22 de xan. de 2019

SALCIDOS (A GUARDA)

A FONTE-LAVADOIRO DE XIXOIA: UN BEN PATRIMONIAL QUE COMPRE COIDAR

Vista frontal do lavadoiro de Xixoa e aspecto que presentan os seus tanques
Fotos: Infogauda


 Ricardo Rodríguez Vicente / Salcidos

  Baixando polo Coruto, camiñando pola rúa Diego Antonio González en dirección a San Roque, na marxe esquerda do sentido da marcha, hai un lavadoiro público coñecido como Fonte de Xixoia. Solleiro e accesible, ainda conserva os moxons e unhas sólidas pezas rectangulares de pedra, coas súas argolas de ferro, para amarrar os cabalos ou os pericos.  

 A cuberta é de tella do país, suxeita cunha estrutura de madeira, apoiada nun murete de pedra orientado deica Cividans e unhas columnas metálicas, que lle dan un aspecto xaponés. Posúe un fermoso frontispicio, tamén de madeira, no cal destaca unha praca de mármore branco, cunha orixinal adicatoria:

 MEMORIA A LAS HIJAS DEL TRABAJO
DONATIVO
DE
D. AVELINO GIRÁLDEZ MARTÍNEZ
10 OCTUBRE 1913


 A carón do lavadoiro atópase a fonte, con forma de alxibe rectangular, construído en granito do país, onde podemos ollar gravado en baixorrelevo 1883, que tal vez nos indique cando foi feita esa obra pública.

 No coradoiro hai un monolito pétreo con gravuras de inspiración castrexa e a pouco metros tamén hai un sinxelo cruceiro de pedra. Son dous exemplos que aindan permanecen, dos traballos de aprendizaxe que realizaron os alumnos de Cantería da Escola-Obradoiro, que no seu día, xunto cos seus compañeiros de Carpintería de Madeira, se ocuparon de rehabilitar e embelecer esa fonte-lavadoiro, incluida no correspondente proxecto formativo presentado polo Concello de A Guarda.

 Baixo a cuberta, hai dous tanques de pedra de diferentes dimensions, e no fondo deles, a evidencia - en forma de vexetación - de que fai tempo, probablemente anos, que ninguén fai uso dos mesmos, xa que de non ser así, atoparíase noutro estado de revista sensiblemente diferente.

 Quen o diría fai unhas poucas décadas! Como máximo cinco. 

 Ata os anos 70 do pasado século os lavadoiros públicos eran lugares concurridos a calquer hora do día, e as propias usuarias dos mesmos, eran quen os mantiñan decorosos en todo momento. 

 Desde fai pouco máis de 40 anos, chegaron á maioría dos fogares guardeses ás máquinas de lavar a roupa. Unhas foron mercadas a prazos - grazas as facilidades de pago que daban algúns comerciantes que todos relembramos - e outras pagadas o contado. Cada un como pudo, pero en todo caso, ninguén se resistiu a posuir unha lavadora automática, para cuxo funcionamento tan soio é necesario dispór de suministro eléctrico, auga corrente e conexión a rede de saneamento público. E por suposto deterxente. 

 Dese xeito non é de estranar que hoxendía os lavadoiros estén valeiros. Non hai ningunha actividade nin vida social neles, agás nalgún caso moi concreto, como é a fonte-lavadoiro da Ribeira, onde con frecuencia podemos ollar a unha afanosa veciña lavando a mán. E non é porque non dispoña de lavadora na súa casa. É simplemente, porque lle gusta lavar a mán.

 Os lavadoiros públicos forman parte do patrimonio popular. Cousa que a algún ilustre notario que houbo fai anos nesta vila, non parecía caberlle na súa testa. 

 Por iso, ainda que os tempos mudaron sensiblemente, hai moitos exemplos nos que á atención municipal e veciñal, permitiu mantelos en condicions dignas. Ben é certo que nalgún caso, fai anos, a piqueta municipal "reduciu" sensiblemente á superficie útil dunha fonte-lavadoiro - a da Ribeira -, cecais para facilitar o acceso a Casa do Mar, onde estivo temporalmente, na súa segunda ubicación, o servizo de Urxencias sanitarias. De tódolos xeitos, coidamos que daquela púdose evitar tal "reducción" e conservar a fonte-lavadoiro coas súas antigas dimensions.

 Concluimos por hoxe, indicando que debido as captacións municipais de auga que hai en Carballidos, non chega como outrora, o debido caudal, nin a fonte-lavadoiro de Carballidos nin a de Xixoia, pero  ainda así, gustaríanos que a fonte-lavadoiro de Xixoia, recibise máis cedo que tarde, o coidado que merece para que ese ben patrimonial presente en breve, o aspecto que lle corresponde.

DEPORTES

REMO


ÓSCAR ALONSO ALONSO, CAMPIÓN DE ESPAÑA NO I OPEN DE ESPAÑA DE REMO INDOOR

· Na proba de 500 m. absoluto masculino

Óscar Alonso Alonso, de A Guarda, campión de España de Remo Indoor na modalidade 500 m. absoluto masculino

Infogauda / Deportes

 A pasada fin de semana, días 19 e 20 de xaneiro de 2019, tivo lugar no Pavillón Universitario, Campus de As Lagoas (Ourense), o Ier Open de España de Remo Indoor, que se celebrou na mesma sede que o XVIIIº Campeonato de España de Remo Ergómetro.

 O remeiro Óscar Alonso Alonso, de A Guarda, pertencente o C. R. Miño, que participou na proba de 500 m. absoluto masculino e fixo un tempo de 01:19.3, proclamouse campión de España nesa modalidade.

 En 2ª posición, quedou Marcos César Morales Sarmiento, do club Raspas del Embarcadero A. E., que fixo un crono de 01:20.7. 

 E en 3ª posición, Eugenio Fernández Fernández, do club Grupo Corvera de Remo, que fixo un tempo de 01:27.6.

DESTACADA PARTICIPACIÓN DE REMEIROS DO C. R. ROBALEIRA NO I OPEN DE ESPAÑA

 A presenza e participación de remeiras e remeiros de A Guarda nese I Open de España de Remo Indoor, permitiu constatar que esta modalidade deportiva pode depararnos moitos éxitos se se continúa traballando axeitadamente. 

 De xeito orientativo podemos decir que na categoría de 200 alevín, vemos a Iago Vicente Adrover, do C. R. Robaleira, que logrou o 10º posto da clasificación, con un tempo de 00:48.9; e tamén á Ángela Lomba Adrover, tamén do C. R. Robaleira, que quedou no posto 13º, con un tempo de 00:50.3.

 En 250 m. infantil masculino, Kylian Periáñez Alonso, do C. R. Robaleira, logrou un 4º posto, con un tempo de 00:49.4, e seu compañeiro de club Jacobo Rodríguez Guerreiro, logrou o 7º posto, con un crono de 00:51.5.

 Na categoría 250 m. infantil feminino, Nieves del Carmen Silva Martínez, do C. R. Robaleira, logrou o 2º posto, e por conseguinte, a medalla de prata e o subcampionato de España con un tempo de 00:51.1. 

 No posto 11º, outra guardesa, Tecla Baz Baz, do C. R. Robaleira, competiu na mesma proba, facendo un tempo de 01:04.8.

 Na proba de 500 m. cadete feminino, Beatriz Anselmo Alonso, do C. R. Robaleira, quedou clasificada en 8ª posición, con un tempo de 01:49.3, namentras que Uxía Fernández Videira, do C. R. Robaleira, quedou no posto 11º, con un tempo de 01:59.1; e Claudia Claro Barbosa, tamén do C. R. Robaleira, pechou a clasificación no posto 12º, con un tempo de 02:02.3.

 Na regata de 500 m. xuvenil masculino, Iago Martínez González, do C. R. Robaleira, logrou o 2º posto, e por conseguinte, medalla de prata e o subcampionato de España, facendo un tempo de 01:30.5. 

 Na mesma categoría tamén participaron Hugo Carrero Rodríguez, do C. R. Robaleira, que logrou o 7º posto, con un crono de 01:38.4; Andrés Oroña González, do C. R. Robaleira, logrou o posto 9º, con un tempo de 01:40.3; e Julián Lomba Fernández, tamén do C. R. Robaleira, quedou no posto 12º, con un tempo de 01:46.1.

  Na categoría 500 m. xuvenís féminas, Joan Alexa Araújo Rodrigues, do C. R. Robaleira, logrou a medalla de bronce, con un tempo de 02:00.5.

 Na regata de 500 m. sub23 masculino, Manuel Ángel Silva Martínez, do C. R. Robaleira, logrou a 4ª praza, con un tempo de 01:39.6.

 Na categoría 250 m. veterano feminina, Jéssica María González Martínez, do C. R. Robaleira, logrou clasificarse en 6ª posición, con un tempo de 00:56.2.

 Na categoría 500 m. adaptado intelectual masculino, Xermán Cordero Verde, do C. R. Robaleira, logrou a 3ª praza, e por conseguinte medalla de bronce, con un tempo de 01:47.1.

 Na categoría 1.500 m. cadete feminino, competiu Beatriz Anselmo Alonso, do C. R. Robaleira, logrando a 3ª posición, e por conseguinte medalla de bronce, con un tempo de 05:54.2; e na 7ª praza, quedou clasificada Uxía Fernández Videira, do C. R. Robaleira, con un tempo de 06:35.0; e pechando a clasificación, no posto 8º, Claudia Claro Lago, do C. R. Robaleira, con un crono de 06:52.2.

 En 2000 m. xuvenil feminino, Joana Alexa Araujo Rodrigues, do C. R. Robaleira, obtivo o 1º posto, con un tempo de 08:50.2.

 En 2000 m. xuvenil masculino, Iago Martínez González, do C. R. Robaleira, logrou o 2º posto, medalla de prata e o subcampionato de España, con un tempo de 06:56.7; Hugo Carrero Rodríguez, do C. R. Robaleira, quedou en 3ª posición, polo tanto medalla de bronce, con un tempo de 07:20.5; e finalmente Andrés Oroña González, en 4ª posición, con un tempo de 07:21.3.

 En 1000 m. veterana feminina, Jéssica María González Martínez, do C. R. Robaleira, obtivo o 1º posto, con un tempo compensado de 05:11.40.

A GUARDA

PATRIMÓNIO

A importância da obra externa em Santa Cruz

(11ª parte)    


ENCONTROS POLIORCÉTICOS / A Guarda

 Se os estragos do parapeito que tombou têm as seguintes expressões (3,90-4,00 metros de comprimento; 40-42 cms de espessor duma alvenaria onde alternam-se peças pequenas ou maiores junto de rachas) poder-se-á fazer um reconhecimento visual das suas componentes internas por forma a sabermos como reconstruí-lo, muito embora possa não ser um muro de época recuada no tempo. Este muro é maior do que uma acitara ou uma asta, a primeira chamada também de meio pé e a segunda de um pé (12-15 cms. e 27 cms., respectivamente). Se utilizarmos o pé castelhano, ou pé de Burgos, tais serão as medidas; caso contrário, somaremos mais três centímetros ao cômputo (30,48 cms.).

 Quando é que se recuperará esta porção de parapeito? Aonde quer chegar o governo local na definição e esclarecimento de responsabilidades? De quem é o alambor, os taludes da nossa fortaleza?  Quando é que estará pronto um plano de atuação anti-vegetal baseado na utilização criteriosa e cuidada dos glifossatos por forma a que penetrem no emplecton, no interior das folhas de revestimento em alvenaria? Para além disso, as propriedades encostadas ao cinto murário devem estar cientes de que a conservação da fortaleza pode ter também o seu contributo e colaboração, sujeitos a uma lógica servidão. A obra externa, o que resta dela, é Zona Verde de Proteção Arqueológica e reune adensados elementos compositivos fáceis de decompor. Querer disfarçar o despropósito feito não é o caminho, como tampouco fazer rendível qualquer palestra a custa da pura e simples mentira ou ocultação grosseira dos factos. Advirá, sem dúvida, um ato militante e simplório, decorrente do oportunismo do escrutínio. Faça a doutora o que bem entender, mas isso trará outras coisas ligadas ao localismo mais descarnado. Expediente VI-PO-117-17 contra “barferência”, cidadania contra verticalismo. Nós, de baixo para cima, participadamente, sem cúpulas reitoras da velha política. Evidentemente, haverá algúm tipo de resposta relativamente ao ato do día 15 de Marzo.    

 Também, informar de um truque empregue por estes senhores: LENHA PARA O POVO! Está-se a “facilitar” a progressiva retirada de tocões e raízes (provas) como forma de “sacudir a água do capote” e “tirar o morto do cenário”. A desaparição de provas, embora exista registo fotográfico delas na DXPC, poderia constituir uma contra-ordenação punida por lei.  


A GUARDA

FORMACIÓN

“Comercio Innova Plus”  

A Atención ao Cliente centrou a formación impartida por Fátima Rodríguez Marcos

O alcalde Antonio Lomba Baz coa 2ª tenente de alcalde e concelleira de Desenvolvemento Económico, Montserrat Magallanes Álvarez - a dereita da imaxe - e a formadora Fátima Rodríguez Marcos
Foto: C. A. G.

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda continúa coas actividades do programa formativo “Comercio Innova Plus”, dirixido especialmente a comerciantes e empresarios da vila, unha actividade para a que non é preciso inscrición previa e que se realiza totalmente de balde.  

 O pasado luns día 21 de xaneiro tivo lugar unha charla titulada «Innovación no cara a cara co cliente», que se realizou na Casa dos Alonso, a cargo da poñente Fátima Rodríguez Marcos, licenciada en Psicoloxía, quen posúe unha ampla experiencia como formadora en habilidades comunicativas e atención ao cliente. Dende fai case 4 anos dirixe o seu propio proxecto profesional, unha consultoría de proxectos ubicada en A Guarda.  

 A través desta píldora formativa repasáronse algunhas das ferramentas e estratexias innovadoras que utilizan tanto grandes como pequenas empresas para captar, fidelizar e mellorar a experiencia cos seus clientes, e analizouse de que xeito o pequeno comercio podería aplicalas á súa realidade e casuística concreta.  

 Para rematar a programación de «Comercio Innova Plus» o luns 28 de xaneiro terá lugar na Casa dos Alonso unha charla titulada «Compartindo Talento: Xuntos chégase máis lonxe» a cargo de Mariem Filgueira Pérez, licenciada en dirección e administración de empresas, e con máis de 15 anos de experiencia en asesoramento empresarial. Directora de proxectos de consultoría e innovación na cidade de Pontevedra.

 Como xa temos informado neste xornal dixital transfronteirizo, estas accións formativas teñen como obxectivo que o comercio da vila coñeza as novas ferramentas tecnolóxicas que teñen á súa disposición, para que as empreguen nos seus propios establecementos comerciais e lle saquen o maior rendemento, ademais de continuar promovendo a innovación dentro da rede comercial do Concello con actividades sobre comunicación e canles de venda, deseño de espazos comerciais, a atención ao cliente ou a creación de alianzas entre empresas. Todas as actividades son de balde e non é necesaria a realización dunha inscrición previa.  

 Esta actividade constitúe a continuación do programa «Comercio innova», que rematou en xuño do ano pasado e no que se traballou cos establecementos comerciais da vila para optimizar a súa xestión e facelos máis competitivos.  

 No mes de novembro realizáronse varios obradoiros na Aula CeMit no Centro Cultural da Guarda sobre «Utilización práctica de Instagram», e «Utilización práctica de Facebook», rematando con 4 charlas a modo de píldoras formativas, nas que se conta con varios ponentes especializados no comercio, marketing e empresas. 

 “Comercio Innova Plus” conta co financiamento da Deputación de Pontevedra ao abeiro do Plan Concellos. 

A GUARDA

Anselmo Martínez identifica parte da rapazada das fotos de Elisofon


Proxecto Socheo / A Guarda

 Reproducimos unha entrada do FB de Anselmo Martínez Pena onde identifica a maior parte dos membros da foto #10 de Eliot Elisofon.  

 "Naquel tempo, todos ou case todos tiñamos o noso alcume e era a referencia máis usual para recoñecer a alguén. O que non tiña alcume particular era coñecido como: "Fillo de + (alcume familiar)". Por iso é polo que acompañei aos nomes o alcume para mellor identificación pola xente da mesma idade máis menos.

1.- Emilio Vicente Lomba (Verdura) 
2.- José Baz Lomba (Pazó) 
3.- Vicente Baz Vicente (Conexo) 
4.- Jesús Verde Castro (Chuicho) 
5.- Jesús Vicente Lomba (Chicho) ?? 
6.- Antonio Pacheco (Ñito) 
7.- Bernardo Cividanes (Birotes) 
8.- Benito Cividanes (Marraxo) 
9.- Manuel Baz Castro (Nortallo) 
10.- Luis Martínez Alonso (Lí) 
11.- Benito Lomba Lomba (Binitola) 
12.- José Luis Lomba Alonso (Salero) 
13.- Antonio Lomba Alonso (Salero) 
14.- Luis Baz González (Parra) 
15.- ¿. . .? 
16.- Jesús Vicente Cadilla (Dejolado)

 Poida que algún segundo apelido non sexa certeiro. As fontes de información xa fallan na memoria. Pídese que colaboredes para recoñecer a todos deste grupo certeiramente. Gracias".


O BAIXO MIÑO

OS CONCELLOS DO BAIXO MIÑO RECIBIRON NOS ÚLTIMOS 4 ANOS PRETO DE 7,2 MILLÓNS DE EUROS DO FONDO DE COOPERACIÓN LOCAL PARA OBRAS E SERVIZOS DA SÚA COMPETENCIA  

· O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que nos orzamentos do 2019 a Xunta aumenta a dotación deste programa ata os 128,7 millóns de euros, 3,1 millóns máis que no pasado exercicio  

José Manuel Cores Tourís, delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra

Infogauda / O Baixo Miño

 O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, informou esta mañá que a comarca do Baixo Miño recibe ao ano preto de 1,8 millóns de euros do Fondo de Cooperación Local (FCL) para obras e servizos da súa competencia.  Unha cantidade á que hai que sumar outras liñas de axuda e subvencións das distintas consellerías, así como a dotación correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental.   

 Así, os municipios da Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui recibiron nos últimos catro anos 7,2 millóns de euros procedentes do FCL, que se abona en 12 mensualidades e a mes vencido. En canto a fórmula de distribución, o reparto faise en base a criterios obxectivos pactados previamente coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).  

 Concretamente, atendendo á fondo base os concellos do Baixo Miño recibiron no último ano:


Concello

TOTAL
A Guarda
331.447,19
Oia
186.275,12
O Rosal
282.750,43
Tomiño
475.717,35
Tui
512.639,35


 A Xunta de Galicia distribúe ao ano entre os concellos pontevedreses máis de 30,5 millóns de euros, unha dotación orzamentaria que se mantivo intacta durante os anos de recesión, nos que as contas autonómicas minguaron considerablemente.    

 Asemade, nos orzamentos do 2019 a Xunta aumenta a dotación deste programa ata os 128,7 millóns de euros, 3,1 millóns máis que no pasado exercicio.
    
 De feito, tal e como explicou Cores Tourís, no 2019 se culminará o proceso iniciado neste exercicio a través do que a Xunta compensa a aqueles concellos que teñen gastos derivados do mantemento do centros de saúde. Ademais, créase un fondo de emerxencias dotado con 1,9 millóns de euros. 

 Por outro lado, nos Orzamentos da Xunta para 2019 tamén se ampliará o fondo especial para o fomento das fusións voluntarias entre os concellos galegos, cunha partida de 1,8 millóns de euros, un 38% máis que este ano (1,3%). Dito fondo, creado no exercicio de 2016, enmárcase na aposta da Xunta por beneficiar aos concellos que aposten por sumar esforzos e fusionarse, e vai na liña doutras medidas postas en marcha polo Goberno galego para fomentar a cooperación entre municipios. 

 Tamén se respalda a aposta do municipalismo galego de colaborar na limpeza de franxas forestais como medida de prevención dos incendios forestais cunha dotación anual de 10 millóns de euros, dos que a Xunta aporta as tres cuartas partes -7,5 millóns-. Outra medida é a implantación dunha vía de colaboración para contribuír a financiar o custe dos conservatorios que neste momento sosteñen os concellos con 500.000 euros. 

 Finalmente, mantense a partida de 145.000 euros para os municipios que contan con centros penitenciarios; así como a contía destinada a colaborar coas FEGAMP nos gastos xerais.

EMPREGO

O CONCELLO DE TOMIÑO CONTRATARÁ, EN BREVE, A 25 PERSOAS, DENTRO DO PLAN DE CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS, SUBVENCIONADO POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

AS CANDIDATAS E CANDIDATOS DEBEN ESTAR EMPADROADOS EN TOMIÑO, DESEMPREGADOS E INSCRITOS NO SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO 


Infogauda / Tomiño

 PLAN CONCELLOS 2019 DO CONCELLO DE TOMIÑO, SUBVENCIONADO AO ABEIRO DAS BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA DO PLAN CONCELLOS 2019: LIÑA 3. Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.     

 PERFIL E NÚMERO DAS PERSOAS DESEMPREGADAS A CONTRATAR EN BREVE:  

 Os aspirantes deben ser persoas empadroadas en Tomiño, desempregadas, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego, tanto no momento da sondaxe, coma no da contratación. A xornada en todos os casos será de 6 horas diarias (80%). Os perfís, a duración e as datas de inicio previstas para esas 24 contratacións son as que indicamos a continuación:  

· 9 Peóns de xardinería, contrato 7 meses, inicio previsto 01/04/2019. (95121019) (80) 
· 3 Peóns de xardinería, contrato 9 meses, inicio previsto 01/03/2019. (95121019) (80) 
· 1 Peón da construción de edificios, contrato 8 meses, inicio previsto 01/03/2019. (96021013) (80) 
· 1 Albanel Oficial 1ª, contrato 8 meses, inicio previsto 01/03/2019. (71211015) (40) 
· 1 Carpinteiro en xeral Oficial 1ª, contrato 10 meses, inicio previsto 01/03/2019. (71311049) (40) 
· 1 Condutor-operador de retroescavadora Oficial 2ª, contrato 8 meses, inicio previsto 01/03/2019. (83311174) (50) 
· 1 Instalador electricista en xeral oficial 1ª, contrato 10 meses, inicio previsto 01/03/2019. (75101033) (40) 
· 1 Instalador electricista en xeral, especialista, contrato 10 meses, inicio previsto 01/03/2019. (75101033) (70) 
· 1 Mecánico de mantemento e reparación de automoción en xeral oficial 2ª, contrato 8 meses, inicio previsto 1/04/2019. (74011034) (50) 
· 1 Soldador de estruturas metálicas lixeiras, especialista, contrato 8 meses, inicio previsto 01/04/2019. (73121051) (70) 
· 2 Técnicos administrativos en xeral (categoría Oficial administrativo), contrato 9 meses, inicio previsto 01/03/2019. (36131039) (00 Técnico) 
· 1 Pedagogo/Psicopedagogo/Psicológo/Mestre de educación primaria/Educador social (*) (categoría axudante titulado), contrato 9 meses, inicio previsto 01/03/2019. (23211052/28231044/28231035/22401012/28241056) (00 Técnico) 
· 1 Enxeñeiro Técnico Forestal (categoría axudante titulado), contrato 7 meses, inicio previsto 01/03/2019. (24251011) (00 Técnico)    

 Excepto nos postos de peóns de xardinería e de técnicos administrativos, será requisito para ser admitido nestes procesos de selección, posuír, como mínimo, o carné de conducir B en vigor, pois en caso de ser seleccionados, ás veces, estes traballadores deben desprazarse ás distintas obras ou instalacións, en vehículos municipais, e para iso é preciso que posúan o carné.     

 No caso do condutor-operador será requisito posuír o carné mínimo en vigor que esixa a lexislación no momento da selección para a condución da maquinaria que se trate.     

 Aos Oficiais de primeira esixiráselles o título de Graduado Escolar/Graduado en ESO ou equivalente.     

 Os técnicos administrativos terán como requisitos posuír a titulación ou titulacións de Ciclo Superior ou equivalente da familia profesional de Administración e xestión que se establezan nas bases de selección.     

 O/A Enxeñeiro Técnico Forestal, terá como requisito posuír a titulación de Enxeñaría Técnica Forestal ou Grao en Enxeñaría Forestal especialidade en explotacións forestais ou calquera outro título equivalente noutro plan de estudos, expedido por Centros Oficiais de Ensino.     

 Valoraranse para todos os postos ademais dos coñecementos da profesión, as seguintes situacións: ser vítima de violencia de xénero, ter máis de 45 anos, formar unha familia monoparental con fillos a cargo, ter un nivel de renda máis baixo e ter cargas familiares.     

Ademais segundo o posto de que se trate poderanse valorar outras situacións ou titulacións/formacións que se concretarán nas bases da convocatoria de cada posto.     

 É recomendable que as persoas interesadas, so se apunten naqueles postos nos que se vexan con posibilidades de pasar a proba práctica correspondente.     

 (*) Refírese a un único posto onde a orde de preferencia de titulacións sería: 1º Licenciatura en pedagoxía; se en Tomiño non houbese unha persoa desempregada con esa titulación, pediríase Licenciatura en Psicopedagoxía, e así sucesivamente (en terceiro lugar, Licenciatura en Psicoloxía; en 4º, Diplomatura ou Grao en Educación Primaria e, por último, Diplomatura/Grao en Educación Social).   

TOMIÑO

COMEZA O PERÍODO DE VOTACIÓN POPULAR PARA POÑERLLE NOME Á NOVA AVENIDA DE TOMIÑO 

· UNHA COMISIÓN SELECCIONOU SEIS PROPOSTAS DE ENTRE AS CASE 400 ENVIADAS POLA CIDADANÍA. DENDE HOXE PODE VOTARSE POR UN DELES, A TRAVÉS DA WEB OU DE MANERA PRESENCIAL NO MERCADO OU NO CONCELLO

A alcaldesa de Tomiño presidiu á reunión da comisión, composta por representantes de todos os eidos económicos, sociais e culturais do concello de Tomiño
Foto: C. T.

Infogauda / Tomiño

 A nova avenida que rodeará o núcleo do Seixo está máis preto de ter nome. As propostas seleccionadas (por orde alfabética), son ás seguintes:  

· Do Baixo Miño 
· De Cerveira 
· De Isaura Gómez 
· Da Liberdade 
· Das Treboadas 
· De Turonia 

 Esas foron as seis propostas escollidas esta mañá, pola comisión encargada de seleccionar os nomes finalistas de entre as case 400 propostas recollidas na primeira fase da campaña ‘Ponlle nome!’, un proceso participativo posto en marcha para implicar á cidadanía na proposta e elección da denominación que terá esta nova rúa que eliminará o tráfico de paso polo centro urbano da vila. Esta comisión, composta por representantes de todos os eidos económicos, sociais e culturais do concello de Tomiño, estivo conformada por:  

· Xabier Macías, técnico de programas de cooperación transfronteiriza. 
· Rebeca Vázquez, tesoreira de ADETO (Asociación de Comerciantes de Tomiño). 
· Cintia Díaz, vogal de ADETO (Asociación de Comerciantes de Tomiño). 
· María Alonso Seisdedos, licenciada en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Galego-Portuguesa e tradutora. 
· Saúl Fernández, representante de AcuBam (Asociación Cultivos Baixo Miño). 
· Xulia Oliveira Misa, representante do Consello da Infancia e Adolescencia “Voces Novas”, de Tomiño. 
· Nerea Alén Costa, representante do Consello da Infancia e Adolescencia “Voces Novas”, de Tomiño. 
· Sandra González, alcaldesa de Tomiño. 

Inicio das votacións  

 Onte luns día 21 de xaneiro abriuse o prazo de votación para que todas as veciñas e veciños de Tomiño poidan elixir cal destes seis nomes porían á nova avenida a través do espazo dedicado a esta iniciativa na web municipal ou depositando o seu voto nas urnas instaladas no Mercado Municipal de Tomiño e na Casa Consistorial. O período de votación popular estará aberto ata o vindeiro 28 de febreiro.  

 “Animamos a todos os tomiñeses e tomiñesas a participar nesta última fase da campaña. É un orgullo que a cidadanía se implique dun xeito tan activo como ata o de agora e que acollan tan ben unha infraestrutura que vai supoñer unha mellora importante para toda a veciñanza”, recordou Sandra González, alcaldesa de Tomiño. 

 Para o concelleiro de Planificación Territorial, Uxío Benítez, os resultados obtidos na primeira fase indican “o interese da cidadanía polo quefacer do concello. Trátase dun proxecto estratéxico feito por e para os veciños e veciñas e que suporá un antes e un despois para Tomiño, por iso involucrar á cidadanía, conseguir implicala, era fundamental”.  

Un espazo pensado para as persoas  

 Con ‘Ponlle nome!’, o Concello de Tomiño busca darlle voz e voto á cidadanía nunha das obras máis importantes do municipio, xa que materializan un proxecto reclamado historicamente polo Goberno municipal e levan consigo a transformación do centro da vila cara un espazo público pensado para as persoas, no que a mobilidade peonil e sustentable sexa unha prioridade, con accesibilidade universal e xerando unha maior calidade de vida urbana.  

 Esta nova avenida rodeará o núcleo do Seixo e permitirá eliminar o tráfico de paso do centro urbano. Cunha lonxitude de 1.400 metros, enlazará a estrada provincial EP-3102 polo Sur e a PO-344 (rúa Gondomar) polo Norte, dando unha saída natural á avenida da República Argentina e rúa da Pedra cara o Leste do núcleo, e enlazando o municipio coa futura Vía de Alta Capacidade (VAC) Tui-A Guarda. Esta variante enlazará os equipamentos situados na estrada provincial, como o CEP Pedro Caselles, a área deportiva de Mosteiro e a igrexa románica de Tomiño con novos equipamentos como o centro de saúde, o centro de día e mesmo o IES Antón Alonso Ríos, desviando do núcleo urbano uns 10.000 vehículos.  

 A vía terá unha sección de 18 metros, dos que seis estarán destinados a unha senda peonil e ciclista con arborado, mentres que a calzada terá dous carrís para o tránsito rodado coas súas correspondentes beiravías. Con cinco rotondas e unha vintena de pasos de peóns sobreelevados para distribuír e calmar a circulación e garantir a seguranza viaria, a nova avenida estará delimitada a unha velocidade máxima de 30 km/h.  

 Cun investimento de 3,5 millóns de euros, a construción da nova avenida de Tomiño é un proxecto levado a cabo grazas ao convenio de colaboración entre Concello de Tomiño, Deputación de Pontevedra e Xunta de Galicia.

LABORAL

A CIG-Industria pide o apoio político da Xunta á solicitude para establecer coeficientes redutores no naval 

A central sindical mantivo este luns unha reunión con responsábeis da Consellaría de Traballo 

CIG / Ferrol

 A CIG-Industria mantivo un encontro na tarde deste luns coa secretaria xeral de Emprego e a subdirectora xeral de Relacións Laborais da Consellaría de Traballo para informarlles do procedemento que a central sindical ten iniciado para que se establezan coeficientes redutores da idade de xubilación para os traballadores e traballadoras do sector naval. 

 A reunión coa Consellaría fora solicitada o pasado mes de decembro pola CIG-Industria, no marco da campaña que a Federación ten en marcha co obxectivo de recoller o máximo apoio institucional e nos centros de traballo, mentres o Ministerio de Traballo e Seguridade Social desenvolve o proceso administrativo para o recoñecemento dos coeficientes redutores.  

 Dende a central sindical pediuse axuda de carácter técnico-administrativo ao Goberno galego para que recolla (naqueles organismos nos que ten presenza como o ISSGA ou a Comisión galega de Seguridade e Saúde) informes de carácter médico, patolóxico, etc., sobre continxencias comúns que afectan ao persoal deste sector e que estarían mal encadradas por estar relacionadas coa actividade laboral no naval. 

 Xunto a isto, a representación da CIG pediu o apoio e o respaldo político da Xunta á solicitude, para favorecer así unha resolución positiva desta demanda que afectaría tanto ao persoal do sector naval público como privado e das súas industrias auxiliares. "Do mesmo xeito que estes coeficientes xa existen para o mar ou a minaría, dadas as condicións nas que se traballa nestes sectores, entendemos que polas súas características, o naval tamén debe ter unha regulación semellante e favorecerse o acceso á xubilación nunha idade e cunhas condicións dignas", subliñan. 

 Dende a Consellaría non se trasladou un compromiso explícito neste senso, pero as responsábeis políticas amosaron disposición a manter un contacto fluído coa CIG e a tratar con dilixencia nos organismos onde a Consellaría ten representación a solicitude para recoller os informes de carácter sanitario. 

Contactos institucionais e campaña nos centros de traballo 

 Alén da reunión coa Xunta, a central está a levar adiante unha rolda de contactos institucionais para conseguir o máximo apoio a esta demanda. A raíz destes contactos é que o vindeiro xoves, 24 de xaneiro, se tratará en comisión parlamentar unha iniciativa do BNG sobre esta cuestión. No outro lado, a CIG continúa agardando unha resposta ás peticións de reunión trasladadas tanto ao Ministerio de Traballo e Seguridade Social como ao Delegado do Goberno en Galiza. 

 Así mesmo, a CIG-Industria iniciou unha campaña nos centros de traballo para explicar a proposta aos empregados e empregadas e recoller pronunciamentos entre os  comités de empresa solicitándolle ao Ministerio e á Secretaría de Estado da Seguridade Social que se recoñeza a implantación destes coeficientes redutores.

(R.)

LABORAL

O PERSOAL DE MANTELNOR CONCENTRARASE DIANTE DA CASA DO CONCELLO DE VIGO

Este mércores día 23 de xaneiro de 2019, de 11:00 a 12:00 horas

Infogauda / Vigo

 O persoal de Mantelnor, concesionaria do servizo de limpeza dos colexios públicos do Concello de Vigo, desenvolverá este mércores unha nova mobilización para reclamar a readmisión dun compañeiro despedido. Nesta ocasión a concentración terá lugar diante do consistorio de 11:00 a 12:00 horas.

ARCOS DE VALDEVEZ

Ministro da Economia em Arcos de Valdevez  

O Ministro-adjunto e da Economia, Dr. Pedro Siza esteve na Incubo

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 O Ministro-adjunto e da Economia, Dr. Pedro Siza esteve na Incubo, onde o Presidente da Câmara Municipal, João Esteves, deu a conhecer o trabalho realizado ao nível do desenvolvimento económico e atração de investimento para o concelho, elencando as várias vantagens de se investir neste território. 

