22 de maio de 2019

O ROSAL

O CONCELLO ESTÁ ACONDICIONANDO O APARCADOIRO MUNICIPAL DA ABADÍA 

Este espazo cercano á zona do Calvario, dará cobertura á necesidade urbana de aparcamento tanto no día a día comercial, como en eventos que requiran un extra de estacionamento


                             Ubicación do aparcadoiro municipal e maquinaria acondicionado a zona 
Fotos: C.O.R.

Infogauda / O Rosal
 
 O executivo municipal do Concello do Rosal, que preside María del Carmen Alonso Alonso fixo público que en breve estará rematado o acondicionamento do espazo anexo á Abadía destinado a aparcadoiro con capacidade para case 100 vehículos. 

 Este espazo cercano á zona do Calvario, dará cobertura á necesidade urbana de aparcamento tanto no día a día comercial, como en eventos que requiran un extra de estacionamento (Feira do Viño, Festas do Pilar, 10k, espectáculos e concertos, etc). 

 Unha pequena valada separará o espazo de arboleda próximo ao aparcadoiro, e que en breve será acondicionado como área de lecer con bancos e papeleiras para desfrute das persoas. 

 Este proxecto adiántase no tempo á gran aposta municipal, que será a humanización da Praza do Calvario.

A GUARDA









O Auditorio de San Benito acollerá o peche de campaña do partido socialista guardés con música e actividades 

O acto celebrarase este venres 24 a partir das oito da tarde   

A Guarda, 22 de maio.  O alcalde e candidato á alcaldía, Antonio Lomba, pechará a campaña electoral do 26M no Auditorio de San Benito. No acto, aberto a todo o público, poderase escoitar as propostas socialistas de cara ás vindeiras eleccións mais tamén desfrutar dos concertos e  de diversas actividades.    

 Unha das actuacións da tarde será a do dúo Blues do País, que reinterpretará clásicos do blues e do soul adaptándoos á retranca galega. Tamén actuará Andrea Botwin, que volve despois de varios anos fóra de España para dar un concerto en acústico acompañada por Víctor Roma. Na cita haberá obradoiros de manualidades e actividades para os máis cativos, como “pintacaras” e contacontos.   

PROXECTO SOCIALISTA 

 No acto, como ven sendo habitual nestes días, Antonio Lomba falará ante a veciñanza de propostas estratéxicas para o futuro da Guarda como son a creación dunha nova Escola Infantil Municipal, a reforma do pavillón da Sangriña, xestionar a construción dun novo auditorio,  continuar coa humanización das rúas e prazas así como seguir creando zonas de estacionamento disuasorio. Así mesmo, Lomba fará fincapé nas demandas da cidadanía que a Xunta ignora: a autovía Goián-Tui, a dotación de chan industrial e o acceso sur ao porto.   

 No acto participarán tamén Montserrat Magallanes, deputada provincial e número dous da lista, e Bárbara Domínguez, secretaria xeral das Xuventudes Socialistas da Guarda, que porán o énfase nas propostas en materia de economía, emprego, sanidade, igualdade e xuventude. 

(R.)

A GUARDA









ACTUACIÓNS E PROPOSTAS DE FUTURO RELACIONADAS COAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS PARA A PRÁCTICA DO BALONMÁN E COA CONVOCATORIA DOS GRUPOS POLÍTICOS CONCORRENTES NAS ELECCIÓNS PARA PARTICIPAR NUNHA CHARLA-DEBATE


 Dende a Agrupación Local Socialista da Guarda queremos manifestar, en primeiro lugar, que non nos parece correcto unha convocatoria realizada con tres días de antelación (luns 20 de maio) para unha charla-debate a 3 días das eleccións municipais (xoves 23 de maio). 

 No noso caso, non se consultou sobre a dispoñibilidade para asistir a charla e, como resulta obvio en plena campaña electoral, temos programados e anunciados moitos actos con veciños, sectores, asociacións e organizacións. Neste caso concreto para o xoves 23 de maio temos anunciado dende o principio de campaña unha charla mitin no Castro, ás 20:30 h, que en ningún caso, por respecto aos veciños, podemos anular. 

 En segundo lugar dubidamos que unha convocatoria de todos os grupos políticos para “charlar e debater” nun lugar que non é espazo electoral e sen previa solicitude a xunta electoral se poida realizar. 

 Por outra banda non temos ningún inconveniente en reunirnos cos responsables do Balonmán Atl. Guardés, como así o levamos facendo durante toda a lexislatura. A última xuntanza co presidente do club produciuse o sábado día 13 de abril. Naquela ocasión o alcalde da Guarda e candidato a alcaldía pola Agrupación Socialista da Guarda, Antonio Lomba, trasladou ao presidente as propostas de futuro e a disposición dos seu grupo e do concello a apoiar o balonmán sempre na medida das súas posibilidades. 

 As cuestións concretas trasladadas polo alcalde naquela xuntanza respecto aos intereses do Atl. Guardés foron as seguintes:

1º. O concello ten un ambicioso proxecto, redactado pola Deputación de Pontevedra, de reforma e ampliación do pavillón municipal da Sangriña. Este proxecto que tivo entrada estes días no concello, e que aínda está en fase de revisión, está a disposición dos responsables do balonmán. Naquela xuntanza o alcalde comunicou ao presidente do club que quería que fora o primeiro en coñecer o documento. Este proxecto, para o que habería que buscar financiamento, representa unha solución para o pavillón na Guarda a medio prazo. 

