7 de out. de 2019

A GUARDA

A Oficina de Turismo amplía seu horario de atención ata o 31 de outubro

Durante os meses de verán foron atendidos máis de 3.000 visitantes

Vista dos accesos á Oficina Municipal de Turismo, sita na Praza do Reló
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Dende este ano a Oficina Municipal de Turismo de A Guarda forma parte da Rede de Oficinas Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra, e unha das melloras foi a ampliación do horario de atención.  

 Durante os meses de verán a oficina ampliou o seu horario e datas coa apertura de luns a domingo. Nestes meses atendéronse a máis de 3.000 visitantes sendo a consulta máis habitual qué lugares podían visitar na vila e nos arredores. 
  

 Este horario ampliado continuará no mes de outubro, polo que a Oficina de Turismo no antigo Concello estará aberta de luns a domingo de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30 horas.

 Dende hai uns anos xa é habitual á presenza dos peregrinos que percorren as nosas rúas. 

 A Oficina de Turismo na Praza do Reló atópase no itinerario do Camiño Portugués da Costa polo que tamén son numerosas as consultas atendidas dos camiñantes, ademais de selar a credencial. 

 Este verán detectouse un incremento de peregrinos, de procedencias tan lonxanas como Brasil, Corea, India, Israel,..., que comezan na nosa vila, como primeiro concello galego, a súa peregrinación a Santiago de Compostela, polo Camiño Portugués da Costa.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario