24 de xul. de 2019

TOMIÑO

A Praza do Seixo acollerá este venres o XXVI Encontro dos Pobos 

No Espazo Fortaleza celebrarase este sábado o Encontro Internacional de Bandas de Música 

  
Infogauda / Tomiño

  Dentro do ciclo “O Son da Praza”, a Praza do Seixo de Tomiño, acollerá este venres día 26 de xullo, a XXVIª edición do Encontro dos Pobos, organizado polo Grupo de Baile e Gaitas “Do Lusco ó Fusco”, coa colaboración do Concello de Tomiño.

 O festival é para todos os públicos e comezará ás 22:30 horas, con entrada libre. Nesta edición participarán agrupacións de Austria e Polonia, ademais dos grupos Virxe do Alivio, de Tomiño e o “Do Lusco ó Fusco”, de A Guarda.  

ENCONTRO INTERNACIONAL DE BANDAS DE MÚSICA

 Por outra banda, e tamén dentro dos actos culturais programados na axenda de verán municipal, o sábado día 27 de xullo, ás 21:00 horas, no Espazo Fortaleza de Goián, celebrarase o Encontro Internacional de Bandas de Música. Tamén para todos os públicos e con entrada de balde. Neste caso, ademais da banda anfitrioa - Agrupación Musical de Goián -, actuarán as bandas da U.V.C.D. de Candeán e de Lagares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario