27 de dec. de 2019

TRIBUNA ABERTA

PRANTO DE AUGA

Na rúa José Antonio Lomba Camiña

Lugar onde aflora a auga que vai pola rúa José Antonio Lomba Camiña abaixo
Fotos: Infogauda


Compañeiro Ricardo: 

 Dende hai unha semana, na rúa José Antonio Lomba Camiña, sae un chorro de auga que vai pola estrada abaixo, non sei de que é, pero como dende a xanela da casa podo vela, deume por escribir estes versos, xa que ninguén veu arranxar este atranco. Sería importante sacarlle unha foto pra acompañar os versos. O chorro sae onde comenza a Rúa Maceiras. 

Saúdos                                            

PRANTO DE AUGA 
  
Regato de auga en liberdade 
que sulcas a estrada de Lomba Camiña,  
e descoidas na túa vontade, 
de seguir o teu rumbo en liña. 

Aí choras bágoas que saen dos camiños, 
e incrédulos ollamos o teu pranto. 
Incrédulos óllante os veciños, 
como o concello mantén este atranco.  

Pouco importa o que pase na aldea, 
quen manda manda, 
que inda que a voz populi se cabrea, 
ninguén di ren, ninguén se espanta.                                            


Francisco Alvarez Koki
26 de Decembro do 2019
 Nos Eidos

Ningún comentario:

Publicar un comentario