20 de dec. de 2018

O BAIXO MIÑO

O Goberno de Carmela Silva leva destinados 30 millóns de euros aos concellos do Baixo Miño, "é o maior investimento na comarca da historia da Deputación" 

"Fronte as falacias sen datos do Partido Popular, nós vimos con números relatados ao céntimo que non se poden rebater. Non hai administración que investira máis que nós"

De esq. a der.: Montserrat Magallanes Álvarez, Sandra González Álvarez, Carmela Silva Rego e Uxío Benítez Fernández
Foto: D. PO.

Infogauda / O Baixo Miño

 A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer hoxe nunha comparecencia de prensa no Mercado de Tomiño que a institución provincial investiu no que vai de mandato do actual Goberno provincial 29,9 millóns de euros (29.891.939,73 €) nos concellos do Baixo Miño: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui. "É o maior investimento da historia da Deputación nesta comarca, e moito máis importante que a que fixo calquera outra administración", asegurou a Presidenta, que sinalou que "preto de 15 millóns corresponderon ao Plan Concellos, o mellor instrumento que temos para axudar aos concellos e que confirma, segundo fontes oficiais do Ministerio de Facenda, que a Deputación de Pontevedra é a Deputación de todo o estado que máis transferencias directas fai aos municipios".  

 "Falo de datos obxectivos, de números que se poden comprobar un a un", subliñou a presidenta, falamos que só co Plan Concellos temos 175 obras nesta comarca. ¿Algunha outra administración pode compararase con estes datos?, ¿pode a Xunta sequera aproximarse tendo moitísimo máis orzamento?, preguntou Carmela Silva que engadiu: "Fronte ás calumnias, datos fríos e números obxectivos".  

 Destes case 30 millóns de euros, a institución provincial investiu 15 millóns no Plan Concellos; preto de 1,5 millóns no Plan DepoRemse beneficiando á Guarda, Tomiño e Tui; 1 millón noutros proxectos e plans; 3 millóns de euros en Emprego e Formación; 1,5 millóns de € na área de Cohesión Social e Xuventude; 6 millóns de euros en Mobilidade; 110.000 euros para a Igualdade entre mulleres e homes; arredor de 700.000 € en Deportes; máis de 730.000 € en Cultura; máis de 100.000 euros en Medio Ambiente; outros 100.000 € na área de Novas Tecnoloxías ou 900.000 en Turismo, así como máis de 400.000 euros nos programas Visit Miño e Smart Miño ou 800.000 no funcionamento da Oficina de ORAL.  

 O Plan Concellos da Deputación de Pontevedra supuxo un investimento de preto de 15 millóns de euros na comarca, con 2.827.747,81 € para A Guarda, 1.606.016,45 € para Oia, 2.039.983,69 € para O Rosal, 4.541.861,66 € para Tomiño e 3.725.450,93 € para Tui.  "Falamos de 175 obras nos cinco concellos e só con este Plan, feito con criterios técnicos, obxectivos e equidade e con cero euros de libre disposición". Ademais, Carmela Silva lembrou que o Plan DepoRemse, deixou entre os concellos da comarca preto de 1,5 millóns de euros para mellorar a mobilidade e a seguranza viaria nos espazos públicos da Guarda (500.000 € para actuar na mellora da mobilidade e seguridade na contorna da Rúa Vigo e Celta), Tomiño (500.000 € para a mellora da mobilidade e da seguranza viaria na contorna dos equipamentos públicos da Praza do Seixo) e Tui (425.000 € para a mellora da seguranza viaria núcleo da Torre en Paramos).  

 O investimento noutros plans á marxe dos mencionados ascende a un millón de euros cos que se financiou o Plan de emprego de 2015, os préstamos sen xuros, a doazón de materiais de espazos públicos, a iluminación exterior sustentable para os cinco concellos, a adaptación de puntos limpos, a reparación de instalacións deportivas e subministración de material, a substitución das caldeiras de biomasa da Guarda, actuacións nos sendeiros azuis da Guarda, a sinalización da Ruta BTT Suroeste na Guarda, Oia e O Rosal, a subministración de desfibriladores e Degusta Europa.  

 Dentro da área de Emprego, Carmela Silva informou de que "en tres anos financiamos na comarca do Baixo Miño a creación de máis de 400 postos de emprego e de formación, cun investimento de 3.073.221,94 €" entre o Plan Concellos, con 2.550.817,11 €, e os distintos plans de práctica laboral, o Prácticum Depo Erasmus+ e programas como DepoIntegra Xoven, outros máis de 520.000 €.  

 No apartado de Cohesión Social e Xuventude, o achegado na comarca do Baixo Miño sitúase en 1.320.456,89 €, que permitiron, entre outros aspectos, mobilizar a máis de 4.500 veciñas e veciños cos programas provinciais de actividades. A Deputación investiu no plan de cofinanciamento dos servizos comunitarios, en axudas de emerxencia, e mellorou a vida das persoas maiores a través do financiamento do programa de teleasistencia, no que participaron preto de 200 homes e mulleres de Oia, O Rosal, Tomiño e Tui.  No que se corresponde cos programas de actividades e de atención cidadá, Carmela Silva sinalou que "mobilizamos a 4.500 persoas e 100 asociacións a través de Depo en Marcha, En Ruta coa Depo, Depotermal, Tecendo Lazos, DepoRúARTE, Depo Aventura e Tempo de Saúde".  

