPARTIR PRANTAS   

As mestras composteiras da Deputación de Pontevedra estiveron hoxe en Baiona, mañá estarán en Gondomar e o mércores trasladaranse a Tui  

A veciñanza que queira un composteiro individual ou participar do centro de compostaxe comunitaria pode acudir para apuntarse

O punto informativo sobre compostaxe do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra segue a súa xira pola provincia
Foto: D. PO.

Infogauda / Baiona

 O punto informativo sobre compostaxe do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra segue a súa xira pola provincia e comezará esta semana no Val Miñor e en Tui. Hoxe as mestras e mestres composteiros provinciais instalaron o seu punto informativo no Parque dos Tendais de Baiona, onde repartiron entre a veciñanza que se achegou á carpa para recibir información e aclarar dúbidas sobre compostaxe prantas aromáticas e ornamentais e outros agasallos.  

 A carpa seguirá mañá a súa xira mañá en Gondomar, diante do Concello en horario de 10 a 13 horas e continuará o mércores en Tui diante dos xulgados. Este evento estáse a aproveitar para que veciños e veciñas se apunten para participar nos composteiros comunitarios instalados nos municipios como tamén para entrar na lista de agarda e recibir un composteiro comunitario para a súa vivenda con horta.  

 Ata agora a carpa está a contar con todo un éxito de participación, incluso con veciños que recollen in situ o composteiro individual para o seu domicilio despois de ter recibido a formación necesaria. Ademais, os que se acheguen ao punto informativo poden levar consigo unha guía de compostaxe, un imán para a neveira (no que se lembran os materiais que se poden botar no composteiro), bolsas ecolóxicas para evitar as plásticas, e outros artigos de promoción.  

 Nas vindeiras xornadas, tal e como se fixo estes días, o persoal técnico provincial dará a coñecer todos os beneficios do modelo de xestión do lixo baseado na compostaxe que promove a Deputación e lembrarán que é precisa a concienciación e colaboración da cidadanía para poder cumprir coa normativa europea vixente.  

 As actividades de información sobre o Plan Revitaliza pretenden xerar unha dinámica de dinamización e impulso da compostaxe como un modelo de xestión do lixo ambientalmente sustentable, achegando de maneira lúdica e sinxela á veciñanza que é compostar: dar unha nova vida aos residuos orgánicos para que volvan de novo á terra como fertilizante natural e xeren novos produtos, fomentando así a economía circular en lugar de queimalos ou envialos a un vertedoiro.

LABORAL

A CIG-Citroën critica o uso electoralista do acto de presentación do novo modelo que se fabricará en Vigo 

Tamén insta ao director da fábrica viguesa a non falar de redución de custes cando se negocie o convenio

Infogauda / Vigo

 A sección sindical da CIG en PSA Citroën critica o uso electoralista amosouse do acto de presentación do novo modelo que se fabricará nas instalacións de Vigo. Dende a CIG-Citroën instan o director de PSA “a non falar de redución de custes cando negociemos as futuras condicións económicas e laborais”.

 O lanzamento do novo vehículo que se ensamblará nas instalacións viguesas de PSA que tivo lugar o pasado mércores foi contestado con contundencia pola representación sindical da CIG na empresa. Mediante un comunicado, a sección sindical da central en Citroën denuncia que o acto se realizase en pleno proceso electoral. 

 Tamén criticaron que tanto os directivos de PSA como os responsábeis políticos -co presidente da Xunta e co alcalde de Vigo á cabeza- percorreron as liñas de montaxe da fábrica en tren, “e non a pé, como traballamos os que ensamblamos os coches”. Neste senso, pregúntanse ironicamente se foi unha idea da dirección “para poder seguir os brutais ritmos de traballo dos que estamos encadeados /as ao proceso produtivo”. 

 Ao mesmo tempo, acusan os responsábeis políticos “cómplices da precariedade laboral e social” de usar o acto “para sacar a foto e mellorar a súa imaxe pública, eludindo e ignorando a realidade que padece a familia dese coche, que non sae na foto porque se atopaba baixo o ritmo da cadea ”. Finalmente, instan o director de PSA Vigo “a non falar de redución de custes cando negociemos as futuras condicións económicas e laborais”. 

Salarios públicos 

 Por outra banda, a dirección de recursos humanos de Citroën remitiulle días atrás un escrito á CIG pedíndolle que rectificase o dato relativo ao salario do director xeral do centro vigués publicado nunha nota anterior. Esta información, que a empresa tilda de “inveraz non contrastada”, prodúcese con ocasión dun debate social, aberto pola propia PSA, sobre a necesidade de “contención salarial” para os traballadores/as da factoría de Vigo para poder competir coas fábricas low cost de países como Marrocos. 

 Por parte da CIG non hai ningún inconveniente en rectificar o dato, unha vez que a empresa indica que é incorrecto. Polo que apelamos á transparencia e á responsabilidade corporativa de PSA para que faga públicas as retribucións dos seus directivos, igual que o son as dos obreiros/as. “Só así será posíbel un debate serio e informado sobre os salarios na industria do automóbil como o que está aberto en Francia ao saberse que o presidente do grupo percibiu 6,7 millóns de euros en 2018, dato que non foi desmentido pola empresa.

