24 de xul. de 2019

O ROSAL

A VECIÑANZA DO ROSAL RECLAMA QUE SE CUBRA E SE CONTRATE O PERSOAL QUE CORRESPONDE NO CENTRO DE SAÚDE  

Ánxela Fernández (alcaldesa do Rosal):“O Rosal é o concello do Baixo Miño cun peor rateo, en condicións normais, de pacientes por persoal sanitario” 
 

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís dirixiuse á veciñanza na mesma Praza do Calvario, diante da Casa do Concello
Fotos: C.O.R.

Infogauda / O Rosal

 “Reivindicamos e defendemos o dereito de toda a veciñanza do Rosal a unha sanidade pública, digna e de calidade”, afirmou a alcaldesa Ánxela Fernández Callís.

 A veciñanza do Rosal respondeu ao chamamento que fixo o concello, nunha concorrida concentración na praza do Calvario, para reivindicar unha sanidade pública e de calidade. 

 A alcaldesa rosaleira, Ánxela Fernández, dirixiuse aos concentrados, manifestando que “a sanidade pública é un dereito que ten que ser intocable e que nunca debera ser empregado de maneira partidista por parte de quen ten a responsabilidade de xestionar os recursos públicos. Trátase dunha cuestión transversal, dun dereito que temos na nosa condición de persoas humanas”, dixo. 

 Nese sentido, lembrou que O Rosal leva anos vendo como se precariza a atención primaria no municipio. Dende o falecemento da matrona titular, Xulia Suárez, no 2010, foron recortando servizos. “Por iso - engadiu - estamos hoxe aquí concentrados, para reivindicar e defender o dereito de toda a veciñanza do Rosal a unha sanidade pública, digna e de calidade. Estamos fartos de que se precarice a sanidade pública no noso concello”.

 Así mesmo, afirmou: O Rosal é o concello do Baixo Miño cun peor rateo, en condicións normais, de pacientes por persoal sanitario. E dixo tamén que o persoal médico ten un total de 4.701 pacientes repartidos entre tres profesionais, que atenden a 1.502, 1.643 e 1.556 persoas cada un, mentres a Organización Mundial da Saúde (OMS) recomenda un máximo de 1.200 pacientes por médico.

AGORA MESMO SÓ DOUS MÉDICOS ESTÁN ATENDENDO A 4.701 PACIENTES 
 
A veciñanza do Rosal respondeu ao chamamento que fixo o concello, nunha concorrida concentración na praza do Calvario, para reivindicar unha sanidade pública e de calidade                                   


 Estas cifras xa de por sí negativas e precarias en termos sanitarios, vense agravadas en situacións de vacacións e baixas de persoal, xa que moitas veces non se repón ós profesionais. Nese sentido, Ánxela Fernández indicou que, agora mesmo, só dous médicos están atendendo a 4.701 pacientes

 “As consecuencias máis inmediatas desta decisión son a precarización da atención primaria coa redución do persoal sanitario, que conleva un retraso forte de ata case 20 días nas citas da atención primaria en moitos casos, así como que os veciños do centro de Saúde de San Miguel de Tabagón teñan que desprazarse ata o centro do Rosal para ser atendidos”, denunciou a alcaldesa, lanzándolle unha pregunta á Consellería de Sanidade e ao SERGAS, “acaso no verán podemos elixir non poñernos enfermos?” 

 Do mesmo xeito, relatou os pasos que leva dado o concello diante da Consellería de Sanidade e do SERGAS dende que tomou posesión como alcaldesa, manifestando que só obtiveron unha resposta tipo por parte do SERGAS, alegando falta de persoal. Así mesmo, manifestou que seguen esperando ser recibidos polo conselleiro, o señor Vázquez Almuiña, cita solicitada o pasado 5 de xullo nunha reunión de todos os alcaldes do Baixo Miño, despois de analizar a situación sanitaria na comarca

 A alcaldesa rosaleira rematou manifestando que “a sanidade pública é un ámbito que supera o ámbito competencial do concello. Non obstante, dende aquí quero trasladarlle á Xunta de Galicia, quen ten a responsabilidade de resolver esta situación”, e insistiu en que dende o goberno municipal defenderán o interese colectivo, “loitando pola defensa do que consideramos un dereito e unha necesidade básica da nosa veciñanza, o dereito a unha sanidade pública, digna e de calidade”, reclamou,.

PESCA

As VI Xornadas Internacionais de Pesca de  Orpagu poñen o foco sobre as tripulacións  

• A secretaria xeral de Pesca xunto co alcalde da Guarda e o presidente da Organización de Palangreiros Guardeses, serán os encargados de inaugurar a sesión de traballo que este ano se centra no aspecto social da actividade pesqueira.  

• A falta de tripulantes e os problemas de habitabilidade nos barcos protagonizarán, entre outros temas, as xornadas que terán lugar o venres, 26 de xullo,  a partir das 09:00 horas, na Casa dos Alonso, na Guarda.  



Mar Bermúdez / A Guarda

 As titulacións náutico-pesqueiras, as medidas para adoptar ante a falta de tripulacións e as carencias da frota para mellorar a vida a bordo dos buques son os tres grandes temas que centran este ano as Xornadas Internacionais de Pesca impulsadas por Orpagu. O obxectivo, debater sobre cuestións de actualidade con expertos en diferentes campos relacionados, nesta ocasión, coa parte máis social da actividade pesqueira. 

 Previamente a estas mesas de traballo terá lugar o acto inaugural que nesta sexta edición contará coa presenza da  secretaria xeral de Pesca, Alicia  Villauriz Iglesias, así como do alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e o presidente da Organización de Palangreiros Guardeses, Joaquín Cadilla Castro.  

 Ao longo da mañá, os relatores abordarán as posibles solucións a cuestións como un novo enfoque nas axudas europeas para favorecer mellores condicións de traballo a bordo, os posibles cambios na normativa náutico-pesqueira que favorezan novas vocacións ou que medidas deberíanse adoptar de forma inmediata para paliar a escaseza de mariñeiros que nalgúns segmentos de frota empeza a ser alarmante. 

 As VI Xornadas Internacionais de Pesca, abertas aos medios de comunicación, darán comezo ás 09:00 horas e terán como escenario a Casa dos Alonso, na Guarda.

A GUARDA

Folclore tradicional, maxia, música, gastronomía, visitas guiadas,...

Todo un mar de actividades programadas para os vindeiros días na vila de A Guarda 



O Concello de A Guarda amosa gratuítamente a veciños e visitantes a Fortaleza de Santa Cruz  
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda programa para esta semana numerosas actividades nas que se inclúen un espectáculo de maxia, as V Xornadas Internacionais de Pesca de Orpagu, a VII edición do Mercado da Música, a XVI Festa do Peixe Espada, o XXVI Encontro dos Pobos e visitas guiadas polo casco urbano da vila e ao Monte Santa Trega.   

XOVES 25 

ESPECTÁCULO DE MAXIA


 Este xoves día 25 de xullo a carpa do porto da Guarda acolle o espectáculo de maxia «Lafayette Show» a cargo de Cayetano Lledó, un produtor e distribuidor de teatro, ilusionista e actor de improvisación galego.  

 O evento arrancará ás 20:30h cun espectáculo de maxia teatralizada, con comedia e humor, apto para todos os públicos. Teatro e ilusionismo con maxia musical, manipulación de cartas e obxectos, clown, cambios de vestiario, números de mentalismo, hipnose, pantomima, danza,...  


 O Centro de Interpretación das Fortalezas, ubicado na Fortaleza de Santa Cruz continúa acollendo a exposición de Praxíteles González Martínez, na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como a ponte do Tamuxe, a igrexa de Santa Mariña do Rosal, un muíño serradoiro e dúas vivendas, todos eles elementos patrimoniais ubicados no Rosal. Ademáis das maquetas das catedrais de Santiago de Compostela e Notre Dame, de París. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. 

 Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.

VISITAS GUIADAS GRATUÍTAS POLO CASCO URBANO

 O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de poñer en marcha as visitas guiadas polo casco urbano que terán lugar os mércores e xoves dende o 15 de xullo ata o 15 de setembro. 

 As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00h ao punto de encontro, que será a Oficina de Turismo da Praza do Reló. 

 Este xoves terá lugar a visita singular da época moderna: “Castelo de Santa Cruz”. A duración estimada destas visitas é de aproximadamente 60 minutos. Trátase dunha oportunidade única para coñecer o rico patrimonio do casco urbano de A Guarda.  

VENRES 26 

V Xornadas Internacionais de Pesca sobre grandes migradores «Pesquería de tiburones»


 A Casa dos Alonso acolle este venres a quinta edición das Xornadas Internacionais de Pesca sobre grandes migradores «Pesquería de tiburones», un evento para profesionais do sector que se celebrará ao longo da mañá e que contará coa asistencia da conselleira do Mar, da Secretaria Xeral de Pesca, do alcalde de A Guarda e do presidente de ORPAGU, entre outras representacións e participantes.

VISITAS GUIADAS GRATUÍTAS AO MONTE SANTA TREGA 


 Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico.  Terá unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. 

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.  

 O Centro de Interpretación das Fortalezas na Fortaleza de Santa Cruz acolle a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González Martínez.

 Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

 Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.  

SÁBADO 27 



 O Mercado da Música, organizado dende a Asociación Sopa de Sobre en colaboración co Concello de A Guarda, chega o sábado día 27 de xullo á súa VII edición cunha programación de actividades que terán lugar nos xardíns do Centro Cultural da vila e na que se inclúen concertos, obradoiros, venda de vinilos, artigos musicais, artesanía e moito máis. 

 Ás 11:00h da mañá arrancan as actividades previstas con pintacaras, mesa de debuxo e obradoiros para nenos e nenas. 

 Diferentes postos amosarán libros, artesanía, vinilos, instrumentos  musicais, roupa de segunda man, entre outros. 

 Para completar a programación do Mercado da Música contarase coas actuacións dos grupos Fábrica de Espejos, The Mirror, Cremawitch, Tecor Societario, Pledge,...  
  
XVI  Festa  do  Peixe Espada


  
 Gastronomía, concertos, un mercado de artesanía, obradoiros, xogos para os máis pequenos e deporte inclusivo, serán algunhas das actividades que se desenvolverán esta fin de semana no porto de A Guarda con motivo da  XVI  Festa  do  Peixe Espada. O evento, promovido pola Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) en colaboración co Concello, terá lugar na carpa do porto, onde haberá unha variada programación e oferta gastronómica na que o Peixe Espada será o rei da mesa. 






II FESTIVAL SONS DA GUARDA




 Tamén na xornada deste sábado, ás 20:00h na Praza do Reló, celebrarase o II Festival Sons da Guarda, organizado dende o Concello de A Guarda e a Asociación Arpegios - Cantábile e no que participan: Coro Arpegios, Coro Cantábile, Coral Polifónica de Verdoejo, Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, Coral da Agrupación Musical do Rosal e Coral Os Penediños, de Atios.  

 Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento castrexo e que terá unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. 

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.  

 No Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz continúa a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González. 

 Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

 Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.  

DOMINGO 28 


 Gastronomía, concertos, un mercado artesanal, obradoiros, xogos para os máis pequenos, serán algunhas das actividades que se desenvolverán na xornada deste domingo na Guarda con motivo da  XVI  Festa  do  Peixe Espada, evento organizado pola Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) en colaboración co  Concello e que terá lugar na carpa do Porto. Ademáis dunha extensa programación cultural haberá unha saborosa oferta gastronómica na que o Peixe Espada será o rei da mesa.  

ENCONTRO DOS POBOS



 O festival folclórico internacional mais veterano da comarca do Baixo Miño chega un ano máis, e xa van 26 edicións, percorrendo diferentes concellos, sendo na Guarda o sábado 27 de Xullo, ás 22:00h na carpa da Festa do Peixe Espada no porto.  

 Participarán: Xamaraina, Vento Mareiro, Do Lusco ó Fusco,  Steirischer Schwung e Poligrodzianie. 

 No Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz pódese visitar a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González.

 Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

 Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.

A GUARDA

A CORPORACIÓN MUNICIPAL CELEBRARÁ SÚA PRIMEIRA SESIÓN PLENARIA ORDINARIA

O vindeiro martes día 30 de xullo de 2019, ás 20:00 horas, na Casa do Concello
A imaxe corresponde a sesión plenaria extraordinaria celebrada o pasado día 15 de xuño de 2019, data na que constituise a nova Corporación Municipal do Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

  O alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz, convocou unha sesión plenaria ordinaria - a primeira dese tipo nesta lexislatura -, que se celebrará o vindeiro martes día 30 de xullo de 2019, ás 20:00 horas, na Casa do Concello.

ASUNTOS DA CONVOCATORIA

1. Aprobación das actas das sesións extraordinarias celebradas o 15.06.19 e o 28.06.19 
2. Expediente 1868/2019. DAR CONTA DE DECRETOS 3. Expediente 1564/2017. Dar conta Informes Reparo Intervención 11/2019 a 26/2019 
4. Expediente 2336/2017. Dación de conta informe morosidade e período medio de pago a provedores 1º trimestre 2019 
5. Expediente 1610/2019. DAR CONTA RESOLUCIÓN ASIGNACIÓNS DEDICACIÓNS CONCELLEIROS 
6. Expediente 1608/2019. DAR CONTA DA COMPOSICIÓN COMISIÓNS INFORMATIVAS PERMANENTES 
7. Expediente 2920/2018. PROPOSTA DESESTIMACIÓN ALEGACIÓNS E APROBACIÓN DEFINITIVA ESTUDIO DETALLE Nº 1 CONCELLO DA GUARDA 
8. Expediente 1779/2019. PROPOSTA FESTIVOS LOCAIS 2020 9. Expediente 1776/2019. PROPOSTA DE NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES NO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE 
10. Expediente 1874/2019. MOCIÓN PRESENTADA POR CONVERXENCIA GALEGA SOBRE A DEROGACIÓN DO REGULAMENTO DE LIMPEZA PÚBLICA E RECOLLIDA DE LIXO 11. ROGOS E PREGUNTAS

O ROSAL

O XXVI ENCONTRO DOS POBOS CHEGA AO ROSAL

Este xoves día 25 de xullo, ás 21.30 horas, na Praza do Calvario 


Infogauda / O Rosal 

 O Rosal será o primeiro dos concellos no que se celebre este ano o XXVI Encontro dos Pobos, o festival folclórico internacional no que neste edición participan Poligrodzianie, de Polonia e Steirischer Schwung, de Austria, a demáis do grupo guardés Do Lusco ó Fusco

 O evento será este xoves 25 de xullo ás 21:30 h., na Praza do Calvario.  

 Unha hora antes, ás 20:00 será o Concerto da Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal que deleitará ás persoas asistentes con pezas do seu repertorio.

O ROSAL

BANDO: CONTROL CONSUMO DE AUGA  

 Dna. Ánxela Fernández Callís, alcaldesa do Concello do Rosal,  

FAI SABER:  

Que debido á escaseza de auga en varios barrios do municipio estanse realizando lecturas de contadores para o control do consumo de auga.  Así mesmo, faise saber á veciñanza que:  

– O consumo máximo diario quedará limitado a 600 litros / vivenda / día. 

– O uso da auga será exclusivo para consumo humano, excluíndo regos, limpeza de vehículos, etc. 

– Os propietarios das vivendas que non dispoñan de contador ou que este non funcione deberán poñerse en contacto co concello de forma inmediata. 

