18 de nov. de 2018

A GUARDA

CELSO R. FARIÑAS PRESENTOU UNHA MOCIÓN CON VARIAS PROPOSTAS A PROL DAS MULLERES

Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 Coa inminente conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia hacia as Mulleres, o concelleiro de Converxencia Galega Celso R. Fariñas, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, a seguinte proposta:

 Celso R. Fariñas, Portavoz Municipal de CONVERXENCIA GALEGA, o amparo do disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e  Réxime Xurídico das Entidades Locais, presenta para o seu debate e aprobación a seguinte MOCIÓN, co gallo do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia hacia as Mulleres. 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS  

 Calquer sociedade democrática debe protexer a súa cidadanía e impulsar valores de respeto, igualdade e convivencia, e podemos ollar como as institucions siguen fallándolle as mulleres, que son asesinadas, violadas, explotadas sexualmente, discriminadas e invisibilizadas. Por elo, tenemos a obliga de responder ca mesma dignidade e forza que as mulleres que saen a rúa cada 25 de novembro. 

 Debemos levar súas esixencias as políticas locais, sen fisuras, dende unha perspectiva integral e unha estratexia global, xa que as violencias atópanse en todo-los ámetos da vida. Son necesarias medidas reais urxentes contra a Violencia Machista, con presuposto, dotación económica, material e recursos humáns, que sexan revisables e evaluables, que incorporen todo-los tipos de violencia contra as mulleres (física, psicolóxica, económica, sexual...) e en calquera que sexa séu ámeto de manifestación (familiar, parella/relación, laboral, social, institucional) nas que deben traballarse e volcarse específicamente actuacións dirixidas a situacións de especial vulnerabilidade. 

 O ámeto municipal, como máis próximo a cidadanía, é o marco idóneo para incidir de maneira decisiva na vida das mulleres e dar un mensaxe claro e contundente contra a violencia de xénero, por elo a dotación do Pacto de Estado parecenos insuficiente para levar a cabo unha verdadeira batalla contra a violencia de Xénero e hai que buscar os medios de loitar e atender con dignidade e eficencia  os actos de violencia contra as mulleres.  

 Por todo elo  SOLICITAMOS  que o Pleno se comprometa a:
Dar conta da implantación, seguimento e estadísticas de medidas concretas como evidencia de compromiso real ca moción que se aprueba.  

Realizar unha Declaración de Municipio libre de violencia de xénero. Dita declaración non pode quedarse nunha declaración formal, debe ter unha dimensión real e cuantificable que se concrete en propostas adecuadamente presupostadas.  

Prohibir que na programación municipal de actividades sociais, culturais, lúdicas, deportivas, festivas e de toda índole haxa contidos sexistas que atenten contra a dignidade das mulleres, erradicando a hipersexualización e cosificación das mulleres nos espazos públicos en los espacios.   

Implantar un protocolo de actuación contra a violencia no Concello.  

Reforzar os recursos económicos e humáns destinados o desenrrolode políticas de igualdade activas, integrais e participativas, pola consecución dunha Sociedade libre de violencia de xénero, poñendo especial atención a mulleres migrantes e en situación de especial vulnerabilidade, de forma que todo o persoal público acceda a formación contínua que lle permita prever, detectar e atender as violencias machistas dentro das súas competencias profesionais; que contemple o apoio explícito das víctimas de violencias machistas dentro da institución e que permita tamén actuar fronte o agresor.  

Implantar un Plan pola igualdade e contra a violencia de xénero,  en coordinación con outras administracións públicas, consensuado co movemento feminista e de mulleres, que teña como obxetivo o  desenrrolo das medidas contempladas presupostariamente  que sexa evaluable anualmente.  

Dotar de recursos económicos os clubs, seccións e agrupacións deportivas escolares que non discriminen por razón de sexo nos séus premios ou recoñecementos que se otorguen a deportistas.  

Desenrrolar políticas encamiñadas a abolición da prostitución, como forma extrema de violencia de xénero. Executando políticas activas para erradicar tóda-las formas que teñan relación ca explotación sexual; con especial atención as ordenanzas de publicidade e todas aquelas que de forma directa ou indirecta permitan ou faciliten o desenrrolo de actividades encamiñadas a dita explotación. 

Rechazar calquer ordenanza municipal que esté inspirada en posturas prohibicionistas, e por consiguinte penalicen as mujeres en situación de prostitución.  

Eliminar a publicidade discriminatoria ou denigrante das mulleres, ben dende  soportes (vallas), publicacións ou transportes públicos (marquesinas, autobuses taxis, guías, ou información turística,…) ben non contratando con medios privados que as mantengan ou potencien.  

Implantar actividades escolares complementarias con plantexamentos que potencien valores non sexistas contrarios a calquer tipo de discriminación.  

Que as medidas/propostas sexan asumidas dende a dotación suficiente para ser levadas a cabo.  

Que estas medidas teñan seguimento e mínima relación de obxetivos calendarizados para que se poida comprobar a suficiencia presupuestaria, a correcta implementación e o reparto de dotacións.  

 A Guarda, a 17 de Novebro do 2018      

 Celso R. Fariñas 
 Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA  

Ningún comentario:

Publicar un comentario