LABORAL

Persoal de limpeza do campus universitario de Pontevedra mobilízase para reclamar o pago dos atrasos 

A empresa concesionaria, Star Servicios, adebédalle arredor de 1.000 euros a cada traballador/a

Os traballadores/as afectados/as aproveitaron a visita do reitor da Universidade de Vigo para mobilizarse e visualizar deste xeito a problemática que padecen
Foto: CIG

Infogauda / Pontevedra / Vigo

  Persoal do servizo de limpeza do campus universitario de Pontevedra desenvolveu hoxe unha concentración diante da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación para reclamarlle á empresa concesionaria, Star Servicios, que lles abone os atrasos pendentes derivados da actualización salarial do convenio colectivo.  

 Os traballadores/as afectados/as aproveitaron a visita do reitor da Universidade de Vigo para mobilizarse e visualizar deste xeito a problemática que padecen como consecuencia das débedas que a empresa mantén con eles/as, xa que non actualizou os soldos en base ao convenio pactado.  

 Dende a CIG-Servizos de Pontevedra explican que o convenio provincial de limpeza, que se asinou o pasado mes de xuño, recollía unha suba salarial con afectos retroactivos para todo 2018 e 2019. Nese momento produciuse a adxudicación do concurso de limpeza da Universidade de Vigo, no que Star Servicios quedouse coa concesión do campus de Pontevedra e de Torrecedeira en Vigo.  

 Posteriormente quedou fóra do concurso por problemas administrativos, e pactou co comité de empresa (maioría de independentes) que non vai pagar os atrasos en tempo e forma, senón que o fará en 12 mensualidades. “Pero faino sen presentar ningunha documentación que xustifique que ten débedas cos clientes, como aseguran”, denuncian dende a CIG-Servizos.  

 Agora vén de ingresar as nóminas do mes de outubro tamén sen actualizar, polo que as débedas con cada un dos 40 traballadores/as (31 en Pontevedra e 9 en Vigo) ascenden a arredor de 1000 euros. “Diante disto, pedimos que lles reteñan a fianza, pero non nos contestaron; e estamos á espera de que entre a nova empresa, xa que estaba previsto que o fixese en outubro, pero aínda non sabemos nada”, rematan dende a CIG.

A PASAXE (CAMPOSANCOS) A GUARDA

Horario semanal do transbordador A Guarda – Caminha 

Do martes 8 de outubro ao domingo 13 de outubro 2019 

O transbordador "Santa Rita de Cássia", é o medio de transporte fluvial que empregan maioritariamente os peregrinos do Camiño Portugués pola Costa para cruzar o río Miño
Foto: Infogauda

Infogauda / A Pasaxe (Camposancos) 

 A Oficina Municipal de Turismo do Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe, 7 de outubro de 2019, que esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto, achégase a táboa cos horarios confirmados ata o domingo 13 de outubro coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas. 

 Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Teléfono: 986 611 526) no   horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.  

SEMANA DO MARTES 8 DE OUTUBRO AO DOMINGO 13 DE OUTUBRO:


SAÍDAS DENDE A GUARDA – CAMINHA                                       (Horario peninsular de ESPAÑA)
MARTES 8
10:30
11:30
12:30
13:30
15:30
16:30
17:15
(non)
(non)
(non)
MÉRCORES 9
(non)
11:30
12:30
13:30
15:30
16:30
17:30
(non)
(non)
(non)
XOVES 10
(non)
(non)
12:30
13:30
15:30
16:30
17:30
18:15
(non)
(non)
VENRES 11
(non)
(non)
12:45
13:30
15:30
16:30
17:30
18:30
(non)
(non)
SÁBADO 12

(non)
(non)
13:30
15:30
16:30
17:30
18:30
19:15
(non)
DOMINGO 13

(non)
(non)
(non)
15:30
16:30
17:30
18:30
19:30
(non)

SAÍDAS DENDE CAMINHA  - A GUARDA                                      (Horario peninsular de ESPAÑA)
MARTES 8
10:00
11:00
12:00
13:00
15:00
16:00
17:00
(non)
(non)
(non)
MÉRCORES 9
(non)
11:00
12:00
13:00
15:00
16:00
17:00
(non)
(non)
(non)
XOVES 10
(non)
(non)
12:00
13:00
15:00
16:00
17:00
18:00
(non)
(non)
VENRES 11
(non)
(non)
12:30
13:00
15:00
16:00
17:00
18:00
(non)
(non)
SÁBADO 12

(non)
(non)
13:00
15:00
16:00
17:00
18:00
19:00
(non)
DOMINGO 13

(non)
(non)
(non)
15:00
16:00
17:00
18:00
19:00
(non)

Observacións:                                                                                                
A falta de visibilidade coa néboa pode provocar algunha cancelación cando o transbordador teña que navegar fora do canal.
- Debido á marea baixa variase o horario de saída e así non se cancela o servizo.