 2º O alcalde trasladou tamén, a José Manuel Silva, que o concello estaba redactando unha modificación do PXOM para un “Plan especial de Infraestruturas e Dotacións Deportivas da Sangriña”, na zona da Piscina. A recualificación deste terreo rústico en dotacional deportivo permitirá habilitar 20.000 m2 para un futuro pavillón ou multiusos. Este proxecto xa comezou a súa tramitación, está redactado e enviado á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático para a Avaliación Ambiental Estratéxica. A habilitación deste terreo permitirá que nun futuro, no caso de conseguir financiamento, se poida construír na Guarda un novo pavillón. Está iniciativa está pensada como a solución a longo prazo. 

 3º Por último o alcalde tamén comunicou, ao presidente do Mecalia Atl. Guardés, que o concello aumentou a subvención ao club. Os 25.000 € que recibía increméntanse, para este ano 2019, en 10.000 € máis, vinculando esta subida as necesidades do club no caso de que teña gastos extraordinarios con motivo da súa participación en competicións da copa da Raíña ou Europeas. 

 Hai que lembrar que os esforzos en investimentos e xestión feitos polo concello nesta lexislatura foron importantes. Conseguimos a reforma dos vestiarios, o novo alumeado, a reparación da cuberta e o novo marcador, entre outras cousas. 

 Para o futuro queremos trasladar ao club que, polo que a nós respecta, o concello da Guarda sempre estará a súa disposición para colaborar na medida das súas posibilidades.

 Agrupación Local Socialista da Guarda 
 Monserrat Magallanes Álvarez 
 Secretaria Local

(R.)

OIA

LUÍS VILLARES E ANA SEIJAS, DE EN MAREA, ESTARÁN EN OIA
 
Este xoves día 23 de maio as 12:30 horas, diante do Mosteiro de Santa María de Oia



Ana Seijas, Luis Villares e Xoán Lois Vila, na zoa de Paramos
Foto: Arquivo

Infogauda / Oia

 Luís Villares e Ana Seijas manterán un encontro con Xoán Lois Vila Pinel, concelleiro do Grupo Mixto, candidato á alcaldía, e outros membros de Movemento Oia, para falar da situación do patrimonio da zona. 

 O devandito encontro terá lugar este xoves día 23 de maio, ás 12:30 horas, diante do Mosteiro de Santa María de Oia, onde tratarán sobor da situación actual do BIC, os problemas do saneamento no curso polo Camiño de Santiago da Costa, a contaminación do litoral por causa das depuradoras ilegais, a protección da Serra da Groba entre outros problemas que incumben ao Concello.

OIA

PATRIMÓNIO

Considerações  paisagistas em Oia
(28ª parte)  




ENCONTROS POLIORCÉTICOS / Oia      

 Se alguma coisa está a faltar em Oia, a todos os níveis, essa chama-se transparência. Além disso, deteta-se uma caça às bruxas” pouco dissimulada da parte dos proprietários do mosteiro relativamente às associações que rejeitam o projeto construtivo anexo. Reabilitar, preservar, nada tem a ver com erguer, com construir. Muito menos com acrescentar corpos e volumes, com fazer estranhas “melanges” deturpadoras (sejam estas quais forem). Na linguagem preservativa NÃO HÁ CABIMENTO PARA ACRÉSCIMOS. É esta  regra fundamental de toda ação recuperadora, mais ainda num enclave cenobial. Assim sendo, passo de Lista Vermelha a Lista Verde do Património revela num primeiro olhar uma iniciativa oportunista da Xunta no sentido de se antecipar e oferecer um possível produto decorrente da truculência. Presentemente, implementaram coberturas, falaram de cifras concretas, sim, mas isso advém duma denúncia oportuna perante Hispania Nostra”, com a que já tinhamos contatado em Novembro do ano passado. De qualquer das maneiras, não seria correto abrir portas ao público recém colmatadas essas coberturas (teria toda a lógica colocar a pergunta sobre o estado dos interiores, de todos os espaços internos). Começaram a casa pelo telhado no intuito nada inocente de ganhar tempo.   

 “Kaleidos” optou por semear a ideia de queHispania Nostra” não tinha estabelecido contato nem com a Direção Geral do Património Cultural galega,  nem com o Concelho de Oia, nem sequer com eles próprios. É credível tal afirmação? NÃO, DE TODO. “Hispania Nostra” não brinca em serviço, dado ser filial espanhola de Europa Nostra”, entidade de sobejo prestígio internacional. Acontece, no entanto, que tendo cumprido o seu dever (Análise de danos e Previsão a curto prazo de patologias), não está no seu elenco de habilitações protocolárias fazer um estudo paisagista apurado. Eis o cerne da questão! Apartir desta premissa, poderiam começar os problemas para os proprietários do mosteiro no sentido de não terem respeitado o núcleo normativo internacional na questão paisagista (um variado leque de normas, recomendações, seminários, etc. como a Declaração de Newcastle, Convênio Europeu da Paisagem, Lei galega específica da Proteção da Paisagem, etc ). Dá-se início ao contencioso paisagista em Oia, sendo a verdadeira notícia e novidade a ponderar. Aliás, na estratégia dos perpetradores estava incluido o afastamento desta questão por receio de serem levantados interrogantes obvios sobre a oportunidade de suplantar paisagens imediatas, próximas; PALIMPSESTAR um território é crime paisagista, é contra-ordenação. Existem de facto três destes palimpsestos: 1) Jardins de Suplantação; 2) Volumes erguidos em Zona de Proteção e 3) Urbanização padronizada ao norte.            

