12 de maio de 2019

BARRO

Alfonso Rueda: “Landín é o alcalde que Barro necesita para volver a poñerse en marcha tras catro anos de parálise e abandono”   

• O presidente provincial apela a unir o voto en torno ao PP como única alternativa 
   
• O candidato á Alcaldía presentou a lista coa que concorrerá ás eleccións municipais do vindeiro día 26


O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda con José Antonio Landín, candidato á Alcaldía de Barro, na presentación da candidatura

Infogauda / Barro 

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que José Antonio Landín presenta o mellor equipo para que Barro saia do abandono e se poña en marcha tras catro anos de parálise. Deste xeito, apelou a unir o voto en torno ao PP como única alternativa, indicando que o 26 de maio “urxe un cambio neste concello” para que volva a ter un goberno serio e con capacidade de sacar adiante os proxectos necesarios.   

 Durante a súa participación no acto de presentación da lista coa que Landín concorrerá ás eleccións municipais como candidato á Alcaldía,  Rueda puxo en valor o carácter e a experiencia dunha persoa “valiente e das que sempre da a cara”, que traballou moitos anos por modernizar o concello e que está preparada para poñerse a gobernar “desde o primeiro día cunha xestión eficaz” para todos os veciños.   

 Saímos a gañar en Barro, como o facemos no resto dos concellos da provincia”, remarcou o presidente provincial, poñendo en valor unha lista con talento e que presenta unha profunda renovación.   

 Pola súa banda, Landín reivindicou a súa labor durante os anos que foi alcalde frente á parálise dos últimos catro anos e plantexou unha decidida aposta por unha xestión eficiente das contas municipais que repercuta nos veciños, cunha drástica reducción dos gastos políticos baixando os impostos. Na súa folla de ruta se sae elexido alcalde tamen haberá un polas infraestructuras que contribúan a modernizar a localidade, por asentar poboación incrementando a oferta de vivenda social, atracción de empresas para que Barro siga medrando, sen olvidar o coidado do medio ambiente que é outro dos piares do seu programa. Equipo renovado, con xente nova que chega con ilusión e empuxe.

CANDIDATURA DO PP DE BARRO ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 26 DE MAIO

1.         José Antonio Landín Eirín
2.                Patricia Corredoira Feijóo
3.                Alberto Diz Fontán
4.                José Suárez Vázquez
5.                Carlota Cousido Seijo
6.                Emilio Martínez Ramírez
7.                Víctor Sánchez Oubiña
8.                María Isabel Lamas Francisco
9.                José Manuel Formoso Búa
10.          Sandra María Sartal Aboal
11.          Beatriz Rodríguez Parrado

12.          Diego Cerqueiras Cancela
13.          Laura Diana Sánchez Oubiña
14.          Santiago Oubiña Romero
15.          María Dolores Martiñán Camiño
16.          Faustino Batallán Cons
17.          María Elena Porta Liñares
18.          Sara Álvarez Mira
19.          Martín Martínez Iglesias
20.          Rosa Varela Magariños
21.          José Antonio Santos García

Ningún comentario:

Publicar un comentario