 O autarca adiantou estar prevista uma ampliação dos Parques Empresariais existentes, no montante de 1,2 M€, e que nos últimos 3 anos foram realizados, e estão ainda em curso, investimentos de 47 milhões de euros, realizados por 23 empresas que geraram mais 550 postos de trabalho. 

 João Esteves também referiu a importância dos produtos locais e do Turismo para a economia local, adiantando que houve um acréscimo de dormidas em 14,3%, neste território que é considerado pela Trivago um dos principais destinos Emergentes em Turismo de Natureza. 

 Para João Esteves existem várias vantagens em regressar ao concelho ou querer investir, nomeadamente por ter um custo de vida inferior ao dos grandes Centros Urbanos; ter taxas de IRS, IRC, IMI e IMT reduzidas; haver isenção de Derrama e existir majoração nas taxas de incentivo ao investimento no Portugal 2020. 

 Por fim, solicitou o empenho e apoio do Governo para a execução:  

a) Da ligação do IC 28 ao Parque Empresarial de Mogueiras, a melhoria da Ligação do IC 28 à Fronteira da Madalena e a redução das portagens na A3 

b) Um apoio mais efetivo à fixação, à atração e ao regresso de pessoas, nomeadamente da diáspora, bem como incentivos à natalidade e ao emprego. 

c) Uma diferenciação e simplificação dos incentivos ao investimento na Indústria 4.0; no apoio ao comércio em espaço rural; e à Incubação Industrial, bem como o reforço na área do Turismo do Programa Valorizar. 

d) Para atrair talento, solicitou o reforço da Formação e Reconversão Profissional de acordo com a procura das empresas e a desconcentração do Ensino Superior e Administração Central. 

 Já o Ministro-adjunto e da Economia, Dr. Pedro Siza Vieira, fez questão de salientar o seu conhecimento do território, tanto ao nível das potencialidades turísticas como empresariais e deixou a certeza de que estas solicitações não estão esquecidas e que o Governo tem a perfeita consciência de que é necessário continuar a proporcionar às pessoas as melhores condições de vida e empregabilidade, sendo importante garantir condições para voltarem ao País.

O BAIXO MIÑO

RECOMPENSA: CABALOS DA GROBA

 ANABAM, en colaboración coa Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Viladesuso e da Asociación de Gandeiros de Cabalos da Serra da Groba, diante dos actos vandálicos que levaron á morte violenta de catro garranos e de ferir a outros cinco, ofrece 500 euros de recompensa á persoa que dea datos precisos que permitan identificar ao autor ou autores de tales feitos. Esta asociación manterá en todo momento o secreto do confidente e, en consecuencia, non informará nin dará datos do mesmo. No caso que sexan varias as persoas que informen do autor ou autores dese execrable comportamento, a cantidade ofrecida como recompensa seguirá a orde de chegada da información. 

(R.)

A GUARDA

SAN XEROME Y CONSERVAS CHANQUETE FIRMAN UN CONVENIO DE COLABORACIÓN 

Momento de la firma del convenio de colaboración entre el centro San Xerome Emiliani, de A Guarda y la empresa Conservas Chanquete, de Oia 

Eva Bouzas Facal / A Guarda

 El pasado viernes se firmó en las remodeladas instalaciones del centro San Xerome Emiliani de A Guarda, el convenio de colaboración entre la entidad guardesa y la empresa de Oia de conservas gourmet, “Conservas Chanquete”.  

 Gracias a este acuerdo para la integración laboral de personas con diversidad, las personas usuarias de San Xerome realizarán trabajos que les permitirá “estar en activo y al mismo tiempo sentirse útiles, eso es lo más importante para los padres”, señala Asunción Dacuña, presidenta de la asociación y madre de una de las usuarias.  
 Por su parte, Manuel Fernández Durán, director gerente de Conservas Chanquete añadió que “con este convenio queremos contribuir a que las personas usuarias de la Asociación San Xerome Emiliani de A Guarda se integren en el mundo laboral“.  

San Xerome:  

 San Xerome Emiliani es una asociación sin ánimo de lucro fundada en el año 1977, después de un complejo, difícil y anónimo trabajo previo, realizado por parte de un grupo de personas solidarias.  

 La Asociación San Xerome, depende de la junta directiva nominada por la asamblea, siguiendo la normativa de los estatutos. En estos momentos ofrecen servicios de apoyo profesionalizado a más de cien personas con diversidad intelectual y/o funcional de todo O Baixo Miño y disponen, además, de lista de espera. La asociación guardesa está poniendo en marcha un proyecto para la construcción de una solución residencial innovadora para dar respuesta a una de las necesidades más demandadas por las personas usuarias y sus familias.  

Conservas Chanquete:  

 Conservas Chanquete es una empresa de Oia dedicada a la realización de conservas gourmet de elaboración artesanal que condensa la esencia de la dieta mediterránea en un maridaje armonioso entre la huerta y el mar, buscando satisfacer los paladares más exigentes de su exclusiva clientela.  

 Quiere ser la empresa fabricadora de conservas gourmet de referencia tanto a nivel nacional, como internacional, ya sea en la calidad, exquisitez e innovación de sus exclusivas líneas de productos.