 Aquilo que pode ter acontecido pertence mais ao mundo dumas administrações que se digladiam todos os días e às que custa encontrar sempre pontos de anuência. As questões de competência no seio delas entram em simultaneidade com a soberba atitude de grupos empresariais que julgam estar na posse da verdade. No caso da Xunta galega, setor turístico impõe na prática o seu ditado hegemónico, prejudicando claramente outros supostos bem importantes e até estratégicos. ICOMOS deve atuar sem condicionantes, de forma ilibada. ICOMOS é UNESCO e possui autonomía suficiente para mudar comportamentos. Atualmente, procede-se à prestidigitação e à meia verdade no relativo a planos e acabamentos na zona protegida do mosteiro. 

 Artigo precedente

A GUARDA

EDUCACIÓN

Aberto o prazo para solicitar praza do curso 2019/20 na Escola Infantil Municipal 


Infogauda / A Guarda 

 No día de hoxe, o executivo municipal do Concello de A Guarda, deu a coñecer que o “departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa da apertura do prazo para solicitar praza na Escola Infantil Municipal para o vindeiro curso 2019/20.  

 O prazo de ingreso estará aberto ata o 31 de maio a través do departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda en horario de 9:00 a 13:00h.  

 A escola infantil municipal da Guarda é un centro de atención diurna de carácter socio educativo para os nenos e nenas de 3 meses a 3 anos de titularidade municipal.  

 Entre os seus obxectivos destacan a promoción e o fomento do desenvolvemento integral dos nenos e nenas e a aprendizaxe das habilidades cognitivas e creativas do neno e nena, facilitar a conciliación familiar entre a vida familiar e laboral, facilitar o desenvolvemento de valores individuais e sociais básicos: cooperación, solidariedade, respecto, etc…, lograr un equilibrio afectivo satisfactorio, respectar a singularidade e diversidade de cada menor, entre outros.  

 As familias interesadas deberán presentar a súa solicitude e a documentación requirida dentro do prazo establecido no regulamento de organización e funcionamento da escola infantil municipal publicado no BOP o 9 de outubro de 2009.   

 A documentación e impresos poderán descargala na web municipal no apartado de normativa e trámites.

A GUARDA

Aberto o prazo de inscricións para a Feira de Artesanía da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira 


A rúa do Porto acollerá a Feira de Artesanía na programación da festa os días 6 e 7 de xullo
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda organiza os días 5, 6 e 7 de xullo a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira na súa XXIX edición.   

 Como nas anteriores edicións a rúa do Porto acollerá a Feira de Artesanía na programación da festa os días 6 e 7 de xullo.   

 Os artesáns interesados poden descargar as bases para o seu coñecemento na web municipal.   

 O prazo de inscricións remata o vindeiro luns día 27 de maio, sendo obrigatorio presentar cumprimentada a solicitude xunto coa información que consideren oportuna como a carta de artesán ou fotografías da artesanía que elaboran a turismo@aguarda.es.   

 Para calquera dúbida poden contactar coa Oficina de Turismo, no teléfono 986 61 4546.  

 Para solicitar a participación na Feira de Artesanía da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira: 
- Remitir a solicitude cumprimentada completa a turismo@aguarda.es e incluír a documentación. 
- Prazo de entrega das solicitudes: luns, 27 de maio de 2019

A GUARDA

SEGURIDADE VIAL

O Concello mellorará a seguridade viaria no entorno da Sangriña

O prazo estimado de execución destas obras é de 9 meses, cun custe total de 867.680,97€ IVE engadido


As actuacións levaranse a cabo no Paseo de Portugal e no viario de acceso ao Pavillón Municipal 
Fonte: C.A.G.

Infogauda / A Guarda  

 O executivo municipal que preside o alcalde Antonio Lomba Baz deu a coñecer no día de hoxe que “o Concello da Guarda ven traballando dende fai tempo nun proxecto integral para a mellora da seguridade viaria na zona da Sangriña, un espazo no que se atopan diferentes equipamentos educativos, deportivos e de servizos como o CEIP e IES A Sangriña, o Campo de Fútbol, o Pavillón Municipal, entre outros.  

 As actuacións levaranse a cabo no Paseo de Portugal e no viario de acceso ao Pavillón Municipal con zonas de aparcamento, dous novos pasos de peóns, novas beirarrúas, así como dúas glorietas que permitirán mellorar a seguridade vial e facilitar a circulación de vehículos. O proxecto inclúe a reserva de prazas de estacionamento para discapacitados e autobuses para deixada e recollida dos alumnos e alumnas dos centros educativos.  

