POR PRIMEIRA VEZ PUBLÍCASE UN LIBRO SOBRE A HISTORIA DA IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DA GUARDA
• Será presentado o venres, 26 de abril, ás 20:30 horas, na Casa dos Alonso
Asociación Naturalista "Baixo Miño" /A Guarda
Que santos mártires foron decapitados na Guarda?
Que personaxes eran soterrados no interior da igrexa parroquial?
A quen se culpou do atentado que sufriu a igrexa parroquial no ano 1934?
Que pasou coas lámpadas da igrexa durante a desamortización de Mendizábal?
Estas e outras cuestións son tratadas neste libro de 100 páxinas, ilustrado con numerosas fotografías.
Pero, por qué unha entidade conservacionista publica un libro sobre unha igrexa? O autor, diplomado en Ciencias Sociais pola Universidade de Santiago, membro de ANABAM dende os inicios desta asociación, decidiu escribir o libro e doalo a ANABAM para que, cos beneficios que se obteñan, poida esta entidade dedicalos aos labores de protección e conservación da biodiversidade. A publicación, pois, está editada por ANABAM e contou cunha subvención parcial do Concello de A Guarda. Para celebrar o Día do Libro, decidiuse facer a presentación o vindeiro venres, 26 deste mes de abril.
Dende ANABAM invitamos a tódalas persoas interesadas pola historia local guardesa á presentación desta publicación que terá lugar na Casa dos Alonso (Casa do Concello).
Ningún comentario:
Publicar un comentario