5 de set. de 2018

A GUARDA

O CONCELLO GUARDÉS RATIFICA O SEU REXEITAMENTO AO EMPREGO DE HERBICIDAS QUÍMICOS E GLIFOSATO

· «(...) no mes de xuño do presente ano, as brigadas de mantemento de estradas desprazadas ata o Concello da Guarda, empregaron este tipo de substancias tóxicas (...)»

Na imaxe - tomada no termo municipal de A Guarda - apreciáse unha franxa tratada con herbicidas
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O Pleno da Guarda aprobou, con 10 votos a favor e 7 en contra na sesión do 1 de abril do ano 2016, unha moción contra o uso non agrario de herbicidas, tendo en conta que o glifosato é un axente «probablemente canceroxénico para os seres humanos» segundo a Axencia de Investigación do Cancro (IACR).  

 «Ante a constancia de que, no mes de xuño do presente ano, as brigadas de mantemento de estradas desprazadas ata o Concello da Guarda, empregaron este tipo de substancias tóxicas, lembramos novamente ás administracións encargadas da limpezas destes viarios públicos, que dita práctica está prohibida polo Concello da Guarda a través da citada moción», relembran desde o executivo municipal do Concello de A Guarda.  

 As mesmas fontes municipais afirman: «Nesta moción, considérase que a aplicación de herbicidas químicos para os usos non agrarios nos espazos de uso público, estradas ou redes de servizo na totalidade do termo municipal queda prohibida e deben ser substituídos por métodos non químicos, unha decisión que está avalada pola lexislación europea, a través da Directiva 2009/128/CE do Parlamento Europeo para un “Uso Sustentable dos Pesticidas”, que no seu capítulo IV contempla a prohibición de herbicidas nestes espazos, e do Real Decreto 1311/2012 do 14 de setembro, que en harmonía coa Directiva do Parlamento Europeo establece no capítulo I, a capacidade da administración competente»

 En España o Real Decreto 1311/2012, de 14 de setembro, establece que a actuación para o uso sostible dos produtos fitosanitarios no territorio español, sinala que: "a administración competente en cada caso pode aplicar o principio de cautela limitando ou prohibindo o uso de produtos fitosanitarios en zonas ou circunstancias especificas» e que ademais". Asemade se indica que «(...) os órganos competentes establecerán para os seus ámbitos territoriais medidas para informar e sensibilizar en especial referencia aos riscos resultantes do seu uso e posibles efectos agudos e crónicos para a saúde da poboación, os organismos no obxectivo ...así como sobre a utilización de alternativas non químicas (...)». 

 Desde xeito «dende o Concello da Guarda recórdase a existencia de alternativas viables ós herbicidas químicos para o control de vexetación non desexada mediante métodos mecánicos ou térmicos».

Ningún comentario:

Publicar un comentario