 Esta actuación ven a solventar un problema de seguridade viaria e peonil, urbanizando unha zona cunha gran concentración de persoas, maioritariamente nenos e nenas que asisten aos centro educativos e ás instalacións deportivas, cun tráfico medio de 400 vehículos diarios.  

 O proxecto tamén permitirá renovar as tubaxes da rede de abastecemento de augas, así como a de augas fecais e a instalación de sumidoiros e canaletas para as augas fluviais, así coma tamén a renovación do alumeado existente na zona de actuación e a rede de telecomunicacións.  

 O prazo estimado de execución destas obras é de 9 meses, cun custe total de 867.680,97€ IVE engadido, tendo en conta tamén as expropiacións que se teñen que realizar.

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

Parque Forestal do Monte Santa Trega   

A Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común  de Camposancos rematou os traballos previstos

Cun investimento total de 90.000 €



Vista da parroquia de Camposancos desde o Monte Santa Trega
Foto: Infogauda

Infogauda / Camposancos 

 A Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos, rematou o pasado xoves día 16 de maio, os traballos que dende outubro de 2018 viña realizando no Monte Santa Trega cun equipo humano formado por un enxenieiro técnico e 5 operarios polivalentes.   

 En declaracións a este xornal dixital transfronteirizo, o presidente da xunta reitora da devandita Comunidade de Montes, José Fernando Martínez Martínez afirmou: Nese tempo realizamos os seguintes traballos:  Podamos todas as árbores frondosas de Chans en 10 hectáreas e a ramaxe triturámola para biomasa cunha máquina prestada polo Concello; plantamos máis de 1.000 árbores frondosas en colaboración cos colexios locales; arrincamos os rebrotes de acacias e eucaliptos en máis de 20 hectáreas (neste traballo tamen se implicaron os colexios); desbrozamos 15 hectáreas de toxo, silvas, xestas, etc…  

 Para estas labouras foi moi importante a colaboración da Deputación de Pontevedra que do plan "Parques forestais" fíxonos unha achega de 19.727,65 €, e a do Concello, que aportou 3.000 €, e o Padroado Municipal Monte Santa Trega aportará una cantidad inicial de 9.000 €. 

 O Concello tamén nos subvencionou con 18.700 €, o arranxo dos vestiarios do campo de Chans.   

 O total do investimento foi de 90.000 €. Iso quer decir que a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos gastou de fondos propios preto de 40.000 €.   

 Seguimos comprometidos co emprego. Seguimos creando futuro.

O ROSAL

O ALUMNADO DE 3º ESO PMAR DO CPI SUÁREZ MARQUIER GAÑOU UN PREMIO POLO TRABALLO FEITO NA RADIO CO PODCAST OS CABAQUEIROS
 


Infogauda / O Rosal

 O alumnado de 3º ESO PMAR, do CPI Manuel Suárez Marquier ven de gañar un premio polo traballo feito na radio co podcast Os Cabaqueiros.

 Segundo informou o executivo municipal do Concello do Rosal que preside Mª del Carmen Alonso Alonso "tratábase, de estimular o coñecemento e difusión do patrimonio cultural Galego, mediante o recoñecemento de boas experiencias, a elaboración de produtos radiofónicos enfocados a salientar a riqueza do patrimonio material e inmaterial de Galicia, especialmente vinculado ao medio xeográfico, cultural e humano máis próximo ao centro. Neste caso falando do oficio dos cabaqueiros."

 Desde o Concello do Rosal dánlles a "noraboa ao alumnado de 3º de PMAR polo traballo ben feito e desexámoslles moitos éxitos máis".

TOMIÑO

O Concello de Tomiño leva a compostaxe aos centros escolares de Infantil e Primaria 

Ao final de cada actividade, entrégaselle ao alumnado un exemplar do libro editado co apoio do Concello, “Os Bolechas limpan Tomiño”, de Pepe Carreiro  


O Concello de Tomiño está a poñer en marcha os composteiros dos centros escolares do municipio
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño, na súa aposta pola mellora na reciclaxe de residuos e prevención, está a poñer en marcha ao longo do mes de maio, os composteiros dos centros escolares do municipio.

 O obxectivo, como xa se fixo no CRA (Colexio Rural Agrupado), é ensinar aos mais pequenos, como darlle outra vida ao lixo orgánico e de forma sinxela e natural, obter un bo compost para a horta, que ademais de mellorar a fertilidade, a estrutura e a humidade da terra, tamén proporciona  melloras medioambientais e económicas, ao evitar desprazar os residuos e xestionalos no lugar onde se xeran.  

 Ao mesmo tempo, estanse desenvolvendo actividades para todo o alumnado de Infantil e Primaria, no marco do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, coa colaboración dos educadores ambientais do CEIDA e dos mestres composteiros do Concello (Plan Revitaliza). “A idea é ensinarlles, xogando, como separar os diferentes residuos, como se produce o compost, e que animaliños nos axudan a traballar no composteiro”, explica María Xosé Vázquez, concelleira de Medio Ambiente.  

 Ao final de cada actividade, entrégaselles un exemplar do libro editado co apoio do Concello, “Os Bolechas limpan Tomiño”, de Pepe Carreiro, onde  os personaxes recollen o lixo, percorrendo os distintos colexios e lugares emblemáticos de Tomiño, depositándoo ao final no colector correspondente.