 En canto á Mobilidade, Silva informou de que o investimento foi superior aos 6 millóns de euros para a realización de "obras de mellora nas estradas provinciais de Deza e distintos plans de mobilidade". Nos últimos tres anos, sinalou, "licitamos e/ou iniciamos obras por importe de máis de 5 millóns de euros" nas que destacan obras moi importantes e a realización de asistencias técnicas necesarias para o bo desenvolvemento das obras; o Plan Móvese; o Plan de sinalización viaria; o Plan de pintado das estradas, e o Plan de desbroces e limpezas.  

 Na área de Igualdade, o investimento foi de máis de 111.000 € para "fomentar a igualdade e a concienciación contra as violencias machistas con iniciativas como case 70 cursos", sinalou a presidenta Carmela Silva, que informou de que grazas á colaboración cos concellos de menos de 20.000 habitantes para a implantación de accións e medidas para o fomento da igualdade e a prevención das violencias machistas, puidéronse financiar actuacións en todos os concellos da comarca. A través do programa Conectadas, financiáronse 66 cursos colaborando con asociacións veciñais, de mulleres e culturais, ás que se lles achegou formación transversal en igualdade. Ademais, o programa Mulleres en Acción. Violencia Zero chegou aos concellos, ao igual que Sorrisos Transformadores ou o programa Cinema e muller.  

 En canto a Deportes, Carmela Silva sinalou que "investimos preto de 700.000 euros en axudas, beneficiando a máis de 100 clubs, entidades, asociacións e deportistas da comarca e centos de nenas e nenos que participaron nas DEPOrte Escolas". A presidenta provincial destacou a liña de axudas ao deporte federado das categorías base e inferiores; a específica de achegas aos clubs de categoría estatal nas súas disciplinas ou o apartado de organización de actividades, eventos e probas deportivas. A Deputación tamén investiu en deportistas individuais e olímpicos/as, ademais da Copa Deputación coa participación de 12 clubs de fútbol, e dedicou 137.000 € ao Atlético Guardés co que veñen asinando convenios anuais por mor da súa categoría de elite da provincia e, ademais, a Presidenta anunciou que "en 2019 os nosos orzamentos xa contemplan que o convenio terá un incremento de 3.000 € respecto ao que recibiu estes anos". A institución provincial tamén instalou novas DEPOrte Escolas. A presidenta tamén resaltou as achegas a través de DEPOcomparte para o préstamo de material a clubs das comarcas para a realización de competicións e actividades deportivas.  

 En canto a Turismo Rías Baixas, o investimento na comarca situouse en case un millón de euros financiando actuacións de promoción, blogtrips nos cinco concellos, axudas a entidades e un investimento superior aos 750.000 € para a escavación e consolidación do xacemento do poboado Mergelina no Monte Santa Trega, que vén de ser incluída na exposición Galaicos. 

 Na área de Cultura, a Deputación investiu máis de 730.000 € para realizar ducias de actividades dos concellos, das asociacións, entidades e comisións de festas dos concellos de menos de 50.000 habitantes da comarca. A presidenta lembrou que "cada ano desenvolvemos unha liña de colaboración co tecido socio-cultural da provincia, cunha temática diferente: Ano Castelao, Ano do Patrimonio e Ano da Lingua, financiamos axudas para a dinamización da lingua galega, e as destinadas á rehabilitación e sinalización do patrimonio. Destacan nesta liña  a sinalización do casco histórico da Guarda, a rehabilitación do lavadoiro da roda de Guillarei (Tui), o mantemento e conservación da Fortaleza do Couto-Goián (Tomiño), o proxecto para a interpretación do patrimonio eclesiástico do Rosal ou a sinalización de tres igrexas de Oia. A Deputación tamén investiu  na colaboración cos concellos e comisións de festas para contratar grupos de música e baile co programa Pontegal e no marco de Musigal, que leva a música galega e en galego por todo o territorio da provincia, así como para o festival audiovisual Play-Doc e os festivais musicais e de artes escénicas IKFEM e Minho Reggae".     

 A Deputación tamén investiu máis de 110.000 euros en Medio ambiente para implantar "un novo modelo de sustentabilidade e coidado da nosa contorna e dos nosos sectores produtivos". A liña de mantemento dos campos de fútbol, con maquinaria e persoal propio, permitiu realizar 8 actuacións na comarca. As liñas de axudas ao sector primario beneficiaron á confraría de pescadores Santa Tecla da Guarda e ademais, crearase un parque forestal na Serra de Groba e Costa, en Oia.  

 No apartado de Novas tecnoloxías o investimento da Deputación dsitúase próximo aos 100.000 € "para implantar a administración electrónica e impulsar as TIC a través do servizo SmartPeme". No caso da administración electrónica, "no que somos a única administración de todo o estado co 100% dos concellos", formamos a un total de 314 persoas funcionarias de todos os concellos da comarca e, pola súa banda, SmartPeme beneficiou a 34 empresas.  

Plan Concellos 2019 no Baixo Miño 

 A presidenta tamén adiantou os datos do Plan Concellos 2019 na comarca do Baixo Miño. Este próximo ano, o goberno provincial incrementa ata os 4,2 millóns de euros os investimentos. Concretamente son 4.180.699,58 euros, 130.827,46 euros máis que no exercicio anterior, o que supón un incremento do 3,23%.  

 Máis polo miúdo, para o concello de Tomiño destínanse un total de 1.268.865,17 euros, case un 3,5% máis que o ano pasado. Na liña 1 teñen a súa disposición 881.729,22 euros, no que respecta a liña 2 son 112.269,43 euros, e á liña 3 de emprego destinaranse 274.866,52 euros.  

 Pola súa banda, Tui terá a súa disposición para este ano 2019 1.063.437,44 euros, o que supón un 3,25% máis que en 2018. Na liña 1 teñen a súa disposición 739.718,33 euros, no que respecta a liña 2 son 93.868,54 euros, e á liña 3 de emprego destinaranse 229.840,57 euros.  

 No caso de A Guarda, a Deputación pon a disposición do concello 808.965,46 euros, un 3% máis que no exercicio anterior. Na liña 1 teñen a súa disposición 562.964,54 euros, no que respecta a liña 2 son 71.340,27 euros, e á liña 3 de emprego destinaranse 174.660,65 euros.  

 Para O Rosal destínanse un total de 583.312,29 euros, o que supón un 3,1% máis que o ano pasado. Na liña 1 teñen a súa disposición 403.555,67 euros, no que respecta a liña 2 son 52.129,42 euros, e á liña 3 de emprego destinaranse 127.627,20 euros.  

 E xa por último, Oia ten a súa disposición a través do Plan Concellos 2019 un total de 456.119,22 euros, un 3,3% máis que no 2018. Na liña 1 teñen a súa disposición 315.402,88 euros, no que respecta a liña 2 son 40.807,74 euros, e á liña 3 de emprego destinaranse 99.908,60 euros.

A GUARDA

CARTA DE NAVIDAD DE ROBERTO JOSÉ ÁLVAREZ CARRERO AL BNG DE A GUARDA

Roberto José Álvarez Carrero


 Roberto José Álvarez Carrero, candidato del PP a la alcaldía de A Guarda, denuncia otro intento de manipulación política del BNG de A Guarda a propósito de la famosa Salida Sur del puerto guardés mediante una carta abierta de Navidad al portavoz del BNG de A Guarda, Ángel Luis Baz.  

 Así, Carrero, expresando de nuevo su profunda indignación, afirma con rotundidad: - “Mucho tardaba el BNG de A Guarda en volver a intentar confundir a los guardeses con sus solicitudes y, como nos tienen acostumbrados, a poner de manifiesto su falta de rigor, lanzando afirmaciones gratuitas y sin fundamento para tratar de manipular a los votantes con sus falsedades… Éramos pocos y parió la abuela”.   

 Desde esta redacción, trascribimos la carta completa: 

CARTA DE NAVIDAD DE ROBERTO CARRERO AL PORTAVOZ DEL BNG DE A GUARDA  

 Querido Ángel Luis Baz, portavoz del BNG de A Guarda:  

 Me alegra volver a saludarle y aprovechar este medio para, al menos, poder hablar con Ud. sobre algún tema interesante para A Guarda y no sólo sobre sus continuas peticiones (a través de mociones que presenta en el Concello) de abolición de la Constitución Española, de votación sobre la independencia de Galicia de España, de defensa de los denominados por uds. presos políticos catalanes, de iniciativas legislativas irrisorias, etc.; sin duda estos requerimientos están muy bien por tener gran incidencia en la vida de nuestros vecinos guardeses pero, todo sea dicho desde el más absoluto respeto, escapan al control del Pleno del Concello y hacen soporíferos los mismos llegando incluso a marcharse los únicos vecinos que asisten a las vistas plenarias (los militantes y simpatizantes del BNG). 

 Debo confesarle una cosa: ya estaba tardando en dirigirse a mí públicamente para, aprovechando que el río Pisuerga pasa por Valladolid (se lo acercamos para que se sienta mejor: puesto que el río Sil desemboca en el Miño) tratar de meterse con el presidente de la Xunta de Galicia, con el Partido Popular y con este portavoz que suscribe esta misiva.  

 Le agradezco sinceramente su interés por todos nosotros pero preocúpese mejor de A Guarda y de sus vecinos diciéndoles la realidad y no manipulando burdamente: en esta ocasión sobre la famosa salida sur del Puerto de A Guarda.  

 Ciertamente el PSOE guardés, junto con sus socios de gobierno, el BNG guardés, han realizado en la Diputación de Pontevedra un “proyecto (o “anteproyecto” más bien) de ejecución” de una salida Sur del Puerto de A Guarda. 

 Sin embargo, este “proyecto”, anunciado a bombo y platillo por el PSOE guardés en el folleto de la Agrupación Socialista Guardesa, y cuyo redactor es el BNG guardés (según sus palabras), no sólo no se ha presentado pormenorizadamente a los guardeses, sino que tampoco se ha efectuado tal exhibición al resto de los grupos políticos del Concello. Bien es verdad que el PSOE y el BNG son socios de gobierno en la Diputación Provincial y, según se desprende de lo manifestado por el BNG, también es la alianza de presente y futuro proyectada para el gobierno del Concello de A Guarda entre los socialistas guardeses y el BNG guardés que pretenden gobernar A Guarda en coalición por lo expuesto (de hecho, cuando Doña Carmela Silva visitó las obras de Concepción Arenal, el Sr. Antonio Lomba y Ud. se pasearon por la ínclita calle gozosos... Como era de esperar, no avisaron de tal visita al resto de los concejales de la oposición… porque, aunque no acudiésemos a tan excelso evento, es de educación convidar al resto de la oposición). 

 Querido Angel y señores del BNG guardés, por si no lo sabían (o si lo sabían lo omiten para manipular), aunque se presente “unha emenda aos orzamentos da Xunta para que se dote unha partida orzamentaria para a construción dun novo aceso ao porto da Guarda pola parte sur” primero habrá que tener explicitado y aprobado el proyecto con todos los requisitos necesarios. Circunstancia que, por si no lo sabe, todavía no se ha realizado. 

 Amigo Angel y señores del BNG guardés, por si no lo sabían (o si lo sabían lo omiten para manipular) los requisitos necesarios para dotar de presupuesto un proyecto, ya sea por el Concello, por la Xunta de Galicia, o por “Rita la Cantaora”, lo primero es aprobarlo; es decir: primero hacemos un proyecto, lo aprobamos y, finalmente, lo dotamos económicamente. Circunstancia que, por si no lo sabe, tampoco se ha realizado todavía. 

 Compañero Angel Luis Baz y señores del BNG guardés, por si no lo sabían (o si lo sabían lo omiten para manipular) el famoso “proyecto de ejecución” o “anteproyecto” no goza de todos los informes preceptivos: informe de viabilidad, informe de urbanismo, informe de impacto medioambiental, informe de puertos, informe de patrimonio, informe de plan de ordenación litoral, etc. (no sigo para no aburrir). 

 Sr. Angel Luis Baz y señores del BNG guardés, por si no lo sabían (o si lo sabían lo omiten para manipular) Ud., el Sr. Antonio Lomba y el PSOE guardés, se empecinaron y votaron en ejecutar las obras de Concepción Arenal como una obra fundamental para A Guarda. Esta formación política del PP de A Guarda a la que represento, les dijo que la política eran prioridades y la prioridad era la salida Sur del Puerto; que empezáramos por eso y después iniciáramos Concepción Arenal; que el dinero que se iba a invertir en Concepción Arenal se invirtiese en una posible Salida Sur del Puerto; que hiciéramos una tramo al menos porque era clarísimo que el puerto de A Guarda sin la Salida Sur era un embudo pero… ¿que hizo Ud. y sus socios del PSOE guardés…? Aprobar el proyecto de Concepción Arenal, buscar financiación e iniciar las obras de la calle (que, por cierto, posiblemente no quede mal). Pero, para acallar bocas y posibles discrepancias con los vecinos de A Guarda a propósito de las prioridades, realizaron en la Diputación Provincial un “anteproyecto” de Salida Sur del Puerto sin ser aprobado por el Concello de A Guarda, sin los informes preceptivos, sin presentación exhaustiva y oficial alguna en Xunta ni en ningún otro sitio más que en su sesera para embaucar a los guardeses y que no se les revirasen o les votasen en contra en las próximas elecciones municipales. 

 Sr. Angel Luis Baz y señores del BNG guardés, por si no lo sabían (o si lo sabían lo omiten para manipular) los únicos jefes que tiene este candidato del PP de A Guarda son los guardeses y sus intereses. No tenga ni la menor duda que me pelearé con quien sea para que mi pueblo progrese con proyectos serios y rigurosos y no con manipulaciones ideológicas de las que parece ser son uds. expertos. Así que, primero haga ud. y sus socios del PSOE guardés sus deberes en el Concello. Yo haré los míos cuando me toque. Es más, aprenda, sin que ello sirva de precedente, del PSOE de A Guarda que, al menos, suele reunirse y citarse con el resto de los grupos políticos para hablar cuando les conviene, aunque después hagan caso omiso a lo que se les proponga. 

 Es más si queda feliz con que diga públicamente al presidente de la Xunta de Galicia que deseo financie una obra que no ha sido aprobada, ni informada favorablemente, dado que faltan informes, y mucho menos presentada pertinentemente, lo hago sin remilgos de ningún tipo:   

 - “Presidente Alberto N. Feijoo, dame dinero para A Guarda que queremos hacer la salida Sur del Puerto. Se trata de una obra que no hemos aprobado en el Concello y que desconocen pormenorizadamente los vecinos; una obra que desconoces porque no la han presentado pertinentemente en la Xunta; además se trata de una obra que no cuenta con los informes preceptivos pero, según me dicen los del BNG guardés, es muy buena para nuestro pueblo…”  

 Sr. Ángel Luis Baz: - ¿queda ud satisfecho con ello, o prefiere que le envíe por escrito al presidente de la Xunta la solicitud? De suyo sería lo preceptivo dado que los cauces procesales y administrativos suelen ser así. También por si no lo sabía.  

 Así que le emplazo: si rematan el “proyecto de ejecución” de la Salida Sur de marras consensuado con el resto de los grupos políticos y se consiguen todos los permisos e informes, le invito a que venga conmigo a la Xunta a protestar si no nos conceden, al menos, algo de financiación. Ya le he dicho que yo no tengo inconveniente ninguno en reunirme e ir con Ud. a pedir lo necesario para nuestro pueblo cuando sea y donde sea. ¿Ud. está dispuesto a hacer idéntica política conmigo?; ¿o sigue pensando y diciendo como de costumbre que el BNG de A Guarda no tiene nada que hablar ni negociar con el PP de A Guarda para que nuestro pueblo y nuestros vecinos progresen? 

 Antes de la despedida, y aprovechando la ocasión, puesto que ud. lanza una diatriba hacia mi persona: Sr. Angel Luis Baz ¿está ud. de acuerdo con que su formación política, y por alcance ud. mismo, concurra a las elecciones europeas con Esquerra Republicana de Cataluña y los amigos de Euskal Herria-BILDU? ¿Ud. quiere liquidar y dividir también nuestro país y la convivencia? ¿prefiere vivir el espectáculo esperpéntico de Cataluña en Galicia por su ideología política? Así que le invito también públicamente, dado que ud. me ha conminado a través de los medios para que, según sus palabras, solicite dinero a mi jefe para obras (cosa que acabo de hacer), que nos diga si apoya la independencia de Cataluña; si los políticos presos catalanes son presos políticos; si la palabra España le dice algo; si A Guarda forma parte de España y de Galicia o si está dispuesto a dejar de lado sus ideas políticas para que A Guarda forme parte de un gran país. 

 Por si se le ocurre volver a denigrar a los concejales del PP de A Guarda y, por consiguiente, a los vecinos que representamos, a los militantes, simpatizantes y amigos del Partido Popular, llamándonos corruptos o comisionistas, le ahorro tiempo y le comunico que no vamos volver a entrar en más provocaciones veladas o explícitas. Esa forma de hacer política es infame. Así que reflexione al respecto porque hay que pensar lo que uno dice. No todo vale en política. 

 Feliz Navidad, aunque desconozco si los del BNG celebran la Navidad al ser un invento de los curas y la Iglesia… Sea como fuere, pase unas buenas fiestas, procure ser feliz y no estar amargado, no manipule, ni acuse a nadie de nada y que estas Fiestas Navideñas y los Reyes Magos… perdón… es verdad que uds. celebran o Apalpador… Pues que o Apalpador le toque el vientre y el corazón de cara a trabajar por el bien de A Guarda y no sólo a criticar al adversario político que no piensa igual que Ud. Aquí estamos para trabajar juntos de cara a que nuestra amada Guarda vuelva a recuperar su orgullo y vida. 

 Un abrazo. 

 Roberto J. Álvarez Carrero.

(R.)

A GUARDA

O BNG acusa de irresponsábel ao alcalde da Guarda ao pór en perigo axudas europeas IDAE    

Ángel Luis Baz Vicente, voceiro do BNG no Concello de A Guarda: “Un novo caso de inacción do goberno do PSOE pon en perigo importantes axudas europeas”
Ángel Luis Baz Vicente, voceiro do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O grupo de goberno do PSOE levou a pleno, hoxe xoves, unha petición de subvención dentro das axudas europeas a programas de aforro e eficiencia enerxética, e proxectos de mobilidade sustentábel. En xuño de 2017 abríanse esta liña de axudas, pasou un ano e medio no que o goberno municipal non presentou ningún proxecto, que estiveron a facer?”. Esa é a pregunta que formula Ángel Luis Baz Vicente, voceiro do BNG no Concello de A Guarda.

 Para o BNG resulta incríbel que un goberno en minoría, non negocie con ningunha formación política esta liña de subvencións, e que agora, pretenda o apoio incondicional apelando á responsabilidade da oposición dado que están na data límite para presentar algún proxecto, afirma Ángel Luis Baz.  

 “Unha situación alarmante - explica o voceiro municipal do BNG -, se temos en conta que o requisito prioritario é a orde de chegada de proxectos, polo que a pretensión do Alcalde da Guarda de presentar un proxecto a última hora non ten moitas garantías de éxito. Un despropósito.”  

 Como contrapunto á situación de parálise de goberno da Guarda, Ángel Luis Baz pon a xestión do goberno nacionalista de Tomiño, onde xa teñen aprobados 3 proxectos cuns investimentos totais superior ao 1.200.000 € e un cuarto á espera de ser aprobado.   

 O BNG quere denunciar - engade Ángel Luis Baz - que a situación ven agravada, cando A Guarda partía con vantaxe fronte a outros concellos, ao ter redactado o plan de mobilidade que daba acceso directo as axudas, mentres outros concellos tiñan que agardar á redacción do mesmo.   

 A negación do PSOE e PP de aprobar o plan de mobilidade tira pola borda a realización de diferentes proxectos como as eco-sendas na circunvalación con Camposancos, proxectos de seguridade peonil na Sangriña e Solanas ou proxectos de eficiencia enerxética para o Conservatorio, Centro Cultural e outros edificios municipais.  

 “Algo que Tomiño non deixou escapar”, remarca Ángel Luis Baz, para acabar dicindo “que moito me temo que a resposta ao único proxecto que A Guarda aínda ten pensado mandar vai ser un: tarde piaches”.       

A GUARDA.

Visita da Unidade Móbil de inspección técnica de ciclomotores  

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda comunica que a Unidade Móbil 9 de inspección técnica de ciclomotores desplazarase o 15/01/2019 e estará ubicada xunto a Estación de Servicio San Roque (Salcidos). 

 O  horario habitual de atención será de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas de luns a venres.   

 Para solicitar cita previa:      

Por teléfono: 902 30 90 00     


NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.

Unidade Móbil de inspección técnica de agrícolas 

 A Unidade Móbil 0 de inspección técnica de ciclomotores desplazarase ao Concello de A Guarda do 28/01/2019 ao 29/01/2019 na Estación de Servicio San Roque (A Guarda). 

O horario habitual de atención será de 9:00 a 13:30 horas e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás:  

29/01/2019 que será horario só de mañá   

Para solicitar cita previa: 
     
Por teléfono: 902 30 90 00     
A través da páxina web. Cita previa 

NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias

TUI

Compra no comercio local e merca productos galegos  

· O Bloque Nacionalista Galego  anima a potenciar feiras e mercados, a consumir produtos galegos, e a facelo no comercio de proximidade, sector básico da nosa economía.   

BNG / Tui 

 Levamos tempo alertando da imposición, por parte do Goberno do PP, dun modelo de consumo ao servizo das grandes áreas de capital foráneo, que nos empobrece, atenta contra a nosa saúde, e mesmo xera hábitos de vida e de ocio deshumanizados.  

 Apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores maneiras de xerar riqueza para Galiza, de humanizar cidades e impedir a desertización das nosas vilas. Está na nosa man modificar hábitos, potenciar a nosa economía e dar saída á produción galega, de extraordinaria calidade. 

