ACTIVIDADES DA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS
· Venres día 28 de decembro, ás 20:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
Como nen todo vai ser traballar no monte, nen xestionar todo o relacionado con eses bens comunais, que para iso xa adicaron os esforzos e medios necesarios ó longo de tódolos meses precedentes; a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos, que preside José Fernando Martínez Martínez, organiza para o día 28 deste mes de decembro, ás 20:00 horas, na Casa Cultural da Comunidade de Montes unhas actividades para animar as festas do Nadal.
Ese día actuarán:
· A Banda de Acordeons Argonat Band.
· Grupo de Fitness Zumba Camposina.
· E unha actuación sorpresa.
Dese xeito, a xunta reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos desexa que a maxia do Nadal encha de ledicia tódolos corazóns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario