22 de maio de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

Parque Forestal do Monte Santa Trega   

A Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común  de Camposancos rematou os traballos previstos

Cun investimento total de 90.000 €



Vista da parroquia de Camposancos desde o Monte Santa Trega
Foto: Infogauda

Infogauda / Camposancos 

 A Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos, rematou o pasado xoves día 16 de maio, os traballos que dende outubro de 2018 viña realizando no Monte Santa Trega cun equipo humano formado por un enxenieiro técnico e 5 operarios polivalentes.   

 En declaracións a este xornal dixital transfronteirizo, o presidente da xunta reitora da devandita Comunidade de Montes, José Fernando Martínez Martínez afirmou: Nese tempo realizamos os seguintes traballos:  Podamos todas as árbores frondosas de Chans en 10 hectáreas e a ramaxe triturámola para biomasa cunha máquina prestada polo Concello; plantamos máis de 1.000 árbores frondosas en colaboración cos colexios locales; arrincamos os rebrotes de acacias e eucaliptos en máis de 20 hectáreas (neste traballo tamen se implicaron os colexios); desbrozamos 15 hectáreas de toxo, silvas, xestas, etc…  

 Para estas labouras foi moi importante a colaboración da Deputación de Pontevedra que do plan "Parques forestais" fíxonos unha achega de 19.727,65 €, e a do Concello, que aportou 3.000 €, e o Padroado Municipal Monte Santa Trega aportará una cantidad inicial de 9.000 €. 

 O Concello tamén nos subvencionou con 18.700 €, o arranxo dos vestiarios do campo de Chans.   

 O total do investimento foi de 90.000 €. Iso quer decir que a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos gastou de fondos propios preto de 40.000 €.   

 Seguimos comprometidos co emprego. Seguimos creando futuro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario