26 de dec. de 2019

O BAIXO MIÑO

Mancomunidade Intermunicipal de Concellos do Baixo Miño, membros do Centro San Xerome Emiliani e o director xeral de Política Social, reúnense en Santiago  de Compostela

Os asistentes á reunión acordan axilizar a eliminación da lista de agarda do Centro de Adultos do San Xerome 
  
Participantes na xuntanza co director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa Montenegro
Foto: C.A.G.
  
Infogauda / O Baixo Miño

 No día de hoxe, 26 de decembro de 2019, reuníronse na consellería de Política Social co director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa Montenegro, tres membros da directiva do Centro San Xerome Emiliani e a Mancomunidade Intermunicipal de Concellos do Baixo Miño (A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui), representada pola concelleira de Benestar de Tomiño, Cristina Martínez Souto, e o concelleiro de Benestar de Tui, Ismael Diz Garrido; Ánxela Fernández Callís, alcaldesa do Rosal e Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda; para tratar de solucionar a problemática do devandito centro respecto á necesidade de dúas prazas no Centro de Adultos para a continuidade de dous usuarios.   

 “Despois da reunión mantida co director xeral, desde a Mancomunidade [Intermunicipal de Concellos do Baixo Miño] agradecemos o recibimento e a boa disposición, e esperamos que se resolva o antes posible esta situación”, salientaron nun comunicado de prensa.

 Nova relacionada:

A GUARDA  

DESEXO DE NADAL DO SAN XEROME: RESPOSTA SOCIAL PARA ÓSCAR E SANDRA

Ningún comentario:

Publicar un comentario