 No caso de contemplarse irregularidades procederase á aplicación das sancións contempladas na normativa municipal (BOP de 6 de outubro de 2005).

(R.)

O ROSAL

A ALCALDÍA DO ROSAL CHAMA Á VECIÑANZA Á EXTREMAR AS PRECAUCIÓNS PARA EVITAR INCENDIOS 

 BANDO

 Dna. Ánxela Fernández Callís, alcaldesa do Concello do Rosal,  

FAI SABER:  

 Que debido ás condicións climatolóxicas desta época (altas temperaturas e fortes ventos) considérase fundamental extremar as precaucións para evitar incendios, polo que recórdase: 

– a obriga de manter limpas as parcelas. 
– empregar responsablemente a maquinaria de motor nas distintas tarefas.

(R.)

TOMIÑO

A Praza do Seixo acollerá este venres o XXVI Encontro dos Pobos 

No Espazo Fortaleza celebrarase este sábado o Encontro Internacional de Bandas de Música 

  
Infogauda / Tomiño

  Dentro do ciclo “O Son da Praza”, a Praza do Seixo de Tomiño, acollerá este venres día 26 de xullo, a XXVIª edición do Encontro dos Pobos, organizado polo Grupo de Baile e Gaitas “Do Lusco ó Fusco”, coa colaboración do Concello de Tomiño.

 O festival é para todos os públicos e comezará ás 22:30 horas, con entrada libre. Nesta edición participarán agrupacións de Austria e Polonia, ademais dos grupos Virxe do Alivio, de Tomiño e o “Do Lusco ó Fusco”, de A Guarda.  

ENCONTRO INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA

 Por outra banda, e tamén dentro dos actos culturais programados na axenda de verán municipal, o sábado día 27 de xullo, ás 21:00 horas, no Espazo Fortaleza de Goián, celebrarase o Encontro Internacional de Bandas de Música. Tamén para todos os públicos e con entrada de balde. Neste caso, ademais da banda anfitrioa - Agrupación Musical de Goián -, actuarán as bandas da U.V.C.D. de Candeán e de Lagares.

TOMIÑO

O Mercado Municipal acolle até finais de agosto a mostra colectiva “Unha de tres” 

Basilio Calzado e Gerardo Rebagliati presentan collages e Emilio Cabeiras, serigrafías  


A concelleira Cristina Martínez acompañou aos artistas na inauguración da mostra. Tamén asistiu o concelleiro de Deportes, Francisco Campo 
Foto: C.T.
Infogauda / Tomiño

 Até o 31 de agosto pode visitarse no Mercado Municipal de Tomiño a mostra “Unha de tres”; unha exposición plástica colectiva, na que Basilio Calzado e Gerardo Rebagliati expoñen collages figurativos ou abstractos cun fondo crítico á situacións sociais e políticas actuais.  

 Emilio Cabeiras, iniciado na Escola de Artes e Oficios de Vigo, expón traballos de serigrafía artística.  

 A concelleira Cristina Martínez acompañou aos artistas na inauguración da mostra. Tamén asistiu o concelleiro de Deportes, Francisco Campo.

TOMIÑO

O Centro de Transfusión de Galicia desprazará dúas unidades móbiles ata Tomiño e Goián 

Na parroquia goianesa estarán o luns 5 de agosto, e en Tomiño (núcleo urbano) o martes 6. 

Infogauda / Tomiño

 A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, desprazará dúas unidades móbiles ata Tomiño e Goián. Nesta parroquia estarán o día 5 de agosto, e en Tomiño centro o 6. 

GOIÁN: 

UNIDADE MÓBIL NA PRAZA PINTOR ANTONIO FERNÁNDEZ 
LUNS 5 de AGOSTO 
De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.  

TOMIÑO: 

NA RÚA DANIEL CALZADO POCEIRO 
MARTES, 6 DE AGOSTO 
De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas.

