24 de xul. de 2019

A GUARDA

Folclore tradicional, maxia, música, gastronomía, visitas guiadas,...

Todo un mar de actividades programadas para os vindeiros días na vila de A Guarda 



O Concello de A Guarda amosa gratuítamente a veciños e visitantes a Fortaleza de Santa Cruz  
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda programa para esta semana numerosas actividades nas que se inclúen un espectáculo de maxia, as V Xornadas Internacionais de Pesca de Orpagu, a VII edición do Mercado da Música, a XVI Festa do Peixe Espada, o XXVI Encontro dos Pobos e visitas guiadas polo casco urbano da vila e ao Monte Santa Trega.   

XOVES 25 

ESPECTÁCULO DE MAXIA


 Este xoves día 25 de xullo a carpa do porto da Guarda acolle o espectáculo de maxia «Lafayette Show» a cargo de Cayetano Lledó, un produtor e distribuidor de teatro, ilusionista e actor de improvisación galego.  

 O evento arrancará ás 20:30h cun espectáculo de maxia teatralizada, con comedia e humor, apto para todos os públicos. Teatro e ilusionismo con maxia musical, manipulación de cartas e obxectos, clown, cambios de vestiario, números de mentalismo, hipnose, pantomima, danza,...  


 O Centro de Interpretación das Fortalezas, ubicado na Fortaleza de Santa Cruz continúa acollendo a exposición de Praxíteles González Martínez, na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como a ponte do Tamuxe, a igrexa de Santa Mariña do Rosal, un muíño serradoiro e dúas vivendas, todos eles elementos patrimoniais ubicados no Rosal. Ademáis das maquetas das catedrais de Santiago de Compostela e Notre Dame, de París. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. 

 Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.

VISITAS GUIADAS GRATUÍTAS POLO CASCO URBANO

 O Concello de A Guarda, a través da Concellería de Turismo, ven de poñer en marcha as visitas guiadas polo casco urbano que terán lugar os mércores e xoves dende o 15 de xullo ata o 15 de setembro. 

 As visitas son de carácter gratuíto e non é preciso inscrición previa, tan só achegarse ás 12:00h ao punto de encontro, que será a Oficina de Turismo da Praza do Reló. 

 Este xoves terá lugar a visita singular da época moderna: “Castelo de Santa Cruz”. A duración estimada destas visitas é de aproximadamente 60 minutos. Trátase dunha oportunidade única para coñecer o rico patrimonio do casco urbano de A Guarda.  

VENRES 26 

V Xornadas Internacionais de Pesca sobre grandes migradores «Pesquería de tiburones»


 A Casa dos Alonso acolle este venres a quinta edición das Xornadas Internacionais de Pesca sobre grandes migradores «Pesquería de tiburones», un evento para profesionais do sector que se celebrará ao longo da mañá e que contará coa asistencia da conselleira do Mar, da Secretaria Xeral de Pesca, do alcalde de A Guarda e do presidente de ORPAGU, entre outras representacións e participantes.

VISITAS GUIADAS GRATUÍTAS AO MONTE SANTA TREGA 


 Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento arqueolóxico.  Terá unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. 

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.  

 O Centro de Interpretación das Fortalezas na Fortaleza de Santa Cruz acolle a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González Martínez.

 Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

 Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.  

SÁBADO 27 



 O Mercado da Música, organizado dende a Asociación Sopa de Sobre en colaboración co Concello de A Guarda, chega o sábado día 27 de xullo á súa VII edición cunha programación de actividades que terán lugar nos xardíns do Centro Cultural da vila e na que se inclúen concertos, obradoiros, venda de vinilos, artigos musicais, artesanía e moito máis. 

 Ás 11:00h da mañá arrancan as actividades previstas con pintacaras, mesa de debuxo e obradoiros para nenos e nenas. 

 Diferentes postos amosarán libros, artesanía, vinilos, instrumentos  musicais, roupa de segunda man, entre outros. 

 Para completar a programación do Mercado da Música contarase coas actuacións dos grupos Fábrica de Espejos, The Mirror, Cremawitch, Tecor Societario, Pledge,...  
  
XVI  Festa  do  Peixe Espada


  
 Gastronomía, concertos, un mercado de artesanía, obradoiros, xogos para os máis pequenos e deporte inclusivo, serán algunhas das actividades que se desenvolverán esta fin de semana no porto de A Guarda con motivo da  XVI  Festa  do  Peixe Espada. O evento, promovido pola Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) en colaboración co Concello, terá lugar na carpa do porto, onde haberá unha variada programación e oferta gastronómica na que o Peixe Espada será o rei da mesa. 






II FESTIVAL SONS DA GUARDA




 Tamén na xornada deste sábado, ás 20:00h na Praza do Reló, celebrarase o II Festival Sons da Guarda, organizado dende o Concello de A Guarda e a Asociación Arpegios - Cantábile e no que participan: Coro Arpegios, Coro Cantábile, Coral Polifónica de Verdoejo, Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, Coral da Agrupación Musical do Rosal e Coral Os Penediños, de Atios.  

 Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega. Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro do Monte Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do xacemento castrexo e que terá unha duración aproximada de 30 minutos. 

 Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos. 

 Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. 

 A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,50€ para menores de 14 anos.  

 No Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz continúa a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González. 

 Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

 Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.  

DOMINGO 28 


 Gastronomía, concertos, un mercado artesanal, obradoiros, xogos para os máis pequenos, serán algunhas das actividades que se desenvolverán na xornada deste domingo na Guarda con motivo da  XVI  Festa  do  Peixe Espada, evento organizado pola Organización de Palangreiros Guardeses (Orpagu) en colaboración co  Concello e que terá lugar na carpa do Porto. Ademáis dunha extensa programación cultural haberá unha saborosa oferta gastronómica na que o Peixe Espada será o rei da mesa.  

ENCONTRO DOS POBOS



 O festival folclórico internacional mais veterano da comarca do Baixo Miño chega un ano máis, e xa van 26 edicións, percorrendo diferentes concellos, sendo na Guarda o sábado 27 de Xullo, ás 22:00h na carpa da Festa do Peixe Espada no porto.  

 Participarán: Xamaraina, Vento Mareiro, Do Lusco ó Fusco,  Steirischer Schwung e Poligrodzianie. 

 No Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz pódese visitar a exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González.

 Horario de 11:00 a 14:00h e de 18:00 a 21:00h. 

 Entrada: 1€ adultos e 0,50€ ata 14 anos inclusive.

Ningún comentario:

Publicar un comentario