9 de feb. de 2019

A GUARDA

O "PROMOTOR" DA AMPLIACIÓN DE CEMITERIO DE A GUARDA NON DEU A CARA
 

Vista parcial do cemiterio parroquial de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Antes de relatar en síntese, o acontecido este sábado día 9 de febreiro de 2019, queremos pedir pública e humildemente, disculpas a tódolos lectores deste xornal dixital de información transfronteiriza, en xeral, e de xeito moi especial, a tódalas persoas que secundando á convocatoria pública, feita anónimamente, mediante un cartel exposto no taboleiro existente no cemiterio parroquial de A Guarda, e da cal nós demos conta en Infogauda e a súa vez nunha rede social, co propósito de informar á cidadanía, na medida do posible; asistiron á hora indicada no devandito cartel, para coñecer ás previsions do "promotor" - por decilo de un xeito respectuoso -, da ampliación do devandito cemiterio.

  Pedimos disculpas por haber "encaixado un gol", por decilo en termos deportivos, que leva o selo dun individuo, ou tal vez de máis de un, que será ou serán, calquer cousa menos serio/s. Decimos iso, porque se alguén se propón coñecer á demanda de nichos para posteriormente xestionar á necesaria ampliación do cemiterio parroquial de A Guarda, mal comeza se no día e hora indicada no cartel que previamente colocou no taboleiro de anuncios do devandito cemiterio, non comparece, nin - en caso de motivo de forza maior - non envía a unha persoa que no seu nome informe os interesados ou cando menos, comunique o motivo de calquer impedimento. Insistimos, se fose de forza maior, que non lle permita ao convocante, estar no día, hora e lugar indicados no anuncio público que colocou ou mandou colocar no indicado lugar.

 Como queira que dúas persoas da Redacción deste xornal dixital, estivemos non ás 10:00 h., que era á hora indicada no cartel, senón con alomenos 10 minutos de antelación, e posteriormente foron chegando máis persoas, interesadas en coñecer as previsións do "promotor" da ampliación do cemiterio; podemos decir que ese "promotor", que non se dignou asistir, non tivo en conta que se o tempo é un ben prezado para calquer persoa, tamén o é, para aqueles veciños que tivemos a ben desprazarnos ata o camposanto parroquial de A Guarda, e agardar unha hora! a que chegase o "promotor" da suposta ampliación do cemiterio parroquial.

 Como queira que tódalas persoas que asistimos, tivemos a paciencia necesaria para agardar ese tempo polo "promotor" da ampliación do cemiterio, un redactor deste xornal dixital consultou persoalmente co sepultureiro interesándose pola identidade do "convocante". A resposta do enterrador foi en síntese, que descoñecía quen había colocado o anuncio no taboleiro que está situado nada máis entrar no cemiterio, e que posteriormente, como o anuncio desapareceu dese lugar, sabe que logo foi reposto o devandito anuncio no mesmo lugar. Máis en todo caso, dixo descoñecer súa identidade. Engadindo que o párroco de A Guarda non tiña coñecemento desa convocatoria.

 A todo isto, lóxicamente, ás persoas que reunímonos no lugar indicado na convocatoria, comentamos que fose quen fose quen colocou ese anuncio, non actuou correctamente, pois xogou coa boa fe das persoas, que lexitímamente aspiran a dispór de sepulturas no devandito cemiterio, e que esas persoas, tiveron que deixar outras tarefas persoais, para poder asistir a reunión co "promotor".

 Como dixemos, cando eran ás 11:00 horas, tódalas persoas alí congregadas abandonamos o lugar, coa impresión de que alguen non tivo mellor cousa que facer que molestar os demáis.

 Polo tanto se alguén quer realmente, promover a posible e - insistimos - necesaria, ampliación do cemiterio parroquial de A Guarda, vai ter que ser serio desde o minuto 1. 

 E, ademáis, por si coida que as cousas se fan de calquer xeito, debería falar coa persoa que corresponde, en primeiro termo, como é o administrador parroquial de Santa María de A Guarda. Que por certo, no decurso da conversa que mantivemos con el persoalmente, na mesma mañá de hoxe, díxonos que non tiña coñecemento algún desa convocatoria. 

 Esa é á situación. Lamentamos que alguén, desde o máis absoluto anonimato - xa que no cartel non figuraba ningún xeito de contacto, nin teléfono, nin enderezo, nin razón social algunha - xogase con vantaxe - a que da o infame anonimato -, perxudicando as persoas que acudimos a súa convocatoria.

Ningún comentario:

Publicar un comentario