3 de xuño de 2019

A PASAXE (CAMPOSANCOS) A GUARDA


O COLEXIO APÓSTOLO SANTIAGO, DOS XESUITAS, ENTRA NA “LISTA VERMELLA DE PATRIMONIO”

EN MAREA A GUARDA ALERTA QUE TRÁTASE “(...) DUN BEN CULTURAL QUE SE DERRUBA EN SILENCIO” 


Claustro do Colexio Apóstolo Santiago
Fotos: Isabel Lidia González Alonso e Ana María Vicente Rodríguez

Infogauda / A Pasaxe (Camposancos) 


 A Asociación Hispania Nostra denuncia o lamentable estado de ruína e abandono que presenta o Colexio Apóstolo Santiago, que os Pais Xesuitas teñen na Pasaxe (Camposancos), frente a localidade portuguesa de Caminha, río Miño por medio

 Concienciados sobre a importancia de conservar o patrimonio e a súa historia, co obxectivo de contribuír á conservación e posta en valor do patrimonio guardés, o grupo de En Marea A Guarda dirixiuse a Hispania Nostra para a inclusión do “Colexio Apóstolo Santiago dos Pais Xesuítas de Camposancos” na lista de patrimonio ameazado, a Lista Vermella, o que supón unha chamada de atención a propietarios e administracións irresponsables, dixo a este xornal dixital transfronteirizo Isabel Lidia González Alonso, coordinadora de En Marea A Guarda. 

 O antigo Colexio de Xesuítas - engade Isabel Lidia González - , coñecido como “a Porta do Inferno”, foi Campo de concentración na Guerra Civil e aínda que a súa capacidade oficial era de 868 homes, chegou a superar os 2.000 internos.  

 Este Colexio que foi xerme das universidades de Deusto e de Comillas, languidece actualmente entre maleza no esquecemento.  

A maleza invadiu o claustro do Colexio Apóstolo Santiago

  Localizado en pleno Camiño Portugués pola Costa, os miles de peregrinos contemplan a súa chegada ao municipio dende Portugal, o deplorable estado que presenta o edificio.  

 Isabel Lidia González afirma que dende o pasado mércores 29 de maio de 2019, incorporouse á Lista Vermella, polo que xa é posible acceder á ficha correspondente dende a web de Hispania Nostra. 

Pormenor do claustro, na zoa próxima á cociña e a despensa


 Os criterios de inclusión na devandita Lista baséanse na importancia histórica e arquitectónica do elemento patrimonial en cuestión, no estado no que se atopa e no risco que recaia sobre el. Esta Lista elabórase baixo a supervisión dunha comisión científica integrada por especialistas na materia. 

 Mediante esta iniciativa da Asociación Hispania Nostra, pretendese chamar a atención de administracións e dos propietarios, promovendo intervencións positivas que eviten o incremento do deterioro e finalmente a desaparición, neste caso, deste ben cultural que se derruba en silencio. 

Artigo relacionado:

COLEGIO APÓSTOL SANTIAGO, DE  LA COMPAÑÍA DE JESÚS,  EN  CAMPOSANCOS

Ningún comentario:

Publicar un comentario