 No BNG apostamos por prestixiar os nosos produtos primarios e por facilitar a súa comercialización. O noso obxectivo é que as persoas produtoras obteñan o máximo beneficio, e que a actividade agraria, a súa transformación e comercialización sexan un elemento de xeración de emprego e dinamización económica, que tanta falta fan. 

 Temos comercio e produtos de primeira. Reivindicamos a artesanía, a música, os libros, os xoguetes non sexistas, feitos na Galiza e reinvestidos na economía local. 

 As políticas fiscais e económicas do PP están a ameazar a supervivencia do comercio local, que o BNG segue a apoiar e defender. 

 No BNG apostamos por: 

· Incentivar a compra de produtos locais e galegos, con promoción da etiquetaxe en lingua galega
· Opoñerse á instalación de grandes superficies comerciais de capital transnacional. 
· Recuperar os mercados municipais e as zonas comerciais tradicionais. 
· Promover a produción alternativa e ecolóxica. Impulsar unha marca de calidade dos produtos da horta galega. 
· Regular os horarios comerciais. 
· Establecer liñas de crédito prioritarias para o comercio de proximidade.   

(R.)

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

ACTIVIDADES DA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS

· Venres día 28 de decembro, ás 20:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes


Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos


 Como nen todo vai ser traballar no monte, nen xestionar todo o relacionado con eses bens comunais, que para iso xa adicaron os esforzos e medios necesarios ó longo de tódolos meses precedentes; a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos, que preside José Fernando Martínez Martínez, organiza para o día 28 deste mes de decembro, ás 20:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes unhas actividades para animar as festas do Nadal.

 Ese día actuarán:

 · A Banda de Acordeons Argonat Band.
 · Grupo de Fitness Zumba Camposina.
 · E unha actuación sorpresa.

 Dese xeito, a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos desexa que a maxia do Nadal encha de ledicia tódolos corazóns.

A GUARDA

FÚTBOL

PRIMEIRA AUTONÓMICA GRUPO 5º

O SPORTING GUARDÉS RECIBE O SAN MARTÍN

O domingo día 23 de decembro, ás 4 da tarde no Estadio Municipal A Sangriña




ARCOS DE VALDEVEZ

Município promove “Natal Run Solidário”  

Participe! Ao participar está a ajudar quem mais precisa!


María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 No próximo dia 23 de Dezembro, pelas 10h00, o Município de Arcos de Valdevez, em colaboração com o Centro de Atletismo de Arcos de Valdevez, volta a realizar o evento “Natal Run Solidário”, sendo a partida e achegada no Campo do Trasladário. 

 Esta iniciativa engloba a realização de uma prova de Corrida num percurso total de 8000m ou uma Caminhada de 4000m. 

 As inscrições são gratuitas e deverão ser realizadas, preferencialmente, até às 13H00 de 22 de dezembro de 2017, através do link, ou no local da Prova, até 30 minutos antes do início da mesma. 

 Como contrapartida solicita-se apenas uma contribuição em alimentos, para distribuir através da Cáritas – delegação de Arcos de Valdevez a famílias carenciadas. Esse donativo deve ser entregue aquando do levantamento do kit de participação. 

 Os bens aceites são atum, salsichas, arroz, massa, leite, azeite e óleo. (sugere-se contribuir com um conjunto de produtos no valor aproximado de 2€). 

 O Kit de Participação é composto por um saco personalizado, uma t’shirt e um gorro do Pai Natal (obrigatório usar durante a prova).

ARCOS DE VALDEVEZ

235 alunos participaram no Corta-Mato 


María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 Todos os anos centenas de alunos se reúnem no Estádio Municipal para a realização do Corta-mato escolar. 

 No passado dia 14 de Dezembro realizou-se mais uma edição, que envolveu os alunos das escolas Básica e Secundária de Arcos de Valdevez, Básica Dr. Manuel da Costa Brandão, Sabadim, Básica de Távora, Santa Maria e da Básica Prof. Melo Machado, Arcos de Valdevez. 


 Este ano o Corta-mato contou com a participação de 235 alunos, desde o 4º ano até ao 12º ano de escolaridade, incluindo 4 alunos do Ensino Especial, bem como muitos outros a assistirem e a apoiarem os colegas. 

 O Estádio Municipal encheu, tendo sido uma manhã de festa, convívio e de atividade física.  

 A organização deste evento esteve a cargo dos professores de Educação Física do Agrupamento, com o apoio da Câmara Municipal e a colaboração de alguns funcionários e dos alunos da turma do 11ºG. 

 Os 6 primeiros classificados de cada escalão/género estão apurados para irem ao Corta-mato distrital que se vai realizar em Caminha, na Mata do Camarido, no dia 7 de Fevereiro. 

 Na entrega dos prémios esteve presente a vereadora do Desporto, Emília Cerdeira, que destacou a importância do desporto no quotidiano dos jovens, bem como os apoios que o Municipio dá para que todos tenham acesso a uma vida ativa e sã. 

O Desporto nos jovens é visto como essencial e prioritário para Câmara Municipal 

 Assim, de forma a promover o Desporto e contribuir para um crescimento saudável dos mais pequenos, a Câmara Municipal de Arcos de Valdevez leva crianças dos Jardins de Infância às instalações da Piscina Municipal para terem aulas de adaptação ao meio aquático,e,no âmbito das Atividades de Enriquecimento Curricular (AEC), as turmas do 1º Ciclo do Ensino Básico do concelho têm aulas de educação física no seu estabelecimento de ensino e nas Piscinas Municipais.

