A MEMORIA DE AFOROS DE REVELA QUE AS ESTRADAS PROVINCIAIS AUMENTARON O SEU TRÁFICO NUN 2,8% NO ANO 2018
O deputado de Mobilidade Uxío Benítez explica que a mediados de xuño rematarán as primeiras medicións da campaña de 2019
Os puntos de control estiveron na comarca de Pontevedra ata a pasada semana, están agora na zona sur, e finalizarán en O Morrazo e O Salnés
O obxecto da Memoria anual de aforos é dar a coñecer a demanda de mobilidade nas estradas de titularidade da Deputación de Pontevedra
Foto: D. PO.
Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra vén de facer pública a Memoria anual de aforos 2018, un documento no que se recompila a información obtida sobre o tráfico nas estradas da súa competencia durante o ano 2018. Este estudo revela, analizando os datos de tráfico da totalidade da rede rexistrados nos dous últimos anos e as extrapolacións correspondentes, que as intensidades de tráfico experimentaron un aumento do 2,8 % no 2018 con respecto ao exercicio anterior, sendo o incremento de vehículos pesados dun 4,3%.
O obxecto da Memoria anual de aforos é dar a coñecer a demanda de mobilidade nas estradas de titularidade da Deputación de Pontevedra, é dicir, o uso que se fai destas infraestruturas, e tamén facilitar o acceso aos datos, que se poden consultar no apartado de Mobilidade da páxina web da Deputación (www.depo.gal/plan-de-aforos) nas fichas correspondentes a cada estrada.
Trátase dun estudo centrado na obtención do parámetro da intensidade media diaria (IMD) dotráfico, que representa o número de vehículos que transitan de media ao día nas estradas que compoñen a rede viaria. Extráense tamén outros parámetros relacionados coa circulación como a velocidade ou a tipoloxía dos vehículos, necesarios para posteriores estudos de trazado e actuacións de conservación na rede.
En conxunto, no 2018 realizáronse un total de 142 aforos en 118 treitos da rede de estradas. Os datos de tráfico dos 294 treitos restantes que conforman a rede obtivéronse a través dun proceso de extrapolación con aqueles que si foron obxecto de aforo, o que permite ter un coñecemento do tráfico que anualmente circula pola totalidade da rede de estradas da Deputación de Pontevedra.
Os datos de tráfico reflíctense nunha ficha por cada estación coa intensidade media diaria en 2018, indicando a porcentaxe de vehículos pesados e, entre outros datos, a distribución horariado tráfico. Coa información reunida elaboráronse tamén os mapas de IMD da provincia, nos quese representa con cores a intensidade de vehículos totais e pesados que circulan pola totalidadeda rede provincial.
Para a Deputación de Pontevedra este documento é unha ferramenta de traballo fundamentalna xestión e explotación das estradas, ademais dun instrumento para a planificación e decisión de novas actuacións en infraestruturas. O estudo dos aforos de 2018 forma parte dun plan de catro anos que permite, así mesmo, ver a evolución da circulación de vehículos.
Medicións campaña 2019
O departamento de Mobilidade da Deputación dirixido por Uxío Benítezestá a desenvolver nestes momentosa primeira parte da campaña de 2019 de control deaforos. Neste exercicio realizaranse un total de 150 medicións, das que 119 serán semanais e 31 diarias en estradas de diferentes tipoloxías.
Segundo explica o deputado nacionalista a campaña de 2019 está dividida en dúas épocas do ano. A primeira comprende os meses de marzo, abril, maio e comezos de xuño, mentres que o segundo período de aforos realizarase en outono, e servirá para volver aforar as estradas ou treitos de estradasde maior tránsito que se medirán dúas veces no exercicio.
Durante o mes de maio os puntos de control dos aforos situáronse nas estradas da comarca de Pontevedra (EP-0001 Bértola-Canicouva-Pontesampaio, EP-0012 Juan XXIII-Figueirido, e EP-0018 Xeve-Amil-Espedregueira en dous puntos; Ponte Caldelas (EP-0201 Ponte Caldelas-Barbudo e EP-0204 PO-255-Mirón); Cotobade (EP-0406-Vilanova-Tenorio); Barro (EP-0507 Portela-Valiñas-Portas) e Poio (EP-0602 Portosanto-Lourido-Campelo); así como no Concello de Marín, xa na comarca do Morrazo, na EP-1203 Campo-Pardavila.
Nestes días os traballos de medición están a realizarse nas estradas provinciais do Val Miñor Pazos, Redondela, Tomiño, Ponteareas. En Nigrán están na EP-2102 Nigrán-Vincios e na EP-2107 Ramallosa-Parada a Vilariño; en Baiona na EP-2203 Baredo-Baiona-Loureza; en Gondomar nas EP-2301 e EP-2304 Gonomar-Peitieiros e Donas-Mañufe. Tamén nas estradas de acceso a Calvos e Fornelos-Fentín en Pazos, na Redondela-Cepeda, en tres puntos da vía Tomiño-Sabarís, e na Areas-Alxán-Cabreira.
Una vez se retiren os aforos desas estradas pasarán ao Morrazo, onde no Concello de Cangas se estudarán a Cangas-Coiro-Magdalena, Magdalena-Aldán, Viso-Hío, Hío-Donón e de acceso ao Monte Carrasco. No Concello de Moaña estudarase a EP-1104 Moaña-Coiro; e en Bueu a estrada de acceso á praia de Aguete. Seguindo na zona sur da provincia estudaranse a estrada Porriño-Torneiros (Porriño), Puxeiros-Peinador (Mos), Tui-Rebordáns (Tui), Tabagón-Rosal-Portecelo (O Rosal), Tortoreos-Rubiós-Carrasqueira (As Neves), e Cañiza-Arbo (Arbo).
Na zona do Salnés comezarán os controis de tráfico o vindeiro luns en O Grove na EP-9106 de acceso á praia do Carreiro e na EP-9210 de Sanxenxo, de acceso a Roxique. Seguirán por Cambados (EP-9005 Corbillón-Tremoedo), Sanxenxo (EP-9211Vilalonga-Fianteira), Vilanova (EP-9702 As Sinas-Vilanova) e Illa de Arousa (EP-9801 Ponte-Laxes e EP-9802 da estrada As Aceñas).
Todas estas estradas terán contadores semanais que rexistrarán o paso de vehículos e as súas velocidades, entre outros datos, a través de estacións pneumáticas que consisten nun aforador móbil conectado a dúas gomas que se ancoran na estrada e que detectan o paso pola presión que se exerce sobre elas. Os datos obtidos darán lugar á Memoria anual de aforos 2019.
Ningún comentario:
Publicar un comentario