OS COMUNEIROS DE CAMPOSANCOS TRIBUTARÁN UNHA HOMENAXE PÓSTUMA AO PROFESOR JOSÉ LUIS LOMBA ALONSO
O domingo día 19 de maio, ás 19:30 horas, na Casa da Comunidade de Montes
O domingo día 19 de maio, ás 19:30 horas, na Casa da Comunidade de Montes
Na imaxe de arquivo, o profesor José Luis Lomba Alonso, xa xubilado, asinando un exemplar dun libro da súa autoría, sendo presidente da Entidade Local Menor de Camposancos
Foto: Infogauda
Foto: Infogauda
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
Se dalgún xeito nos diferenciamos doutras especies, neste caso, para ben, é que aínda sabemos agradecer. As veces dun xeito explícito e puntual, outras máis serodiamente. Máis en todo caso, é reconfortante que haiba persoas que xungan vontades e saiban levar a bo termo un público recoñecemento a quen en verdade o merecía abondosamente. Referímonos ao profesor José Luis Lomba Alonso, natural de A Guarda e veciño de Camposancos, finado fai uns anos, a quen a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos, que preside José Fernando Martínez Martínez - e que conta cun activo equipo humano a seu carón -, vaille tributar unha homenaxe póstuma co gallo da celebración das Letras Galegas.
O devandito acto de público e cariñoso recoñecemento terá lugar o domingo día 19 de maio, ás 19:30 horas, na Casa da Comunidade de Montes, sita na rúa Outeiro, nº 40 - A, de Camposancos.
Como institucionalmente, por acordo da Real Academia Galega, o Día das Letras Galegas, 2019 está adicado a Antón Fraguas Fraguas, historiador e antropólogo, previamente haberá unha intervención sobre esa destacada persoalidade, a cargo da doutora Fátima Braña Rey, antropóloga social, profesora do Departamento de Análise e Intervención Psicosocioeducativa, da Universidade de Vigo.
JOSÉ LUIS LOMBA ALONSO, UNHA PERSOA DE BEN
A xunta reitora da devandita Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común cábelle a honra de relembrarse de D. José Luis Lomba Alonso, un home realmente bó e xeneroso. Unha persoa de orixe humilde, que sen esquecer súas raíces, decidiu - nunha época pouco doada -, desenvolver súa andaina profesional no ámeto do ensino, con honestidade e vocación.
Lembrámolo con agarimo como profesor de Literatura no PP. Somascos, onde xunto co P. Orestes Caimotto descubriríanos o poeta Feliciano Rolán Vicente (1907-1935) e súa obra - "Huellas" (Nós, Santiago, 1932) "De Mar a Mar" (Santiago Aguirre, Madrid, 1935) "Ápices",...-, e xuntos promoverían unha merecida homenaxe popular, na cal incluise á publicación do poemario "Obras poéticas" (Edicións Castrelos, Vigo, 1970), e a inauguración o día 3 de xuño de 1972, coa participación da Xunta Pro-Homenaxe e dos "Úbedas" - grupo de amigos do poeta -, dun monumento á súa lembranza, obra do escultor Magín Xulio Picallo Durán, nos xardíns do Paseo de Portugal (As Coutadas), que desde aquela están adicados a Feliciano Rolán.

Home de inquedanzas sociais, José Luis Lomba Alonso liderou a Asociación de Veciños de A Guarda, colectivo que canalizaría algunhas das reivindicacions veciñais da época.
Asemade, foi secretario da Entidade Local Menor de Camposancos, sendo presidente da mesma, o tamén gratamente relembrado mestre D. Nicolás Gutiérrez Campo, ainda que tralo seu falecemento, D. José Luis continuaría no desempeño da función de secretario durante un ano máis, aproximadamente, presentando posteriormente súa renuncia para poder rematar seus estudos de Filosofía e Letras, na Universidade Complutense de Madrid.
Con posterioridade a súa etapa no Colexio PP. Somascos, José Luis Lomba Alonso, desempeñou súa labor docente no Colexio Público "Manuel Rodríguez Sinde", centro do cal foi director, e onde promoveu a creación do Grupo de Gaitas Atalaia, que o noso modesto entender, foi o embrión do rexurdimento da música tradicional galega na nosa vila.
Tamén desenvolveu súa labor como profesor e director no Colexio Público A Sangriña, rematando súa andaina profesional como profesor de ESO, no Instituto da Sangriña, con motivo da súa xubilación en 2001.
No ámeto político, en 1983 foi candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de A Guarda, resultando elexido concelleiro, e sendo nomeado Tenente de Alcalde, tarefa que desenvolveu con rigor, de tal xeito que, xunto con outros concelleiros (José Antonio Uris Guisantes, Pedro Borrajo Rivas e Feliciano González Otero (do Grupo Municipal Socialista) e Agustín Antonio Manuel Pérez Alonso (do grupo independente "Asociación La Guardia" - Alagua), presentou un recurso de amparo (573/1984), contra o Acordo do Pleno do Concello de A Guarda, adoitado na sesión extraordinaria do día 4 de xuño de 1983, confirmado na sentencia da Sala Terceira do Tribunal Supremo, de data 14 de xuño de 1984, que revogou a dictada pola Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Territorial de A Coruña, con data de 2 de marzo do mesmo ano; sobre constitución e composición das Comisions Informativas Municipais.
A xeito de síntese, temos que decir que o devandito recurso de amparo estivo motivado polo feito de que o grupo municipal de Alianza Popular, reservouse na súa totalidade os postos de catro Comisions Informativas (de Facenda; de Obras; de goberno e Réxime Interior; e de Ensino, Cultura, Festexos, Deporte e Turismo), asignando os cinco concelleiros dos grupos da oposición, exclusivamente, a Comisión de Sanidade e Beneficencia.

O que os recurrentes consideraban unha decisión arbitraria do grupo maioritario da Corporación Municipal, sería corrobourado na Sentenza 32/1985, de 6 de marzo, do Tribunal Constitucional, pola cal anulou o Acordo adoitado o 4 de xuño de 1983, polo Pleno do Concello de A Guarda, polo que se establece a composición das Comisions Informativas e a súa vez recoñecer o dereito dos recurrentes a que cada unha das Comisions Informativas do Concello do que son Concelleiros estén integradas de xeito que se acomode a proporcionalidade existente entre os distintos grupos políticos representados no Concello.
Iso foi así, e así o relembramos, porque é un feito que forma parte da historia recente do noso Concello, e porque aí estivo José Luis Lomba Alonso, daquela único representante do PSdeG-PSOE na Comisión Municipal Permanente.
A persoa que vai ser homenaxeada polos comuneiros de Camposancos, tamén desempeñou o cárrego de presidente da Entidade Local Menor de Camposancos, desde xuño de 2003 ata xuño de 2007.
José Luis Lomba Alonso tamén exerceu de Xuiz de Paz.
Ademáis da súa achega na actividade política municipal, de José Luis Lomba Alonso queremos salientar súa actividade investigadora e xornalística. Foi correspondente de FARO DE VIGO e activo colabourador en varias publicacions colectivas, entre elas o Libro-Programa das Festas do Monte Santa Trega, dando a coñecer interesantes traballos da súa autoría, como "Alcumes da Guarda", "O apelido Adrover", "Evocación de Orestes Caimotto e Feliciano Rolán",..., entre outros.
De entre súa producción queremos salientar á obra "Microtoponimia de A Guarda", sen dúbidas o estudo máis completo e riguroso sobor da orixe, significado e ubicación da maioría dos topónimos existentes no termo municipal de A Guarda. Un traballo que José Luis Lomba Alonso desenvolveu ao longo de varios anos e que foi publicado pola Deputación de Pontevedra.
Sobre toponimia temos referencias que deixou algún traballo inédito, que algún día non moi lonxano sería convinte publicar.
Probablemente, de xeito involuntario, quédannos moitos apuntes no tinteiro, como acostúmase decir, para chegar a facer un perfil dunha persoa tan poliédrica como D. José Luis. Por exemplo vénnos á memoria que era un gran afeccionado á música, e que moitas persoas o lembrarán dirixindo o Coro Parroquial de Camposancos, como tamén o lembramos no Colexio PP. Somascos, os teclados dun órgano que alí había e que tocaban o P. Orestes e D. José Luis, indistintamente. Sen dúbida, dous grandes homes que deixaron unha pegada decisiva na nosa vila.
Arredor da figura humana de D. José Luis Lomba Alonso falará José Manuel Domínguez Freitas, ex alumno, mestre xubilado, veciño, compañeiro de militancia política e ex alcalde de A Guarda.
O acto contará coa actuación do Coro Cantares do Brueiro, dirixido por Tino Baz Baz.

Ningún comentario:
Publicar un comentario