24 de xul. de 2019

TOMIÑO

O Mercado Municipal acolle até finais de agosto a mostra colectiva “Unha de tres” 

Basilio Calzado e Gerardo Rebagliati presentan collages e Emilio Cabeiras, serigrafías  


A concelleira Cristina Martínez acompañou aos artistas na inauguración da mostra. Tamén asistiu o concelleiro de Deportes, Francisco Campo 
Foto: C.T.
Infogauda / Tomiño

 Até o 31 de agosto pode visitarse no Mercado Municipal de Tomiño a mostra “Unha de tres”; unha exposición plástica colectiva, na que Basilio Calzado e Gerardo Rebagliati expoñen collages figurativos ou abstractos cun fondo crítico á situacións sociais e políticas actuais.  

 Emilio Cabeiras, iniciado na Escola de Artes e Oficios de Vigo, expón traballos de serigrafía artística.  

 A concelleira Cristina Martínez acompañou aos artistas na inauguración da mostra. Tamén asistiu o concelleiro de Deportes, Francisco Campo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario