ÉXITO NO REPARTO DE COMPOSTEIROS
A cidadanía rosaleira amosa interese pola compostaxe
Foto: C. O. R.
Infogauda / O Rosal
"A pesar das inclemencias climáticas que sufrimos nesa data, a nova sesión de reparto de composteiros foi todo un éxito. E non só polo gran número de asistentes, senón pola gran interese pola compostaxe mostrada por todas elas e eles". Dese xeito valora o grupo municipal de goberno do Concello do Rosal, a resposta cidadá.
"Estamos seguros de que ese día - engaden desde o executivo municipal - demos un pasiño mais de cara a a mudar a nosa relación co medio ambiente, ser conscientes do lixo que xeramos e, polo tanto, loitar por un Rosal o mais sostible posible. Moitísimas grazas pola vosa colaboración".
AINDA HAI COMPOSTEIROS DISPOÑIBLES
Desde o grupo de goberno municipal lembran que aínda hai composteiros dispoñibles para quen queira participar, soamente é preciso ir polo concello para solicitalos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario