O Auditorio de San Benito acollerá o peche de campaña do partido socialista guardés con música e actividades
O acto celebrarase este venres 24 a partir das oito da tarde
A Guarda, 22 de maio. O alcalde e candidato á alcaldía, Antonio Lomba, pechará a campaña electoral do 26M no Auditorio de San Benito. No acto, aberto a todo o público, poderase escoitar as propostas socialistas de cara ás vindeiras eleccións mais tamén desfrutar dos concertos e de diversas actividades.

PROXECTO SOCIALISTA
No acto, como ven sendo habitual nestes días, Antonio Lomba falará ante a veciñanza de propostas estratéxicas para o futuro da Guarda como son a creación dunha nova Escola Infantil Municipal, a reforma do pavillón da Sangriña, xestionar a construción dun novo auditorio, continuar coa humanización das rúas e prazas así como seguir creando zonas de estacionamento disuasorio. Así mesmo, Lomba fará fincapé nas demandas da cidadanía que a Xunta ignora: a autovía Goián-Tui, a dotación de chan industrial e o acceso sur ao porto.
No acto participarán tamén Montserrat Magallanes, deputada provincial e número dous da lista, e Bárbara Domínguez, secretaria xeral das Xuventudes Socialistas da Guarda, que porán o énfase nas propostas en materia de economía, emprego, sanidade, igualdade e xuventude.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario