7 de out. de 2019

A GUARDA

Presentación dos actos do 80º Aniversario do Campo de Concentración de Camposancos

O mércores día 9 de outubro ás 11:00 horas, na Casa dos Alonso  



Infogauda / A Guarda

 O vindeiro mércores día 9 de outubro ás 11:00 horas, na sala multiusos da Casa dos Alonso, realizarase unha rolda de prensa na que se presentarán os actos que terán lugar na tarde do xoves 10 de outubro con motivo do 80º Aniversario do Campo de Concentración de Camposancos, organizados por CCOO en colaboración co Concello de A Guarda. 

 Intervirán: 

• Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda 
• Benjamín Gutiérrez Huerta, presidente da Fundación Juan Muñíz Zapico, de CCOO de Asturias
• José Antonio Uris Guisantes, investigador de A Guarda 
• Roberto Alonso Ucha, secretario xeral do Sindicato Comarcal de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Vigo

PROGRAMA DE ACTOS PARA O XOVES, DÍA 10 DE OUTUBRO POLA TARDE



 Como ven sendo costume desde fai varios anos, o Sindicato de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Vigo, efectuará unha ofrenda floral na fosa común de Sestás. Será o xoves día 10 de outubro, ás 17:00 horas, donde haberá varias intervencións

  Posteriormente, ás 18:30 horas, celebrarase un acto público na Casa dos Alonso, onde actuará o Coro Cantos de Liberdade, de CCOO. 

 Roberto Alonso Ucha, secretario xeral do Sindicato Comarcal de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Vigo, dixo: "Este ano cúmprese o 80 aniversario do Campo de Concentración de Camposancos na Guarda (Pontevedra). Con este motivo e ante a situación da memoria histórica no conxunto do país, o Sindicato de Pensionistas e Xubilados de CCOO de Vigo, en colaboración coa Unión Comarcal, decidimos dar un paso máis e converter a ofrenda floral que vimos realizando anualmente nun motivo para reivindicar a súa memoria histórica. 

  España foi un gran campo de concentración entre os anos 1936 e 1942, polo que pasaron máis de 300.000 prisioneiros e ditáronse máis de 20.000 penas de morte. 

 En Camposancos, a partir do ano 1937 instalouse o Tribunal Militar nº 1 de Asturias que ditou 225 penas de morte, das que 151 executáronse. 

 No muro, detrás do antigo cemiterio de Sestás, hai unha fosa común na que están enterrados 49 compañeiros de Galicia, Asturias, Castela-León, Euskadi, Cantabria, Cataluña e País Valenciano, que loitaron pola república, a liberdade e a democracia, naquelas longas noites de pedra. 

 Convidamos á cidadanía a participar connosco nos actos deste ano".

Ningún comentario:

Publicar un comentario