18 de nov. de 2018

A GUARDA

ROBERTO JOSÉ ÁLVAREZ CARRERO, PROCLAMADO CANDIDATO DO PARTIDO POPULAR Á ALCALDÍA

O alcaldable popular estivo arroupado por varios cargos e afiliados do PP e veciños de A Guarda 


Roberto José Álvarez Carrero na súa intervención


Vista parcial do salón onde tivo lugar á presentación oficial do candidato do Partido Popular á Alcaldía de A Guarda

Alfonso Rueda Valenzuela na súa intervención


De esq. a der.: Andrea Levy, Roberto José A. Carrero, Alfonso Rueda, Jesús Vázquez Almuiña e José Manuel Cores Touris

Infogauda / A Guarda


 Na tarde de onte tivo lugar nun hotel de Camposancos á presentación oficial de Roberto José Álvarez Carrero, presidente local do PP, como candidato á Alcaldía do Concello de A Guarda, polo Partido Popular, nas vindeiras eleccions municipais de 2019.

 No acto, que contou coas intervencions de Roberto José Álvarez Carrero, a deputada Andrea Levy e Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e a súa vez presidente provincial do Partido Popular; estiveron presentes o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña; o delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; as alcaldesas de Oia e O Rosal, Cristina Correa Pombal e María del Carmen Alonso Alonso, respectivamente; a ex alcaldesa de A Guarda e varios ex alcaldes O Rosal, Tui,..., deputados provinciais, concelleiros do Partido Popular de varias localidades (A Guarda, O Rosal, Oia, Salceda de Caselas, Tomiño,...), afiliados e simpatizantes do Partido Popular e veciños de A Guarda. 

 Na súa intervención o candidato á Alcaldía de A Guarda, expuxo ás liñas básicas do programa electoral co cal agardan recuperar o goberno local, e afirmou, entre outras cousas, que "(...) trátase de un proxecto novo e renovado para que A Guarda supere o estancamento, a parálise e o deterioro progresivo que sofre, desde fai anos, pola nefasta e incompetente xestión do goberno socialista (...)".

 "Temos - engadiu Roberto José A. Carrero - un proxecto ambicioso e serio, real e centrado nos intereses e actuacions prioritarias para os veciños, mediante o cal, os guardeses recuperemos o orgullo e a ilusión polo noso pobo (...)".

 "Estou farto de escoitar por tódalas partes que A Guarda está morta. Discrepo. Non é verdade. A Guarda non está morta... ¡Estána matando o Sr. Antonio Lomba e todo seu goberno socialista! O cambio de goberno non é unha necesidade. ¡É unha urxencia!", concluiu Roberto José Álvarez Carrero.

Ningún comentario:

Publicar un comentario