O CONCELLO DO ROSAL CONTRATARÁ 12 TRABALLADORES DESEMPREGADOS
A TRAVÉS DUNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA
Infogauda / O Rosal
O Concello do Rosal contratará 12 traballadores desempregados a través dunha subvención da Deputación Provincial de Pontevedra.
A partir do 1 de abril e ata o 31 de decembro deste ano prestarán servizos no concello do Rosal 12 traballadores/as que serán contratados a través da liña 3 (emprego) da subvención da Deputación Provincial denominada Plan concellos. Esta subvención ten unha dobre finalidade, de promoción de emprego, por unha banda, e de cooperación á conservación e funcionamentos dos bens e servizos municipais, por outra.
No ano 2019 a axuda concedida vai destinada á contratación a xornada completa de seis oficiais para revalorización de espazos públicos, un oficial electricista, un operador de maquinaria forestal e catro peóns de limpeza viaria e recollida de lixo. A duración dos contratos é diferente para cada un deles e vai dende os catro meses ata os nove, sendo desta última duración a maioría. Os de maior duración estarán xa traballando o día 1 de abril.
A Deputación Provincial de Pontevedra concedeu unha subvención por importe de 127.328,08 euros para os custes salariais e de seguridade social, achegando o Concello do Rosal o importe correspondente a outros gastos como indemnizacións por fin de contrato, roupa de traballo, prevención de riscos laborais, vixiancia da saúde, etc.
Os requisitos establecidos pola Deputación para a contratación deste persoal é que se trate de desempregados do municipio inscritos no Servizo Público de Emprego, sendo seleccionados/as de conformidade cos criterios de preferencia fixados tamén por aquela. As ocupacións que se ofertarán a través da Oficina de Emprego de Tui serán as seguintes:
CNO/NIVEL PROFESIONAL (CATEGORÍA) – OCUPACIÓN
·71211015/50 – 3 OFICIAIS ALBANEIS (nove meses)
·94411010/00 – 4 MOZOS DE RECOLLIDA DE LIXO E LIMPEZA VIARIA (nove meses)
·75101033/40/50/60 – 1 OFICIAL ELECTRICISTA (sete meses)
·83221013/00 – 1 CONDUCTOR-OPERADOR DE MAQUINARIA FORESTAL CON MOTOR, EN XERAL (seis meses)
·71211015/50 – 3 OFICIAIS ALBANEIS (catro meses)

Ningún comentario:
Publicar un comentario