OIA

O Concello de Oia repartirá 50 novos composteiros domésticos   

As solicitudes poderán presentarse no Concello ata o día 31 de agosto   


 Composteiros individuais
Foto: D. PO.

Infogauda / Oia

 O executivo municipal, que preside a alcaldesa Cristina Correa Pombal, fixo público no día de hoxe que o Concello de Oia continúa coa súa campaña de compostaxe doméstica distribuíndo, de xeito gratuíto, 50 novos composteiros individuais entre as persoas que o soliciten. As solicitudes poderán presentarse no Concello ata o día 31 de agosto. 

 Esta nova partida de composteiros provén dunha achega da Deputación de Pontevedra a través do Plan Revitaliza (20 unidades) e doutra de Sogama (30 unidades) a través do programa de compostaxe doméstica.  

 O Concello de Oia anima á veciñanza a empregar estes dispositivos nos seus fogares e lembra que a compostaxe é unha oportunidade para reciclar os residuos orgánicos: o compost que se fabrica (rico en materia orgánica e minerais) pode ser reutilizado nas hortas domésticas por ser un bo fertilizante para o solo. 

Beneficios da compostaxe 

 O compost é un excelente abono para as hortas domésticas, pois contribúe a que as plantas teñan maior resistencia ás pragas e enfermidades sen necesidade de empregar fertilizantes artificiais e pesticidas. Así mesmo, este produto natural é beneficioso para a estrutura e a saúde do solo. 

 Ademais, o compost axuda a diminuír a produción de residuos, pois a materia orgánica é reutilizada en vez de ser botada aos contedores de lixo.

A PASAXE (CAMPOSANCOS) A GUARDA

Horario semanal do transbordador A Guarda – Caminha  

Do xoves 25 ao domingo 28 de xullo

O transbordador "Santa Rita de Cássia": un atractivo medio de transporte fluvial entre Caminha e A Guarda, e viceversa  
Foto: Infogauda
  
Infogauda / A Pasaxe (Camposancos)

  Unha vez reparada a avería que motivara á interrupción do servizo do ferry-boat entre Caminha e A Guarda, e viceversa, a Oficina Municipal de Turismo do Concello de A Guarda ven de comunicar que "esta semana as saídas do transbordador veranse afectadas pola marea baixa. Polo tanto,  achégase a táboa cos horarios confirmados ata o domingo 28 de xullo coas saídas confirmadas e aquelas que sofren algunha variación están marcadas. 

 Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Teléfono 986 61 15 26)  no horario de atención ao público de 10:00 a 13:00 y de 15:00 a 20:00 horas".   

SEMANA DO XOVES 25 AO DOMINGO 28 DE XULLO:


SAÍDAS DENDE A GUARDA – CAMINHA                                       (Horario peninsular de ESPAÑA)
XOVES 25
10:30
11:30
12:30
13:30
(non)
(non)
(non)
(non)
19:30
20:15
VENRES 26
10:30
11:30
12:30
13:30
15:15
(non)
(non)
(non)
(non)
20:15
SÁBADO 27

11:30
12:30
13:30
15:30
16:15
(non)
(non)
(non)
(non)
DOMINGO 28

11:30
12:30
13:30
15:30
16:30
17:15
(non)
(non)
(non)


SAÍDAS DENDE CAMINHA  - A GUARDA                                      (Horario peninsular de ESPAÑA)
XOVES 25
10:00
11:00
12:00
13:00
(non)
(non)
(non)
(non)
19:00
20:00
VENRES 26
10:00
11:00
12:00
13:00
15:00
(non)
(non)
(non)
(non)
20:00
SÁBADO 27

11:00
12:00
13:00
15:00
16:00
(non)
(non)
(non)
(non)
DOMINGO 28

11:00
12:00
13:00
15:00
16:00
17:00
(non)
(non)
(non)

Observacións:                                                                 

-A falta de visibilidade coa néboa pode provocar algunha cancelación cando o transbordador teña que navegar fora do canal.


- Debido á marea baixa varíase o horario de saída e así non se cancela a saída.