MADRID

O GALEGO DÚO RIVERA PRESENTOU NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA O SEU DISCO “EN EL MEDIO DEL CAMIÑO” 

· O grupo está composto polas músicas ourensás María Luz Rivera e Raquel Rivera e o CD contén música galega e española 

Raquel Rivera, María Luz Rivera, José Manuel Romay, José Ramón Ónega, Ramón Jiménez, Juana Escudero e Marina Hervás
Fotos: Casa de Galicia

Infogauda / Madrid

 O galego Dúo Rivera, composto polas músicas ourensás, residentes en Madrid, María Luz Rivera (piano) e Raquel Rivera (violín), presentou esta tarde na Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia o seu CD “En el medio del Camino”, nun acto que contou coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense e no que as artistas interpretaron algunhas pezas do repertorio do disco. O CD contén obras de autores galegos -Marcial de Adalid-, de temática galega -“Aureana do Sil”, de Federico Mompou- e doutros autores españois (Falla e Turina). 

 Na presentación interviñeron, ademais das compoñentes do dúo, a musicóloga e doutora en Filosofía Mariña Hervás, a xestora cultural e subdirectora de Educación e Cultura da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Juana Escudeiro, o coordinador de Actividades da Casa, Ramón Jiménez, e o delegado da Xunta e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega López.  

Ramón Jiménez e José Ramón Ónega, no atril, presentando. Atrás, o Dúo Rivera, Marina Hervás e Juana Escudero 

 Ónega deu a benvida aos participantes e ao numeroso público que completou o aforamento da sala na que se desenvolveu a presentación -entre o que se achaba o expresidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría- e sinalou que “con este acto pechamos nesta Delegación da Xunta un ano denso de actividades culturais”. O delegado da Xunta enxalzou a cultura e explicou que nas nosas instalacións “dedicamos á cultura un espazo e unha atención moi especial porque cremos que un pobo sen cultura non é só un pobo fracasado senón unha comunidade sen rumbo”, apreciou así mesmo que “a música é a inspiración dos pobos”. Tamén tivo palabras de recoñecemento para Jiménez: “A cultura é a esencia desta Casa e Ramón Jiménez é o promotor dun amplo e diverso programa cultural que aquí desenvolvemos”. 

O dúo Rivera, interpretando pezas do disco, observado por Marina Hervás e Juan Rivera

 Jiménez explicou que o disco “En el medio del camino” foi editado por Rivera Sacra Records e que a súa presentación realizábase en colaboración coa Deputación Provincial de Ourense, “que tivo a cortesía de achegar o piano necesario para levalo a cabo”. Presentou ás integrantes do Dúo Rivera, ambas as dúas tituladas superiores polo Real Conservatorio Superior de Música de Madrid; María Luz, ademais, licenciada en Filosofía e Raquel en Dereito. 

 “Ás dúas coñecémolas nesta Casa desde hai tempo, por ofrecer nela, tanto en formato de Dúo como Raquel individualmente outras actuacións musicais, todas de gratísimo recordo”, sinalou, precisando que “a creación do Dúo remóntase ao ano 2000, en que naceu co obxectivo de difundir a música española con especial atención ao repertorio contemporáneo sen esquecer o clásico en xeral. E así, dedicouse o Dúo como tal, de maneira complementaria ás carreiras artísticas individuais das súas dous integrantes, á interpretación de obras de autores españois, clásicos e contemporáneos” en concertos por toda Europa. ´En el medio del camino´ xorde como necesidade de documentar máis de quince anos de andaina profesional como dúo de violín e piano e toda unha vida de música en común. É unha mirada a unha carreira camerística fundamentada no estudo, a reflexión e, sobre todo, unha escoita cómplice e comprometida”, engadiu. 

 Juana Escudero exerceu de presentadora e moderadora das intervencións de Marina Hervás e María Luz e Raquel Rivera. Pola súa banda, Marina Hervás na súa intervención presentou os aspectos máis subxectivos “desde o prisma da filosofía da estética do repertorio escollido para a gravación do CD”, do cal se interpretou, en vivo e en diálogo coas intervencións, unha selección das pezas máis representativas.

TRANSPORTE

BARÁ RECLAMA  INTEGRAR O CONCELLO DE GONDOMAR NO TRANSPORTE METROPOLITANO DE VIGO   

Pide convocar a Comisión para o desenvolvemento do transporte metropolitano de Galiza na área de trasporte metropolitano de Vigo e dar resposta ás demandas da veciñanza de Gondomar     
Xosé Luís Bará, deputado do BNG por Pontevedra no Parlamento de Galicia
Foto: Parlamento de Galicia

Infogauda / Santiago de Compostela

 O deputado do BNG por Pontevedra, Xosé Luís Bará propuxo hoxe na Comisión de Ordenación Territorial integrar o concello de Gondomar no convenio de transporte metropolitano de Galiza na área de Vigo para dar resposta as demandas da veciñanza. 

 O  deputado do BNG, cualificou a intervención do portavoz do PP, Alberto Pazos Couñago de “falta de respecto institucional” e falta de respecto tamén unha  veciñanza que só recibe, “largas e escusas” para non  cumprir o acordo de integrar o Concello de Gondomar no plan de transporte metropolitano. Bará asegurou que ademais de Gondomar existen outros concellos que continúan agardando pola súa inclusión no plan. 

