Compra no comercio local e merca productos galegos
· O Bloque Nacionalista Galego anima a potenciar feiras e mercados, a consumir produtos galegos, e a facelo no comercio de proximidade, sector básico da nosa economía.
BNG / Tui
Levamos tempo alertando da imposición, por parte do Goberno do PP, dun modelo de consumo ao servizo das grandes áreas de capital foráneo, que nos empobrece, atenta contra a nosa saúde, e mesmo xera hábitos de vida e de ocio deshumanizados.
Apoiar o comercio de proximidade é unha das mellores maneiras de xerar riqueza para Galiza, de humanizar cidades e impedir a desertización das nosas vilas. Está na nosa man modificar hábitos, potenciar a nosa economía e dar saída á produción galega, de extraordinaria calidade.
No BNG apostamos por prestixiar os nosos produtos primarios e por facilitar a súa comercialización. O noso obxectivo é que as persoas produtoras obteñan o máximo beneficio, e que a actividade agraria, a súa transformación e comercialización sexan un elemento de xeración de emprego e dinamización económica, que tanta falta fan.
Temos comercio e produtos de primeira. Reivindicamos a artesanía, a música, os libros, os xoguetes non sexistas, feitos na Galiza e reinvestidos na economía local.
As políticas fiscais e económicas do PP están a ameazar a supervivencia do comercio local, que o BNG segue a apoiar e defender.
No BNG apostamos por:
· Incentivar a compra de produtos locais e galegos, con promoción da etiquetaxe en lingua galega.
· Opoñerse á instalación de grandes superficies comerciais de capital transnacional.
· Recuperar os mercados municipais e as zonas comerciais tradicionais.
· Promover a produción alternativa e ecolóxica. Impulsar unha marca de calidade dos produtos da horta galega.
· Regular os horarios comerciais.
· Establecer liñas de crédito prioritarias para o comercio de proximidade.
(R.)

Ningún comentario:
Publicar un comentario