TOMIÑO

Tomiño é un dos poucos concellos galegos que terán wifi gratis nos espazos públicos 

O Concello logrou colarse entre o medio millar de municipios españois (unha ducia deles galegos) que puideron solicitar a axuda da UE no primeiro minuto de apertura da convocatoria  


 Praza do Seixo (Tomiño)
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 Tomiño é un dos 510 municipios españois que poderá beneficiarse das axudas que concede a Unión Europea para financiar a instalación de wifi gratis de alta velocidade en espazos públicos (parques, edificios municipais, etc.). 

 A Comisión Europea anunciou o nome de 3.400 municipios europeos (510 en España e unha ducia en Galicia) que recibirán unha axuda de 15.000 euros para financiar estas instalacións, dentro do programa “Wifi4EU”, co que a UE quere apoiar a instalación de conexións de alta velocidade en municipios europeos (entre 6.000 e 8.000), cun orzamento de 120 millóns de euros para o período 2018-2020.  

 A convocatoria para solicitar estas axudas estivo aberta só dous días (4 e 5 de abril de 2019) e participaron case 10.000 concellos. Segundo informou a UE, practicamente a totalidade dos municipios presentaron a súa solicitude no primeiro, minuto tras a apertura da convocatoria por orde de inscrición. Tomiño foi un deles ao lograr colarse nese primeiro minuto, conseguindo ser o único concello do Baixo Miño en contar con esta axuda. Segundo explica Antonio Tartaglione, responsable de Promoción Económica de Tomiño, o Concello non se presentou á primeira convocatoria destas axudas por non ter confirmada a existencia de fibra óptica na zona. “Agora, que xa se están a instalar as conexións de fibra óptica nos núcleos urbanos de Tomiño e Goián, pensamos que era o momento idóneo para pedir a axuda”, apunta.  

 Os municipios que reciban os fondos deben garantir que a conexión ‘wifi’ estea dispoñible nun prazo de 18 meses e os concellos terán que definir o seu proxecto, seleccionar a compañía para a instalación e facer fronte aos custos de mantemento. A conexión que se ofreza debe ser de alta calidade , tendo que supervisar a UE que se cumpra este criterio.

DEPORTES

Anahí Álvarez Guerner, patinadora tomiñesa, participará na categoría junior no Campionato de España 

A proba celebrarase en Bilbao entre o 29 de maio e o 2 de xuño próximos  


  Anahí Álvarez Guerner  
Foto: C.T.

 Infogauda / Tomiño

 Anahí Álvarez Guerner, patinadora tomiñesa, participará na categoría junior no Campionato de España que se celebrara en Bilbao entre o 29 de maio e o 2 de xuño.  

 Anahí foi seleccionada como promesa na modalidade de patinaxe, no Concello de Vigo, e acadou numerosos títulos provinciais e rexionais nos últimos anos.  

 Dende a Concellería de Deportes, fan chegar a Anahí parabéns polo seu esforzo e dedicación e desexos de moita sorte no campionato.

TOMIÑO

ADETO PON EN MARCHA UNHA NOVA CAMPAÑA NA CAL UN ÚNICO PREMIADO RECIBIRÁ 1.000 € EN VALE COMPRA

 
  ADETO / Tomiño

 Nova campaña que realiza este ano a asociación, cos obxectivos de fomentar as compras nos establecementos asociados e de premiar a fidelidade dos clientes. Dende o 22 de maio e ata o 26 de xuño de 2019.  

 Gañar 1.000€ é moi fácil:   

 Consigue o teu pasaporte nun dos establecementos adheridos a esta campaña. Cando fagas unha compra de 30 € ou máis nun destes establecementos, pide que te selen o pasaporte nunha das casiñas. 

 Completa o teu pasaporte en 8 establecementos diferentes e entrégao en Adeto (de 10 a 13 h)   

Premio: 
• 1 premio de 1.000 € en vale de compra para consumir nos establecementos participantes.  

Datas: 
• Prazo máximo para entregar pasaporte: 28 de xuño. 

• Sorteo: 6 de xullo ás 12 h na Praza da Mina. Nese momento chamarase ó premiado para que veña a recoller o premio ese mesmo día ás 20 h, de non responder ou non poder asistir a recollelo ou non poder enviar a ninguén, sortearase outra vez   

• Entrega de premio: 6 de xullo ás 20 h na Praza da Mina.  

Máis info e bases: www.adeto.org

LÍNGUA

A Xunta e a Academia Xacobea promoven a poesía arredor do Camiño de Santiago  

O secretario xeral de Política Lingüística asiste á presentación do I Premio de Poesía 'Camiño de Santiago', co fin de promover e divulgar o fenómeno xacobeo

A participación está aberta ata o 24 de agosto a poetas tanto de Galicia coma de outras zonas e as obras gañadoras serán publicadas en galego e en castelán 


O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García - no centro da imaxe -, asisitiu hoxe ao acto de presentación. Participaron canda el na presentación o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou - a esq. da imaxe -, e mais o representante de Ediciones Carena José Membrive
Foto: X.G.

Infogauda / Santiago de Compostela

 A Consellería de Cultura e Turismo, co patrocinio de Ediciones Carena, promove a poesía arredor do Camiño de Santiago e do Xacobeo 2021, co I Premio de Poesía Camiño de Santiago. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asisitiu hoxe ao acto de presentación no que lle deu a benvida “a un novo certame que contribuirá, desde a poesía, á proxección exterior da lingua galega arredor do Camiño e do Xacobeo”. García referiuse a isto como “un fenómeno cultural e tamén lingüístico que nos une con Europa e con tantos peregrinos e peregrinas que chegan a Galicia nunha oportunidade única que nos cómpre aproveitar sempre, para dar a coñecer que temos unha lingua e unha cultura propias, que nos singularizan, nos enorgullecen e nos definen como galegos e galegas”. Participaron canda el na presentación o presidente da Academia Xacobea, Xesús Palmou, e mais o representante de Ediciones Carena José Membrive.  

 Ao certame poderán concorrer, desde hoxe ata o vindeiro 24 de agosto, todos os e as poetas de calquera lugar do mundo que presenten un poemario orixinal en galego ou castelán, cuxo contido oscile entre os 450 e os 550 versos arredor do tema “a vida como camiño” e que manteñan unha vinculación co Camiño de Santiago desde a perspectiva do conxunto do poemario. A obra gañadora recibirá 1.500 euros, un diploma acreditativo e a publicación da obra, tanto en galego coma en castelán, pola Editorial Carena. Haberá tamén un accésit sen dotación económica para a mellor obra literaria redactada no idioma que non obteña o primeiro premio.  

 A decisión do xurado darase a coñecer o 17 de setembro e o premio entregarase nun acto público en decembro de 2019. Toda a información e bases no Portal da Lingua Galega.

NOVAS TECNOLOXÍAS

O presidente da Xunta asistiu esta mañá ao acto celebrado con motivo da primeira conexión 5G Vodafone en mobilidade (roaming) a nivel mundial 

Galicia aspira a ser das primeiras rexións europeas en dispoñer dos servizos avanzados que posibilitará o 5G en eidos como o vehículo conectado ou a extinción de incendios  

Feijóo asevera que a Comunidade quere seguir aproveitando as oportunidades desta tecnoloxía para mellorar tamén a calidade dos servizos públicos básicos, como a sanidade –coa prestación de servizos médicos a distancia- ou a educación

O presidente da Xunta incide en que Galicia conta, entre outros aspectos, cun hipersector TIC, formado por 3.400 empresas e máis de 23.000 profesionais  

O titular da Xunta avoga por seguir apostando pola formación e lembra que só en España o impacto económico do 5G nos sectores da automoción, saúde, transporte e servizos públicos será de máis de 14.600 millóns antes do 2025  

Afirma que a cidade de Vigo e a cidade da Coruña converteranse nas dúas primeiras cidades de España e das poucas de Europa que van ter cobertura 5G


O presidente da Xunta incidiu en que Galicia non so quere estar presente nesta revolución cotiá que imos vivir, senón que conta ademais con capacidade e fortalezas para posicionarse
Foto: X. G.

Infogauda / Tui

   O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que Galicia aspira a ser das primeiras rexións europeas en dispoñer dos servizos avanzados que posibilitará o 5G en eidos como o vehículo conectado ou a extinción de incendios.  

 Durante o acto celebrado con motivo da primeira conexión 5G Vodafone en mobilidade (roaming) a nivel mundial, entre Tui e Valença do Minho, Feijóo aseverou que a comunidade galega quere seguir aproveitando as oportunidades desta tecnoloxía para mellorar a calidade dos servizos públicos básicos, como a sanidade –coa prestación de servizos médicos a distancia- ou a educación; incrementar a competitividade das empresas; e favorecer o desenvolvemento das cidades intelixentes e os vehículos conectados.  

 Para isto, resaltou que a Comunidade conseguiu conformar un nodo 5G, co compromiso dos tres principais operadores -Vodafone, Telefónica e Orange- para realizar 9 casos de uso de 5G ata o 2020. Ao respecto, destacou, a modo de exemplo, os tres proxectos piloto de Vodafone: un en materia de extinción de incendios. Outro sobre a ambulancia 5G, conectada en tempo real a través de redes sen fíos de alta capacidade que permite a monitorización do paciente crítico remoto. E, en relación á terceira iniciativa, Feijóo destacou a aposta polo coche conectado, para a mellora na xestión do tráfico en interseccións coa comunicación entre vehículos e viandantes, entre outros aspectos.  

 Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta incidiu en que Galicia non so quere estar presente nesta revolución cotiá que imos vivir, senón que conta ademais con capacidade e fortalezas para posicionarse: con empresas tractoras en sectores como a automoción, o téxtil ou a alimentación; cun hipersector TIC, formado por 3.400 empresas e máis de 23.000 profesionais; con universidades e centros tecnolóxicos en ámbitos como as telecomunicacións, a supercomputación e a automoción, ou a Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo; con proxectos innovadores directamente relacionados coas tecnoloxías 5G, como o corredor entre Vigo e Porto para realizar ensaios transfronteirizos en torno ao vehículo conectado; e co operador público neutro, Retegal, con capacidade para facilitar e racionalizar os despregamentos en rede.  