 O dous de febreiro - explicou o nacionalista -, formalizouse un acordo no pleno para integrar o concello. A Xunta solicitou documentación complementaria que posteriormente foi tramitada pero despois, afirmou Luís Bará, “houbo un veto” cun castigo político contra a xente de Gondomar. O deputado amosouse convencido de que as “artimañas” do Partido Popular terán a súa resposta por parte dos veciños e veciñas porque vostedes, recalcou o nacionalista, “confunden o goberno co partido” e a xente xa empeza a darse conta

 Para o parlamentario do BNG, o Partido Popular está a tomar decisións de maneira “arbitraria, sectaria e partidista” e anunciou que esta forma de actuar terá como resposta novas  mobilizacións sociais  para demandar o transporte metropolitano. 

 Bará volveu a reclamar a convocatoria, á maior brevidade posible, da Comisión de Seguimento do “Convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galiza na área de trasporte metropolitano de Vigo”  e incluír na orde do día, para o seu tratamento e aprobación, a solicitude do Concello de Gondomar para ser incorporado ao transporte metropolitano, de xeito que a súa veciñanza poida dispoñer da tarxeta metropolitana e beneficiarse dos descontos no importe dos billetes, co conseguinte aforro nos gastos de desprazamento.”  

 A proposta do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido Popular que impediu chegar a un acordo na comisión 2ª para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas do concello de Gondomar. 

 Trala votación, Bará cominou a Alberto Pazos Couñago a explicarlle a todos os afectados e afectadas, as verdadeiras razóns polas que o PP veta a entrada do concello de Gondomar no plan de transporte metropolitano. 

PONTEVEDRA

AREEIRO ANUNCIA QUE A COLLEITA DO KIWI NA PROVINCIA ALCANZOU UNHA PRODUCIÓN DE 7.000 TONELADAS CON FROITOS DE GRANDE TAMAÑO  

· A Estación Fitopatolóxica está a repartir as tres toneladas da súa plantación en Areeiro entre asociacións e colectivos sociais da provincia  

A EFA está a repartir o recollido na súa plantación, uns 3.000 quilos de kiwis, entre as asociacións e colectivos sociais da provincia
Foto: D. PO.

Infogauda / Pontevedra

 A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da Deputación de Pontevedra,  vén de facer balance e anunciar que a campaña do kiwi na provincia alcanzou unha produción de 7.000 toneladas, cifra menor que noutras anualidades pero con pezas dunha grande calidade e un tamaño de ata dous calibres superiores aos producidos en anos de colleitas altas. Así mesmo, e como todos os anos nestas datas, a EFA está a repartir o recollido na súa plantación, uns 3.000 quilos de kiwis, entre as asociacións e colectivos sociais da provincia.  

 A deputada delegada da EFA, Eva Vilaverde, subliñou que a produción baixa deste ano –inferior á media habitual- debeuse a que no momento da floración, pola segunda semana de maio e o mes de xuño, as condicións metereolóxicas estropearon as flores e houbo unha mala polinización. Isto provocou que se perdera moita froita ‘potencial’. Sen embargo, os kiwis desenvolvéronse ben tamén grazas á climatoloxía posterior e a que non houbo problemas sanitarios salientables que influísen sobre a calidade. Deste xeito, os calibres deste ano son homoxéneos e superiores en tamaño aos de colleitas normalmente consideradas boas e polo tanto a rendibilidade da explotación está a ser satisfactoria.   

 A colleita de kiwis na provincia foi recollida este ano entre finais de outubro e novembro, cando se almacenou nas cámaras para ir distribuíndo no mercado estatal, onde o 90% da produción é autóctona. Eses froitos serán os que se irán distribuíndo ata o mes de xuño, cando previsiblemente comezará a ser necesario subministrarse desta froita con orixe foráneo.  

 O kiwi comezou a cultivarse de maneira experimental en Galicia, concretamente no sur da provincia de Pontevedra, nos anos 70, e non foi ata unha década despois cando o consumo comezou a estenderse e fixéronse maiores plantacións comerciais. O cultivo desta planta foi aumentando desde entón, e na actualidade, estímase que a superficie destinada ao cultivo de kiwi na provincia de Pontevedra está preto das 400 hectáreas, concentrándose na provincia de Pontevedra a maior superficie deste cultivo dedicada en España.   

 Esta importancia adquirida na provincia –asegura a deputada- provocou que a estación de Areeiro dedique atención especial a este cultivo dende a súa introdución, participando en proxectos de investigación en colaboración coas principais empresas produtoras, outras centros de investigación e universidades.  

 Segundo explica Eva Vilaverde, a produción de kiwis en Areeiro, onde o centro de investigación ten uns 3.000 metros cadrados destinados a este cultivo, foi nesta campaña duns 3.000 quilos, practicamente cinco veces superior á de 2017. Dende a recollida, a froita mantívose en local pechado e cámaras para que madurase e alcanzase os valores ideais para o consumo, cumprindo todos os estándares de calidade. Finalmente, esta semana, estase a realizar o reparto entre colectivos e asociacións sociais da provincia, tal e como se leva facendo nos últimos anos, en lugar de vender o produto.  

Investigación 

 O traballo de investigación en Areeiro pretende mellorar e adaptar diferentes cultivos de kiwi en Galicia. A EFA comezou a súa plantación de kiwis no ano 1984 para estudar a tipoloxía de plantación, produción, polinización, fenoloxía, problemas de cultivo e a calidade desta froita. Posteriormente iniciáronse ensaios de produtos fitosanitarios e outros elementos.   

 Actualmente estanse a facer investigacións sobre como combater a bacteria Pseudomonassyringaepv.actinidiae (PSA) en variedades amarelas de kiwi nun convenio coa empresa ‘Kiwi Atlántico SA’. O obxectivo principal e xeral deste proxecto céntrase no estudo da distribución da PSA en Galicia, na súa situación actual e no desenvolvemento de probas para o deseño dun sistema de control da bacteria.