 Así mesmo, Feijóo fixo fincapé na importancia de ofrecer formación neste eido, mentres os diversos sectores profesionais toman conciencia das oportunidades e cambios que pode supoñer o 5G en conxunción con outras tecnoloxías, referíndose á posta en marcha, en setembro, do novo Curso de Especialista en Tecnoloxías de Quinta Xeración, con 200 horas lectivas e a participación de expertos do mundo empresarial. Non en van, estímase que só en España o impacto económico do 5G nos sectores da automoción, saúde, transporte e servizos públicos será de máis de 14.600 millóns de euros antes do 2025.  

 Feijóo concluíu reiterando que Galicia aspira a seguir posicionándose no eido do 5G como a única Comunidade en presentar iniciativas dos tres operadores ás axudas estatais para subvencionar pilotos 5G. “E a cidade de Vigo e a cidade da Coruña converteranse nas dúas primeiras cidades de España e das poucas de Europa que van ter cobertura 5G” abundou. 

Primeira conexión transfronteriza con 5G a nivel mundial  

 Vodafone España e Vodafone Portugal, xunto a Ericsson levaron a cabo hoxe a primeira conexión 5G de datos transfronteriza do mundo, entre as localidades de Tui e Valença do Minho.  

 Deste xeito, dous xogadores profesionais do equipo Giants Vodafone (Fox y Tojor) completaron o traxecto entre Tui e Valença en dous coches mentres xogaban en sendas tablets a PUBG Mobile.  

 Durante o traxecto os gamers desfrutaron das vantaxes do 5G, con valores de latencia inferiores a 10ms e velocidades superiores aos 700Mbps.  

 O gaming é un dos sectores que se verá máis beneficiado desta tecnoloxía, xa que proporciona as latencias necesarias para xogar en tempo real en calquera momento e en calquera lugar. O 5G reducirá notablemente os tempos de resposta das apps móbiles, permitindo a aparición de novas categorías de xogos móbiles, así como de potenciais campionatos e ligas profesionais nestas plataformas.

ARCOS DE VALDEVEZ

Câmara Municipal recebe equipa de futebol escocesa  



María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Nos dias 18, 19 e 20 de maio o ARC Paçô recebeu no seu complexo desportivo um grupo de veteranos escoceses, para um convívio que incluiu um jogo de Futebol. 

 Foi neste âmbito que a Câmara Municipal teve o prazer de receber esta equipa nos Paços do Concelho, aproveitando para lhe dar as boas-vindas e desejar uma boa estadia, bem como fazer uma breve apresentação do concelho.  

 Neste momento o Presidente da Câmara fez referências históricas e patrimoniais, enalteceu as belezas naturais e a qualidade da gastronomia e dos vinhos locais, bem como enumerou alguns pontos de visitação obrigatória.

ARCOS DE VALDEVEZ

PAÇO EM FAMÍLIA

Jóias de Ontem para Hoje


 María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Desde a Pré-história que o homem e a mulher utilizam diferentes objetos para se embelezarem. Inicialmente eram feitos de conchas, dentes de animal, osso e pedra. Mais tarde começaram a utilizar metais como o cobre, o ouro e a prata. 

 Nesta oficina partimos à descoberta das jóias e objetos de adorno criados ao longo do tempo, desde os colares de contas aos brincos de filigrana.  

 Através de diferentes técnicas e materiais e com a ajuda da arqueologia experimental, vamos criar a nossa própria jóia, inspirados na ourivesaria castreja, romana ou medieval. 

 No final, vestidos a rigor, faremos uma demonstração das nossas obras de arte! Atividade gratuita, sujeita a inscrição prévia. A inscrição poderá ser efetuada presencialmente ou através dos contactos: 

 Email: pacodegiela@cmav.pt 

 Telefone: 258520529

MOBILIDADE

A MEMORIA DE AFOROS DE REVELA QUE AS ESTRADAS PROVINCIAIS AUMENTARON O SEU TRÁFICO NUN 2,8% NO ANO 2018   

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que a mediados de xuño rematarán as primeiras medicións da campaña de 2019   

Os puntos de control estiveron na comarca de Pontevedra ata a pasada semana, están agora na zona sur, e finalizarán en O Morrazo e O Salnés  


O obxecto da Memoria anual de aforos é dar a coñecer a demanda de mobilidade nas estradas de titularidade da Deputación de Pontevedra
Foto: D. PO.

Infogauda / Pontevedra

 A Deputación de Pontevedra vén de facer pública a Memoria anual de aforos 2018, un documento no que se recompila a información obtida sobre o tráfico nas estradas da súa competencia durante o ano 2018. Este estudo revela, analizando os datos de tráfico da totalidade da rede rexistrados nos dous últimos anos e as extrapolacións correspondentes, que as intensidades de tráfico experimentaron un aumento do 2,8 % no 2018 con respecto ao exercicio anterior, sendo o incremento de vehículos pesados dun 4,3%. 

 O obxecto da Memoria anual de aforos é dar a coñecer a demanda de mobilidade nas estradas de titularidade da Deputación de Pontevedra, é dicir, o uso que se fai destas infraestruturas, e tamén facilitar o acceso aos datos, que se poden consultar no apartado de Mobilidade da páxina web da Deputación (www.depo.gal/plan-de-aforos) nas fichas correspondentes a cada estrada. 

 Trátase dun estudo centrado na obtención do parámetro da intensidade media diaria (IMD) dotráfico, que representa o número de vehículos que transitan de media ao día nas estradas que compoñen a rede viaria. Extráense tamén outros parámetros relacionados coa circulación como a velocidade ou a tipoloxía dos vehículos, necesarios para posteriores estudos de trazado e actuacións de conservación na rede. 

 En conxunto, no 2018 realizáronse un total de 142 aforos en 118 treitos da rede de estradas. Os datos de tráfico dos 294 treitos restantes que conforman a rede obtivéronse a través dun proceso de extrapolación con aqueles que si foron obxecto de aforo, o que permite ter un coñecemento do tráfico que anualmente circula pola totalidade da rede de estradas da Deputación de Pontevedra. 

 Os datos de tráfico reflíctense nunha ficha por cada estación coa intensidade media diaria en 2018, indicando a porcentaxe de vehículos pesados e, entre outros datos, a distribución horariado tráfico. Coa información reunida elaboráronse tamén os mapas de IMD da provincia, nos quese representa con cores a intensidade de vehículos totais e pesados que circulan pola totalidadeda rede provincial. 

 Para a Deputación de Pontevedra este documento é unha ferramenta de traballo fundamentalna xestión e explotación das estradas, ademais dun instrumento para a planificación e decisión de novas actuacións en infraestruturas. O estudo dos aforos de 2018 forma parte dun plan de catro anos que permite, así mesmo, ver a evolución da circulación de vehículos. 

Medicións campaña 2019 

 O departamento de Mobilidade da Deputación dirixido por Uxío Benítezestá a desenvolver nestes momentosa primeira parte da campaña de 2019 de control deaforos. Neste exercicio realizaranse un total de 150 medicións, das que 119 serán semanais e 31 diarias en estradas de diferentes tipoloxías. 

 Segundo explica o deputado nacionalista a campaña de 2019 está dividida en dúas épocas do ano. A primeira comprende os meses de marzo, abril, maio e comezos de xuño, mentres que o segundo período de aforos realizarase en outono, e servirá para volver aforar as estradas ou treitos de estradasde maior tránsito que se medirán dúas veces no exercicio. 

 Durante o mes de maio os puntos de control dos aforos situáronse nas estradas da comarca de Pontevedra (EP-0001 Bértola-Canicouva-Pontesampaio, EP-0012 Juan XXIII-Figueirido, e EP-0018 Xeve-Amil-Espedregueira en dous puntos; Ponte Caldelas (EP-0201 Ponte Caldelas-Barbudo e EP-0204 PO-255-Mirón); Cotobade (EP-0406-Vilanova-Tenorio); Barro (EP-0507 Portela-Valiñas-Portas) e Poio  (EP-0602 Portosanto-Lourido-Campelo); así como no Concello de Marín, xa na comarca do Morrazo, na EP-1203 Campo-Pardavila. 

 Nestes días os traballos de medición están a realizarse nas estradas provinciais do Val Miñor Pazos, Redondela, Tomiño, Ponteareas. En Nigrán están na EP-2102 Nigrán-Vincios e na EP-2107 Ramallosa-Parada a Vilariño; en Baiona na EP-2203 Baredo-Baiona-Loureza; en Gondomar nas EP-2301 e EP-2304 Gonomar-Peitieiros e Donas-Mañufe. Tamén nas estradas de acceso a Calvos e Fornelos-Fentín en Pazos, na Redondela-Cepeda, en tres puntos da vía Tomiño-Sabarís, e na Areas-Alxán-Cabreira. 

 Una vez se retiren os aforos desas estradas pasarán ao Morrazo, onde no Concello de Cangas se estudarán a Cangas-Coiro-Magdalena, Magdalena-Aldán, Viso-Hío, Hío-Donón e de acceso ao Monte Carrasco. No Concello de Moaña estudarase a EP-1104 Moaña-Coiro; e en Bueu a estrada de acceso á praia de Aguete. Seguindo na zona sur da provincia estudaranse a estrada Porriño-Torneiros (Porriño), Puxeiros-Peinador (Mos), Tui-Rebordáns (Tui), Tabagón-Rosal-Portecelo (O Rosal), Tortoreos-Rubiós-Carrasqueira (As Neves), e Cañiza-Arbo (Arbo). 

 Na zona do Salnés comezarán os controis de tráfico o vindeiro luns en O Grove na EP-9106 de acceso á praia do Carreiro e na EP-9210 de Sanxenxo, de acceso a Roxique. Seguirán por Cambados (EP-9005 Corbillón-Tremoedo), Sanxenxo (EP-9211Vilalonga-Fianteira), Vilanova (EP-9702 As Sinas-Vilanova) e Illa de Arousa (EP-9801 Ponte-Laxes e EP-9802 da estrada As Aceñas).  

 Todas estas estradas terán contadores semanais que rexistrarán o paso de vehículos e as súas velocidades, entre outros datos, a través de estacións pneumáticas  que consisten nun aforador móbil conectado a dúas gomas que se ancoran na estrada e que detectan o paso pola presión que se exerce sobre elas. Os datos obtidos darán lugar á Memoria anual de aforos 2019.